PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

HOMENAXE AO COMPAÑEIRO MONCHO
O pasado día 22 de maio, o Fato Cultural galego “DANIEL CASTELAO”, adicoulle unha sinxela homaxe a un dos seus máis antergos membros, XOSÉ RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA, co gallo do seu 65 cumpreanos.

XOSÉ RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA, “MONCHO” praos seus amigos, nacera no concello de Miño, nas Mariñas coruñesas, e,coma tant@s galeg@s, collera de moi novo o camiño da emigrazón, estabelecéndose en Euskalherria, onde formara família coa súa compañeira Toñi Montejo, indo residir no rueiro de Larratxo, en Donosti.

A lonxanía física da Terra non foi atranco pra que o compañeiro Moncho gardara na súa ialma o Amor e a inquedanza pola Pátria Galega, o que o levou militar na A.N.-P.G. (“Asemblea Nacional-Poular Galega”), unha das primeiras formazóns políticas xurdidas no tardofranquismo, e cuxo evoluir a traveso do tempo daría orixe ao “Benegá” (B.N.G.: “Bloque Nacionalista Galego”), sempre co compañeiro Moncho nas súas fileiras.

É xustamente nises primeiros anos após da morte do “Dictador”, cando na andaina vital de Moncho crúzase o daquela nacente Fato Cultural Galego “SAUDADE”. No mes de xaneiro do ano 1977, a nosa asociazón fixera a sua apresentazón perante a comunidade galega de Pasaia cunha faléncia encol de Castelao. Aquil feito abriría unha porta a un feixe de moz@s galeg@s que estaban a percuraren un xeito de traballar a prol do Povo Galego dende a súa estadía na diáspora. E alí andaba o noso amigo, que de contado se integrou na nova entidade a canda outras persoas.

Foran épocas de actividade sen acougo dunha equipa que, aos poucos de escomezar o seu lavor e con Moncho no seu cerne, ordenara o troco do seu nome, un aquil folklórico, por outro máis axeitado ao esprito de loita que o enchoupaba. E foi eisí como pasou ser Fato Cultural Galego “DANIEL CASTELAO”, que iría deixando unha fonda pegada na vida social pasaitarra.

O tempo e a vida vai poñendo no seu logar as xentes e as cousas. Despois dun período máis ou menos longo de colaboura, moitos dos membros daquila primeira hora foron marchando á percura doutros destinos ou de novos horizontes. O Fato “DANIEL CASTELAO” perdera a maioría dos seus recursos humáns, mais sempre contara cuns cantos fideis que mantiveran acesa a lapa da presenza da cultura galega na comunidade fisterrá de Pasaia e mailo Oarsoaldea. Pois é: Alí estivo arreo Moncho, ao enteiro dispor pra facer o que comprira coa fin de que as Letras Galegas, o Magosto, ou calisquer outras iniciativas que lembraran ao Noso Lar tiveran a sua relucenza nas rúas euskaldunes.

Fora recitar uns poemas, tocá-la gaita ou cociñar os xantares cos que se agasallaba aos persoeiros que viñan interviren nos programas artellados, aló ía o Moncho amosar a súa calidade persoal. E outrosín se había que andar de troula, pois a súa voz e mái-lo seu arte prao arremedo levan a ledicia a quen o escoitaba.

Porén, inxustizas diste mundo, ás veces a saúde fainos xogadas treidoras. E ao compañeiro Moncho caeulle unha grave doenza que o ten alonxado hai xa algúns anos das nosas actividades. Fisicamente. Pois no seu esprito segue xunguido ao camiñar do Fato “DANIEL CASTELAO”, gardando ben enteiro o seu interese polo desenvolvemento dos programas...

Foi, coma dixemos ao primeiro, unha homenaxe homilde, mais contedora do fondo agarimo que, os que hoxe termamos en proseguer o vieiro aberto vai xa pra 35 anos, profesamos a iste baril compañeiro: Unha prancha na que reflectimos, cos versos de Xabier Amuriza (euskera) e de Curros Enríquez (galego), o sentimento da Patria Galaica que Moncho ven a amosar ao longo da súa traxeitória eisistencial.

Orabén, non quixemos que iste recoñecemento ficara limitado á persoa do noso “adiskide”. Quen levamos, dun xeito ou doutro, a adicar un anaco do noso cotío á laboura no eido social, sabemos aváu que non nos sería posivel desenvolver o noso lavor se non tivéramos connosco a alguén que se ocupara da “loxística” diária. Non podemos, logo, esquecer que, en realidade, o eventual “mérito” do noso traballo, é tamén un ben “ganancial”, que, “nobreza obriga”, temos que compartillar coa persoa que aceitara un día transitar á nosa carón polos vieiros da vida. Foi por iso que o Fato “DANIEL CASTELAO” estendeu a súa homaxe a Toñi, a compañeira inarredável na que Moncho ten a sorte de atopar un rexo e amoroso apoio pra aturar con azo firme a caristiosa xeira que está a atravesar.

Dende o Fato Cultural Galego “DANIEL CASTELAO”, imos tentar que a testimuña distes dous benqueridos amigos sexa pra túd@-los seus membros un pulo no noso esforzo ao servicio das nazóns basca e galega.
Comentarios (1) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 13-06-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Olá,meu amigo,atopei este blogue por acaso,e a pesares da miña mente fría sinto fonda emoción,sobre todo por saberte vivo Tí e Toñi,desexo que esas doenzas non muden a túa mente.Lembrovos a todos como se fora agora desde o 1977,dende o díscolo "Miñan",até Barbeito,pasando por Rodolfo,Dapena,as mulleres en fin.Voute facer chorar."Onde vas Merita,Onde vas Merita..yee yee.Quero ir contigo quero ir contigo yee yee.Non non!! #blgtk08#por que? por que ti non eres concellaaaall ohhhh. yea.",te vexo ainda co caiado na man esquerda, ao pe do autobús,que nos levaba a Santiago polo dia da Patria Galega, contandome a anecdota do noso concelleiro.
Ves como non fai falta ningunha grabación,todo está escrito na mente dos homes,porque as emocions eran moi fortes,vividas e sentidas.
Unha moi forte aperta.
Xaime
23 de maio do ano 2012.
Comentario por Xaime Lugilde de Jesus (23-05-2012 21:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO