PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

MANIFESTO DE HISTORIADORES E HISTORIADORAS VASCAS, GALEGAS E CATALANAS
Hai 85 anos Galiza, Euskal Herria e Cataluña eran tres realidades puxantes que camiñaban firme en favor da reivindicación da súas respectivas realidades. O medre de consciencia nacional nestes tres países fixo que en clave autodeterminista se manifestaran a través de diversas experiencias e desenvolveran con normalidade até o golpe militar reaccionario de 1936. Unha realidade que se encadraba na procura de cotas de benestar social e dignidade colectiva a atinxir nos nosos respectivos países. Nesta orde de cousas, as historiadoras e historiadores que asinamos o presente manifesto marcámonos a firme vontade de contribuírmos ao achegamento das culturas e sociedades galega, vasca e catalá, a través do coñecemento dos seus respectivos pasados; necesario de cara a procurar solucións a problemas comúns.

As historiadoras e historiadores galegos, vascos e cataláns abaixo asinantes, investigadores e docentes:

-Afirmamos a nosa vontade de resgatar o espírito da Tripla Alianza de 1923, o Galeuzca de 1933 e os posteriores proxectos galeuzcanos no exilio desenvolvidos entre o 1941-46 e 1958-59, interpretados en chave inequivocamente progresista á luz das correntes de progreso social do noso tempo, así como de proxectar exteriormente a historia destes tres países nunha Europa en construcción nun mundo cada vez máis globalizado.

-Reafirmámonos na firme defensa das nosas respectivas culturas e linguas, procurando a súa plena normalización fronte ao ataque que estas están a sufrir por parte de sectores antidemocráticos do noso entorno social.

-Esiximos desde Galiza, Euskadi e Catalunya o respecto necesario para o ensino galego, vasco e catalán, respectivamente, onde como en calquera sociedade normalizada a historia ocupe un lugar fundamental para sabermos explicar o presente e camiñarmos atinadamente cara o futuro. Así mesmo, denunciamos o recorte horario que no campo educativo está a se dar de aulas de historia, parello a unha unidireccionalidade currricular.

-Denunciamos a tentativa de uniformización que se promove a instancias do aparello estatal español, coa complicidade de determinados entornos culturais en clave españolista, na que unha visión elitista da historia borra todo testemuño obreiro, republicano e popular do noso pasado.

-Marcámonos o firme propósito de eliminar nos nosos territorios calquera presenza, por mínima que esta for, de simboloxía fascista e fascistizante, traballando a prol da democracia participativa e da recuperación da memoria histórica democrática.

-Denunciamos a persecución que padecen investigadores por desenvolveren o seu labor profesional, desde o máis absoluto rigor. Así, pois, combateremos conxuntamente calquera ataque que se puider dar nesta liña.

Por último, facemos un chamado a todos os profesionais da Historia a que aprofunden no coñecemento do noso pretérito e asuman unha función social activa en favor da normalización dos nosos respectivos países.

Santiago de Compostela, 25 de xullo do 2008.
Comentarios (0) - Categoría: 10.- GALEUSCA - Publicado o 23-07-2008 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0