Cruzarei o Fabrilus, o Lea, Moares e Martiñán
por entremedias dos agros acugulados de pan.
Só unha estrela por guía
Cruzarei o Anllo, o Ladra, o Azúmara e o Miño
pra ver correr as súas ondas despaciño, despaciño.
Só unha estrela por guía
Hei de mercar en Vilalba, algún día de feirón,
un par de capós cebados e queixos de San Simón.
Só unha estrela por guía
¡Hei de ir a Santa Isabel e ó San Ramón de Vilalba
e ruarei ao meu xeito do anoitecer deica a ialba!
Só unha estrela por guía
Castelos de Caldaloba, de Vialba e de Sobrada:
pra ver se merco soños que agora non teñen venta.
Só unha estrela por guía
Co meu anceio calado, pequeniño e silandeiro,
achegareime a Loentia pra desprender o zoqueiro
Só unha estrela por guía
MANUEL MARÍA
voltar
|