
A nosa asociazón acolleu con fonda ledicia o anuncio de que as LETRAS GALEGAS 2016 estarían adicadas a o noso recordado MANUEL MARÍA. De feito nos mesmos solicitaramos se lle adicaran as Letras á persoa que tan fonda pegada deixara na nosa entidade. Coa que compartiramos moitas xornadas e que cultivara unha fonda amizade con quen fora o noso presidente Xosé Estévez. É a nosa intenzón dentro das nosas posivilidades lembra-la súa figura atraveso de varios medios. Desde este que estamos a comprartir espallando dúas das cartas que remitíramos a RAG, a do FATO, e a de un dos nosos compoñentes na que se amosa o agarimo que desperta entre nos; entre outras... E por suposto nos autos das Letras Galegas. Cumprida conta de todo elo teredes dende este medio.
MANUEL MARÍA en vida estivera moi vencellado a Euskal Herria por unha morea de ligames: fortes relazóns co grande escritor euskaldun Gabriel Aresti, escritos sobre a poesía deste autor; ademirazón pol-o escritor de iparralde Francis James, soterrado en Hasparren. Conferencias, recitais, participacións no Galeusca de escritores; pregón do Día de Galiza en Euskadi de Laudio, artigos, libros, etc.
Visitou Euskal Herria para levar a cabo as aitividades mentadas no: 1972 (en dúas ocasions), 1973, 1974, 1977, 1978, 1982, 1985 (en dúas ocasións), 1986, 1988, 1990 (en dúas ocasions), 1991, 1994, 1995, 1997 e 1999 en diferentes localidades coma Barakaldo, Donostia, Laudio, Iruinea, Gasteiz, Biarritz, Sestao, e, cómo non, en Pasaia. Aiquí estivera para pronunciar conferencias, homenaxes a Castelao na rúa que leva o seu nome no Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, presentacións de libros e recitais no 1978, 1982, 1985, 1986, 1990, 1997; autos do que fica unha fonda documentazón.
A nosa entidade, como xa dixemos, mantivo unha forte relazón co Manuel María, e, de feito temos no noso arquivo un cartaz que ven sendo do 1978, e nel xa contaramos co Manuel María. A maiores, no ano 1990, dentro das LETRAS GALEGAS fixeramoslle unha homenaxe na que tiveramo-la sorte de contar coa colaboura do tamén escritor euskaldun Koldo Izaguirre.
Ten varios traballos traducidos ao euskera da man de Koldo Izagirre e Joseba Sarrionaindia como: ?O auto do Maio esmaiolado?; ?Unha espiña de toxo chamada Berenguela?; ?Poemas Náufragos?; ?Saturno?; etc. Nós, este ano, co gallo que estamos a celebrarmos, reeditamo-la obra ?MANUEL MARÍA ANTOLOXÍA HOMENAXE? obra dada ao prelo xunto coa Casa de Galicia en Gipuzkoa no ano 2005 e que consta de 32 poemas traducidos ao éuscaro do noso autor.
Amáis de todo o dito, lembrar tamén que mantivera, unha fonda amizade, a maiores dos xa mentados Gabriel Aresti e Koldo Izagirre cos seguintes escritotres euskalduns: Arantxa Urretabizkaia, Ramón Etxezarreta, Omar Nabarro, Patri Urkizu, Txomin Peilen, Iñigo Aranbarri, Vélez de Mendizabal, Mikel Laboa e outros.
FOTOS: MANUEL MARÍA ENTRE NÓS
http://www.blogoteca.com/fatocastelao/index.php?gal=3816&pag=0
|