PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

MANIFESTO DE HISTORIADORES E HISTORIADORAS VASCAS, GALEGAS E CATALANAS
Hai 85 anos Galiza, Euskal Herria e Cataluña eran tres realidades puxantes que camiñaban firme en favor da reivindicación da súas respectivas realidades. O medre de consciencia nacional nestes tres países fixo que en clave autodeterminista se manifestaran a través de diversas experiencias e desenvolveran con normalidade até o golpe militar reaccionario de 1936. Unha realidade que se encadraba na procura de cotas de benestar social e dignidade colectiva a atinxir nos nosos respectivos países. Nesta orde de cousas, as historiadoras e historiadores que asinamos o presente manifesto marcámonos a firme vontade de contribuírmos ao achegamento das culturas e sociedades galega, vasca e catalá, a través do coñecemento dos seus respectivos pasados; necesario de cara a procurar solucións a problemas comúns.

As historiadoras e historiadores galegos, vascos e cataláns abaixo asinantes, investigadores e docentes:

-Afirmamos a nosa vontade de resgatar o espírito da Tripla Alianza de 1923, o Galeuzca de 1933 e os posteriores proxectos galeuzcanos no exilio desenvolvidos entre o 1941-46 e 1958-59, interpretados en chave inequivocamente progresista á luz das correntes de progreso social do noso tempo, así como de proxectar exteriormente a historia destes tres países nunha Europa en construcción nun mundo cada vez máis globalizado.

-Reafirmámonos na firme defensa das nosas respectivas culturas e linguas, procurando a súa plena normalización fronte ao ataque que estas están a sufrir por parte de sectores antidemocráticos do noso entorno social.

-Esiximos desde Galiza, Euskadi e Catalunya o respecto necesario para o ensino galego, vasco e catalán, respectivamente, onde como en calquera sociedade normalizada a historia ocupe un lugar fundamental para sabermos explicar o presente e camiñarmos atinadamente cara o futuro. Así mesmo, denunciamos o recorte horario que no campo educativo está a se dar de aulas de historia, parello a unha unidireccionalidade currricular.

-Denunciamos a tentativa de uniformización que se promove a instancias do aparello estatal español, coa complicidade de determinados entornos culturais en clave españolista, na que unha visión elitista da historia borra todo testemuño obreiro, republicano e popular do noso pasado.

-Marcámonos o firme propósito de eliminar nos nosos territorios calquera presenza, por mínima que esta for, de simboloxía fascista e fascistizante, traballando a prol da democracia participativa e da recuperación da memoria histórica democrática.

-Denunciamos a persecución que padecen investigadores por desenvolveren o seu labor profesional, desde o máis absoluto rigor. Así, pois, combateremos conxuntamente calquera ataque que se puider dar nesta liña.

Por último, facemos un chamado a todos os profesionais da Historia a que aprofunden no coñecemento do noso pretérito e asuman unha función social activa en favor da normalización dos nosos respectivos países.

Santiago de Compostela, 25 de xullo do 2008.
Comentarios (0) - Categoría: 10.- GALEUSCA - Publicado o 23-07-2008 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO DE GALEUSCA
Perante o discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, a Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca” quere deixar constancia do seguinte:

1.A realidade plurilingüe que conforma e dá existencia ao estado español, lonxe de ser entendida como unha “asimetría” ou deficiencia per se, está a reproducir de xeito transparente unha diversidade lingüística e cultural común á maioría dos estados que conforman a Europa plurilingüe.

2.O galego, o éuscaro e o catalán non son "inventos" recentes senón linguas que foron normais nos seus territorios e sociedades respectivas durante centos de anos. A súa desnormalización, a súa perda de usos públicos, non se produciu de forma "natural", senón, mesmamente, por invasión da lingua que se decretou como oficial do estado, sen consulta nin acordo previo.

