PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

HORIZONTES

Eu vou pensando en ti polos camiños
que me din unhas cousas moi estrañas
para que se perdan logo no horizonte
ou nas ponlas verde-escuras dun carballo.

Melancolía de sentirte lonxe, lonxe
coma unha badalada
que se esfuma, longa, na paisaxe.

Eu vou todos os dias
polo ermo,
polos piñeiros,
polos xuncos espigados da ribeira,
polo meigo dunha estrela que escintila
nesas noites azuladas de setembro
bagoando na gaiola do teu peito
a cancion inmarcesíbel da presencia.

Imaxínote na brétema
como un soño de imposibeis
que me queda soterrado aló no peito.

Sempre sinto estas soidades
presentíndote a trasmao
cal milagre de tenrura amorosiño
que florece entre as espumas
que se perden nas rodeiras da nostalxia.


MANUEL MARIA

Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 15-01-2008 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0