SEN DUBIDA SON POETA
Non son un home practico e, nembargantes,
camiño polo asfalto tan tranquilo.
Cecais que os piñeiros sexan
os meus irmáns máis sinxelos
porque o mundo é unha bota de montar
ou un baile de pensamentos sen fiestras
nas claridades de horas definidas.
E as mulleres, sucos de herba sen destino,
van camiñando sen fixarse
que xa pasaron vinte séculos.
Eu, no meu retiro, son un coleccionista
de cousas sen xeito e sen senso.
Son un pobre carnivoro fanático
que moitas veces teño
que ollar voar as andoriñas cun anceio
-avergoñame dicilo- de ser chío.
Non puiden soterrar ainda o meu parvo
sentimentalismo esmourecido
con un vento lene
que aniñou nos meus pasos moribundos.
Ainda non sei como é unha oficina,
pero angúriame o grave Cicerón
coa súa fanfarronería de orador político.
Eu ainda non puiden falar conmigo mesmo.
MANUEL MARIA |