PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

NELSON QUINTEIRO ENTRE NÓS
A aituazón de NELSON QUINTEIRO colleulle a ún coma un neno ao que lle dan un agasallo. Veñen uns familiares á casa e danlle coma sempre un regalo, ala ven o paquete de compromiso envolto, vaites, non se deixa de esperar con ilusión. Pero cando se da en rompe-lo papel, a ese neno encheuselle o ollo. E tanto e ansí ,que á hora de facer unha valorazón asisada non hai nada millor que deixar pasar uns días. Velo todo dende unha optica máis acougada.
O escenario ben preparado e traballado con tempo. De agradecer non soio a Nelson, se non tamén ao teinico do concello Miguel Galindo e ao compañeiro Igor que estiveron pol-a mañén e mai-la tarde artellando o conxunto e facendo as probas das luces, etc, para que todo saira ben. Tamén é inegabele a axuda do compañeiro do Nelson, Koldo que a maiores guiou a Miguel durante o desenrolo da presentazón do disco.
Xa que logo non se podía pedir que as cousas saisen millor. Eu fun para atrás, amais de face-las fotos poiden aledarme en ollar o desfrute dos demais. Como contatou o nelson co auditorio. E como a xente, agardaba, axexaba, escoitaba, fixaba os ollos, os abría inda máis, os cerraba para pescudar algún matiz. !Que conivencia se fixo entre o Nelson e o público!. !Había que estar alí para vivilo!
O día seguinte falabase da aituazón. E como o que ben empeza ben acaba, de cabo a rabo todo o que se artellou nas Letras saeu ben.
Rematado o relatorio subimos á sociedade do Igor para acaba-la xornada xuntos. E poidemos desfroitar da aberta e garimosa personalidade de Nelson. E deste xeito rematou a primeira xeira das Letras deste ano. Paseniñamente fomos indo, as obrigas cotians ían valdeirando o local, e tan de xeito estabamos que caseque esquecemos face-la foto de rigor.
Sobrancear a laboura de Igor que pasou o día con eles ( Nelson e mais Koldo ) para que todo saíra ben. E do boo traballo feito pol-o xohan dende a Terra para que poideramos desfroitar desta funzón. Pasaron as Letras, e a segunda feira, ao face-la vida cotián, os coñecidos, dende o concello, o conservatorio, a xente da rúa? todos falabannos do que ouiran da presentazón de GHABO.
Soio ten unha pega o espetaculo que nos deu o NELSON QUINTEIRO, se no fururo temo-la sorte de voltalo a ver, que ao racha-lo papel poídanos sorpreder coma o fixo agora. A ver que traen os parentes ao rapaz.
Quen teña a sorte de poder velo que non a perda. Moito, moito recomendavele. Para a nosa felicidade e a nosa saúde do corpo e mais da i-alma.

FILIPE DOMINGHEZ AVILÉS,
presidente do Fato Cultural Daniel Castelao
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 04-06-2014 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0