PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

UN POUCO DE HISTORIA
O 10 de agosto de 1936 a columna do coronel Cayuela toma Tolosa. Requetés exultantes filman cunha cámara de cinema o trofeo obtido aos ?rojos?; nada menos que un vehículo blindado construído de xeito ?artesanal?. Na chapa pódese ler con bastos brochazos vermellos: ?Rojo Trincherpe?, ?UHP?1 e AIT2
O lugar elixido para o evento é a populosa praza de Tolosa onde unha variada tropa de requetés navarros e civís curiosos observa e comenta a captura.
Este é un episodio, case que anecdótico, dentro do conflito civil que asolagou a II República. Mais esta anécdota, e por extensión todas, tamén ten agochados os nomes e apelidos dos que a protagonizaron para ben ou para mal. Un nome propio podería ser Manuel Gil García; nado en Seixo (Marín).
Resulta farto complexo pescudar quen ocupaba o vehículo que os ufanos soldados e requetés capturaron, e aínda que son escasas nesta fronte as capturas de vehículos blindados; entre elas podemos entresacar o nome anteriormente citado. Mais para achegarnos ao intre no que Manuel e os seus compañeiros protagonizaron os duros acontecementos que se pretenden relatar, vémonos na obriga de retroceder uns días.
Ocupada Bera de Bidasoa polas columnas navarras baixo a batuta do Comandante Beorlegui; o 21 e xullo os rebeldes avanzan cara Guipúscoa pola estrada de Navarra en dirección a Oiartzun ata que son detidos por milicianos enviados dende Donostia e a súa bisbarra. Na capital a pasividade inicial dos militares do cuartel de Loiola permitiu, non sen suspicacias, a distribución dunha heteroxénea e mal armada tropa miliciana polos puntos de penetración das columnas navarras.
Por outra banda, ese mesmo día co comandante do Estado Maior Augusto Pérez Garmendia á cabeza, parte da capital guipuscoana unha numerosa columna de milicianos coa intención de caer sobre Gastéiz, onde as novas confirmaban o triunfo dos alzados contra a República. Na devandita columna a presenza de veciños de Pasaia de orixe galega é bastante significativa segundo as verbas de Manuel de Irujo:

Al amanecer del día fijado desfilaron por delante del Gobierno Civil los camiones que integraban la columna expedicionaria (...), repletos de hombres jóvenes, casi todos ellos con signos rojos y rojinegros; muy buena parte de los mismos, tal vez una mitad aproximada, hablaban castellano con tono gallego3.

Xunto a eles, completaban a presenza galega paisanos fuxidos da súa terra ante o cariz que tomaban os feitos.
As organizacións políticas e sindicais de esquerdas traballaban arreo para organizar o baleiro de poder que a sublevación trouxo consigo; ademais non había que esquecer ao inimigo que se achegaba inexorable.
A estes labores adheriuse o sindicato pasaitarra ?Avance Marino? (sito na rúa Francisco Andoanegi, entr. 13 de Pasai San Pedro; actual Euskadi Etorbidea), no seu local as mulleres dos mariñeiros fabricaban cócteles Molotov, así como os barcos pesqueiros partían novamente a faenar; logo dunha longa folga que os mantivera amarrados ao porto; para atenderes as necesidades excepcionais que as circunstancias apresentaban de modo autoxestionario4.O reparto do bacallau estibado nos almacéns da PYSBE entre a poboación e comedores populares foi outra das iniciativas artelladas polos mariñeiros pasaitarras.
Así mesmo, nos talleres ?Torres y Vergara? e ?Casa Lasa?5 transformábanse camións e camionetas en improvisados blindados mediante a cubrición dos mesmos con chapas de metal onde se practicaban unha serie de pequenos buratos para facilitar o disparo dende o seu interior e a súa condución. Logo aplicábaselles as ?pinturas de guerra? a modo de siglas e expresións revolucionarias.
É o 22 de xullo de 1936, Manuel Gil García6 e outros compañeiros (entre 10 ou 12 milicianos podían viaxar nun destes enxeños), presumiblemente afiliados ao sindicato anarquista da CNT de Pasaia, partiron nun destes blindados artesanais nunha descuberta en dirección Tolosa, cara o que xa se achegaban os sublevados.
Na estrada os milicianos toman contacto cunha avanzada inimiga. A tenor das fotografías o resultado do encontro semella sinxelo de imaxinar; o caso é que estes mozos foron fusilados in situ á calor da ?xustiza quente? que se aplicou rigorosamente nos primeiros meses do conflito.
Manuel Gil García era veciño de Pasaia, chegara dende Seixo (Marín, Pontevedra) grazas ao auxe da industria do bacallau e probablemente sumárase entusiasta á defensa das súas ideas. Probablemente sentiuse invencible nas entrañas daquela máquina de guerra, e mesmo imaxinouse conducindo cara a súa terra que non correra a mesa sorte que seu novo fogar.
O blindado das fotografías pasará a engrosar as ringleiras rebeldes a bo seguro; as pinturas de guerra trocaranse por outras novas dun significado diametralmente contrario. Quizais foi este mesmo vehículo, que se exhibe coma unha peza de caza, onde se truncaron as arelas do noso protagonista. Isto o descoñecemos; pero que o episodio narrado sirva coma exemplo para ilustrarmos da entusiasta imaxinación que aqueles homes despregaron para defender as súas ideas.

SATXA
Comentarios (1) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 27-08-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Te agradezco que nos dejes por aqui este cachito de historia que yo, personalmente no conocia, asi que si tienes mas hist#blgtk08#orias asi, no dudes en ponerlas, que son buenisimas. Son tuyas propias o las sacaste de algun lado / te las han contado?
Comentario por Prestamos Personales (19-09-2011 11:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0