PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

PREMIOS GALIZA MARTIR e MURGUIA 2017.

Finalmente e tal como adiantamos hai unhas semanas, o noso compañeiro Xose Estévez recibiu de mans da Fundazón Alexandre Bóveda o Premio Galiza Mártir 2017. No mesmo acto tamén lle foi entregado o Premio Manuel Murguía pola súa laboura coma historiador, outorgado pola revista do mesmo nome. Lamentamos profundamente non ter podido envíar unha representación do noso colectivo a Ponte Vedra nese 17 de Agosto, mais deixamos-vos na nosa Galería de Fotos algunhas das instantáneas dese emotivo momento. A aportación deste historiador e escritor á difuson da cultura galega na Euskal Herria, as súas constantes investigacións sobre o papel dos nosos paisanos na construcción deste país que nos acolle e a súa laboura pra estreitar os vencellos entrámbalas dúas nazóns é algo do que nos orgullamos especialmente. Bo e xeneroso no trato persoal só podemos repetir máis unha vegada:

PARABÉNS!!!
ZORIONAK!!!


PD: podedes ver o resto das fotos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-08-2017 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO