PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

SUBSTANTIVOS, PETRÓGLIFOS E BARCOS




En Substantivos, petróglifos e barcos, Isaac Xubín tece un percorrido ao longo da experiencia vital e da literatura. A familia, a música, o sentido de pertenza e de perda, mestúranse coa presenza de transatlánticos, cabalos, illas e linguas incomprensibles nun relato emocionante.


Isaac Xubín é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega.

Como creador ten publicado obras de poesía: Elementos de matemática (2002), Lisboa (2004) e Con gume de folla húmida (2012), poemario co que obtivo o premio da XXIV edición do Certame Eusebio Lorenzo Baleirón; e de narrativa curta: Château Bobcat (2009) e Le pied de Julien DuPuy (2011), ambos os dous primeiro premio do certame Os Viadutos de Redondela.

Como profesor e investigador elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro, foi lector de lingua e cultura galegas no Colexio Universitario de Cork entre os anos 2009 e 2012.

Como tradutor publicou traducións entre as que destacan a escolma poética Sete poetas vascos e Pasaia Blues, de Harkaitz Cano.

Como deportista afeccionado xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra e no Universidade de Vigo. Tamén xoga ao fútbol gaélico en Cork e vestindo as cores da Selección Galega participou no histórico encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.

Mantén un blog no xornal electrónico Praza Pública, Melé a cinco, no que o rugbi é unha escusa para escribir.
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 16-06-2014 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0