 O noso colectivo asinou o manifesto a prol do povo catalán e o Dereito a Decidir o seu futuro. Tanto a nivel colectivo coma individual da meirande parte dos nosos integrantes respaldamos a convocatoria da manifestazón que terá lugar na capital do noso país. É por iso que varios membros do Fato estarán presentes en Compostela nestas datas tan importantes pra as nazóns sen estado do continente europeu e doutras partes do mundo en solidariedade coa luita que está a librar o povo catalá pola súa autodeterminazón.
Dende o Fato animamos a asinar o manifesto na seguinte ligazón: dereitoadecidir.gal. |