PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

O derradeiro Berro de Daniel Losada Seoane

Artigo de Serxio Balchada


Non acompaña a sorte a Daniel Losada Seoane, anarquista galego nado en Carballo, Quiroga (Lugo) capitán do batallón Nº 27 Castilla. Batallón adscrito oficialmente ás XSU (Xuventudes Socialistas Unificadas) pero onde combaten un bo número de cenetistas.

Losada foi un dos tantos combatentes do Exército de Euskadi que se concentran en Santoña. Por aqueles días cunha fea ferida nun brazo que leva en cabestrillo. Ao igual que o resto de milicianos e gudaris péchano no penal de El Dueso. A vida non semellaba ser moi dura. Deixando a un lado a falta de espacio para durmir nas celas, a estadía na temporada na que os italianos son os depositarios da seguridade dos prisioneiros é dentro do que cabe agradable. As tornas cambian cando se produce o relevo por gardas españois e é neste intre cando a sorte de Losada sofre unha viraxe de fatais consecuencias.

Os relatos que aportan luz sobre o seu final e que tamén fan referencia a como pasou ás horas inmediatas ao desenlace difiren uns dos outros como é habitual. Non obstante trataremos de explicar que lle aconteceu a Daniel Losada.

Segundo parece a ferida que lle producirá un anaco de metralla nun dos seus brazos vai empeorando paseniñamente debido a que non lle aplican no penal os coidados médicos pertinentes;. Ten febre alta e o brazo vai sendo invadido pola gangrena o que lle produce intensas dores. Losada ten a teima de que vai morrer debido a esa ferida e entón confesa a un compañeiro de cela que vai por fin aos seus sufrimento dunha vez por todas.

Coma cada mañá arredor dunha centena de prisioneiros forman no patio da cárcere. Os militares obríganos a cantar o Cara el sol co brazo alzado. De seguido izan a enseña rojigualda e os cautivos deben berrar a viva voz a consabida consigna do inimigo: ¡Arriba España! cando o oficial de turno o indica. A mañá do 24 de novembro Daniel Losada abandoa á formación e adiantase aos compañeiros: ¡Viva la República! ¡Gora Euzkadi Azkatuta!.

O oficial e mais os gardas non dan crédito. As respiracións semellan conterse. No patio todos os presentes fican abraiados. O oficial toma un fusil dun soldado e apunta cara o resto da formación de presos. Daniel Losada é illado do resto da colonia penitenciaria. Ese mesmo serán en xuizo

simarísimo é condeado á pena capital.

Á mañá seguinte forman os mesmos prisoneiros do día anterior. Poden observar a súa fronte con claridade a Losada de pe contra un dos muros do patio maniatado e cos ollos vendados. Diante do capitán anarquista o piquete de execución está xa formado. A cerimonia que se celebra a cotío da comezo coa entoación do himno da Falanxe, ízase a bandeira e no intre no que se dan os berros de rigor o piquete dispara sobre o prisioneiro. Daniel Losada aínda ten arrestos para protagonizar un novo acto de rebeldía. Coa bandeira ondeando no alto do mástil soan os primeiros acordes da Marcha de Granaderos o anarquista berra: ¡Viva la república! ¡Viva la Libertad!. A detonación do piquete silencia o seu peito.

Fontes e Bibliografía

• Centro Documental de la memoria Histórica (CDMH)

• De Garate, Rafael. Diario de un Condenado a Muerte. Bayonne, 1974.

• Estornés Lasa, José. Un Gudari Navarro en los Frentes de Euzkadi, Asturias, Cataluña. San Sebastián, 1979.

• Portugal Arteaga, Xavier. Pasaia 1931-1939. La Memoria de los Vencidos. Pasaia, 2007.

• Vargas Alonso, F. Manuel. Milicianos. Las Bases Sociales del Frente Popular de Euskadi y Defensa de la República. Tesis doctoral, 2016.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 04-01-2021 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0