3.O artigo 3 da Constitución española garante a presenza desa lingua común para todos os habitantes do estado, mediante a esixencia a toda a cidadanía do deber de coñecer o castelán. Toda a cidadanía de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns asume na práctica esa esixencia, pois non hai persoa que non teña unha boa competencia en castelán, ora a teñan como primeira lingua, ora como segunda. Porén, respecto do galego, do éuscaro e do catalán a lexislación non prevé a obriga de seren coñecidos nos seus respectivos territorios, o que establece unha asimetría nos dereitos lingüísticos da cidadanía que quere exercer o dereito, que lles é recoñecido, a usalos.

4.O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.

5.O dereito ao uso público, en todas as instancias, da lingua propia está recoñecido en todas as lexislacións democráticas do mundo. No ámbito europeo cómpre lembrar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (aprobada e ratificada polo Estado español) ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, aprobada coa unanimidade do Congreso dos Deputados.

6.A visión anuladora que da enriquecedora realidade plurilingüe española se transmite desde o “Manifiesto” leva a pensar na similitude coas teses da etapa franquista: un Estado, unha lingua, e, consecuentemente, a reforzar as formulacións diferenciadoras entre cidadáns de primeira e de segunda por razón de lingua. A competencia plurilingüe, tamén para os cidadáns españois nados en comunidades autónomas cunha única lingua oficial, sempre será unha chave que abra o mundo, que abra as fronteiras do rePerante o discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, a Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca” quere deixar constancia do seguinte:


7.A realidade plurilingüe que conforma e dá existencia ao estado español, lonxe de ser entendida como unha “asimetría” ou deficiencia per se, está a reproducir de xeito transparente unha diversidade lingüística e cultural común á maioría dos estados que conforman a Europa plurilingüe.

8.O galego, o éuscaro e o catalán non son "inventos" recentes senón linguas que foron normais nos seus territorios e sociedades respectivas durante centos de anos. A súa desnormalización, a súa perda de usos públicos, non se produciu de forma "natural", senón, mesmamente, por invasión da lingua que se decretou como oficial do estado, sen consulta nin acordo previo.

9.O artigo 3 da Constitución española garante a presenza desa lingua común para todos os habitantes do estado, mediante a esixencia a toda a cidadanía do deber de coñecer o castelán. Toda a cidadanía de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns asume na práctica esa esixencia, pois non hai persoa que non teña unha boa competencia en castelán, ora a teñan como primeira lingua, ora como segunda. Porén, respecto do galego, do éuscaro e do catalán a lexislación non prevé a obriga de seren coñecidos nos seus respectivos territorios, o que establece unha asimetría nos dereitos lingüísticos da cidadanía que quere exercer o dereito, que lles é recoñecido, a usalos.

10.O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.

11.O dereito ao uso público, en todas as instancias, da lingua propia está recoñecido en todas as lexislacións democráticas do mundo. No ámbito europeo cómpre lembrar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (aprobada e ratificada polo Estado español) ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, aprobada coa unanimidade do Congreso dos Deputados.

12.A visión anuladora que da enriquecedora realidade plurilingüe española se transmite desde o “Manifiesto” leva a pensar na similitude coas teses da etapa franquista: un Estado, unha lingua, e, consecuentemente, a reforzar as formulacións diferenciadoras entre cidadáns de primeira e de segunda por razón de lingua. A competencia plurilingüe, tamén para os cidadáns españois nados en comunidades autónomas cunha única lingua oficial, sempre será unha chave que abra o mundo, que abra as fronteiras do respecto polo outro desde a interpretación dunha relación de equidade entre os seres humanos, independentemente do seu lugar de nacemento, de residencia e de lingua propia. Además, o “Manifiesto” parte dunha premisa que non se corresponde coa realidade, pois en ningún caso o castelán corre perigo ningún en todo o territorio do Estado.

