PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

CLASES DE EUSKERA NO POVOADO DE PASAI SAN PEDRO
A época trinitaria aínda que breve, foi abondosamente fértil non soo no eido pastoral, se non tamén no cultural.
Deste xeito, o vizor destes tres anos longos deixaría unha pegada que perduraría no tempo trá-la marcha destes.
Así, a Parroquia da Asunzón de Pasaia dera un forte pulo á cultura basca ca posta en marcha polo nadal do Olentzero ou as clases de euskera, unha das teimas de Aita Markos.
As clases impartíanse aos adultos polas mañáns (9H30´ a 10H30´) e tardes (16H15´a 17H15´) na Sociedade Gatzaga. Ás noites de sete a oito aos nenos, e de oito a nove aos maiores, no desaparescido parvulario de Pablo-Enea. E por suposto, os frades tiñan aberta a súa casa, como para outras cousas, a quen fose precisar dunha axuda para un examen, etc.
O número de persoas que acudiron a esta eskola durante os tres anos que durou, oscilaban por curso, máis tiñan de media coarenta adultos e a mesma cantidade de nenos, aos que dividian en duas collas, segundo o coñecemento da fala.
O custo para asistir era simbólico (aínda que sempre había quen aportaba máis) e o método utilizado foi o Jalgi Hadi.
Coa marcha dos relixiosos biscaíños estes cursos integraronse na Gau Eskola de S. Pedro (A.E.K.).
Martín, viñera despois de traballar 16 anos nos seminarios. E a eles volveu ao cárrego da fomazón dos seminaristas e a direuzón do dpto vocazonal en Algorta. E Aita Markos demostrou que aínda tería azos para voltar ao traballo nas misións. E unha vez máis marcharía para Madagascar pasados os sesenta anos de idade.
Corría o ano 1983.


FILIPE DOMÍNGUEZ AVILÉS
pubricado en PASAIAN nº78 EKAINA-SAN XOAN 2008

Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 20-07-2008 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0