14.A aprendizaxe de linguas, ademais da propia, sempre debe ser entendido en positivo e como sinónimo de enriquecemento do individuo, pois coa aprendizaxe plurilingüe estimúlase a expresividade e cognición das persoas. No caso de Galiza, Euskadi e os Países Cataláns é imprescindíbel que a poboación sexa competente nas dúas linguas oficiais, para que logo cadaquén poida decidir libremente se usa unha ou outra nos diferentes ámbitos e situacións. É dicir, a dobre competencia é imprescindible para garantir a liberdade lingüística.

15.Para garantir esa utilización libre das linguas precísanse medidas emanadas dunha política lingüística adecuada. É dicir, para garantir os dereitos constitucionais que temos tamén os falantes de catalán, éuscaro e galego precísanse políticas lingüísticas que creen as condicións para exercelos, tal e como ditou o Tribunal Constitucional na sentenza 337/1994 cando “avalaba un trato desigual, que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais en función do carácter propio dunha delas que fai preciso unha acción normalizadora que debe, necesariamente, implicar accións de apoio singularizado”.

16.As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística.

17.As escritoras e os escritores galegos, vascos e cataláns PROCLAMAMOS a nosa vontade de seguirmos a escribir nas nosas linguas e a contribuírmos ao proceso, inacabado, de normalización das nosas linguas, como dereito humano, democrático, pacífico ao que non imos renunciar. Repudiamos enerxicamente todos os intentos de EXCLUSIÓN que colegas escritores españois realizan das nosas linguas e lamentamos que, no canto de se preocuparen pola saúde do español en Puerto Rico, Costa Rica ou os Estados Unidos, se dediquen a combateren o máis próximo e asimetricamente discriminado.

Xullo de 2008

Aquelas entidades, colectivos ou persoas que concorden co contido deste manifesto poden mostrar a súa adhesión no enderezo electrónico oficina@aelg.org

http://www.aelg.org/
Comentarios (0) - Categoría: 10.- GALEUSCA - Publicado o 20-07-2008 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
GALEUSKA 2008: Intervención de Xosé Estévez
Intervención co gallo da constitución da Federación Galeusca de escritores. (Poblet, 15-xuño-2008)

BOS DÍAS, BON DIA, EGUN ON.

En primeiro termo quixera expresar o meu sinceiro e férvedo agradecemento ás tres Asociacións de escritores, especialmente á galega, por convidarme a exercer de protagonista oral e representar a Galiza neste acto histórico e solemne. Cicais se deba ó feito de ter participado en 14 galeuscas dos 24 celebrados deica agora. No III Galeuzca, celebrado en Baiona (Galiza) tiven a sorte de coñecera Ignasi Riera e o inmenso galano de conversar até as tres da noite con dous grandes da nosa literatura e amigos inesquencibles xa finados, Uxío Novoneyra e Manuel María, asiduos concurrentes ós Galeuscas.

En segundo lugar, é propio da natural nobreza dos galeuzcanos agradecer ó Reverendísimo Señor Abade, D. Joseph Alegre, ó Reverendo Prior, Pai Lluch Torcal, e á Comunidade de monxes cistercenses do monestir de Poblet que nos ofrendasen xenerosamente para a celebración desta efeméride este marco incomparable e maxestuoso, monumento da humanidade dende 1991 e xoia da arte gótica, onde acougan reises da antiga Coroa de Aragón e onde viñeron os cistercenses en 1150. Un dos tres piares normativos destes monxes é a lectura repousada ou “lectio divina”. En Galiza contamos con mosteiros da mesma orden: Sobrado dos Monxes e Oseira e en Euskal Herría tamén: A Oliva e Cenarruza. Debo lembrar neste intre que os peregrins galeuzcanos da viaxe triangular ficaron abraiados pola beleza deste mosteiro, daquela sen monxes, o 4 de agosto de 1933, como nos conta Alvaro das Casas no seu relato:

“Perto das dez saímos pra Poblet, mosteiro fermosísimo, xoia das máis estimadas da histórea e das artes cataláns, que nos amostra con detimento o arquiteito César Martinell. Eiquí recebimos os comprimentos dunha delegazón de Unió Democrática, que chega de Barcelona”.

O galeuzca histórico de xorne político posúe unhos fitos ben sinalados: A Triple Alianza de 1923, o Pacto de Compostela ou Galeuzca de 1933 (-do que se cumpre o 75 aniversario-), o pacto de Bos Aires de 1941, o manifesto Galeuzca de México de 1944, os numerosos proxectos galeuzcanos tanto no exterior como no interior entre 1945-1947 e os manifestos Galeuzca de Bos Aires e Caracas en 1958-59 (- máis recentemente a Declaración de Barcelona de 1998 e o Galeuscat do 2006-).
En todos os pactos artellados até 1959 estiveron presentes escritores das tres nacións que interviñan en política por imperativo ético. Os escritores nos son persoas que viven na estratosfera. Son a conciencia da sociedade. Están xunguidos á Terra, sinten en carne propia os deveceres da súa patria e comprométense con ela. Entre os escritores que interviñeron dalgún xeito nestes Galeuzcas históricos sobrancean os seguintes:

Por Galiza: Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Alvaro das Casas, Cabada Vázquez, Carballo Calero, Blanco Amor, Delgado Gurriarán, Alonso Ríos, Valentín Paz Andrade, Núñez Búa, Plácido Castro, Víctor Casas, Xerardo Alvarez Gallego, Guerra da Cal, Beito Cupeiro, Xosé Velo Mosquera, Neira Vilas, Fernández del Riego e un longo ecétera. No caso de Euskal Herria salientarían: Aitzol, Telesforo de Monzón, Ixaka López Mendizábal, Lauaxeta (fusilado polo sublevados en 1937 e que fixo o primeiro chamamento a un galeuzca de escritores en 1935 co gallo do centenario de Pondal) Vicente Amézaga, Ildefonso Gurruchaga, Matxari, Andima Ibinagabeitia etc. Dos Paísos Catalans son merecentes de nomear: Jaume Bofill i Mates, Antoni Rovira i Virgili, Lluis Nicolau D´Olwer, Ventura Gassol, Joseph Carner, Joan Puig i Ferrater, Batista i Roca, Pau Vila, Amadeu Serch, Martí Esteve, Pompeu Fabra, Joan Estelrich, Maspons i Anglasell, Jaume Miravitlles, Manuel Serra i Moret, Joseph Trueta, Miquel Ferrer, Carles Pi Sunyer, Joseph Pineda i Fargas, Joan Rocamora i Cuatrecasas, Pere Mas i Perera , Baltasar Samper, Joan Cid i Mulet , Joseph Soler Vidal etc.

Esta iniciativa de crear a Federación Galeusca de escritores, como instrumento xurídico de coordinación e acción conxunta, é verdaderamente xenial e digna de louvanza. Espero que sexa más efectiva que o galeuzca político, dabondo vencellado a intereses internos e presións alleas. Polo que a min atinxe e dentro das miñas humildes posibilidades estou disposto a apoia-lo nos foros donde sexa preciso. Deste xeito, aunando esforzos e vontades, xa non nos meterán “tantas pedras molladas non nosos bolsiños aburacados”, como decía Joseba Sarrionandía nun poema do seu libro “Harriak eta herriak”. Nesta xeira conflúen tres vontades e un soio amor como expresan estes dous versos de Salvador Espriu, que foi o lema do II Galeuzca de escritores, celebrado en Donostia do 4 ó 6 de outubro de 1985 e recollido nunha serigrafía de Angel Uranga coa que nos agasallaron:

Diversos son els homes i diverses las parles
i han convingut molt nomes a un sol amor”.


Tamén acaen istes versos de Martín Fierro:

Unidos os irmáns estexan.
Esta é a razón primeira.
Teñan unión verdadeira
Sexan os tempos que sexan,
Porque se entre eles pelexan,
Devóranos os de fora”.


Moitas grazas, Moltes gracies, Eskerrik asko.
Xosé Estévez.

Comentarios (0) - Categoría: 10.- GALEUSCA - Publicado o 06-07-2008 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO