PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

BILLARDA PASAIA: ENTREGA DE TROFEOS
ENTREGA DE TROFEOS NO ABERTO "BAHIA DE PASAIA" DE BILLARDA



Se queres ver as fotos pica aquí
Comentarios (1) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 19-11-2009 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
BREVE DESCRIZÓN DA BILLARDA EM EUSCARO
Comentarios (1) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 19-11-2009 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DUNHA IKURRIÑA
Entre as moitas cousas que me contara meu primo Fandiño aquel verán do 2002 chamoume moito a atenzón a história dunha ikurrina que garda entre os seus tesouros máis prezados.

Nado en Carril, no ano 1926, foime relatando como chegaban ao seu povo, os trens que en vagóns de gando, levaban prisioneiros ao campo de concentración de ?Rianjo?. Como desenbarcabanos en Catoira e atravesando o río Ulla de alí levavanos a andar pasando por Isorna e Leiro para Rianxo.

-Os rapaces levavamoslles pan, auga. Ás persoas maiores non lles deixaban achegarse aos bagons, pero a nós si.

Eu por suposto pregunteille pola fame. ?Non, no 36 e 37 non, a fame empezou despois, polo menos donde eu vivia empezou despois do 40, 41. Enseñoume a ikurrina, que a gardaba xunto a outra moito maior, que lla levara un amigo de Pablo-Enea coa intenzón de facerlle un troque. Non conseguindo o seu propósito regaloulla.

-Os presos saían polas portas pero non baixaban dos bagons. Para ir ao retrete iban en grupos de dous ou tres, o que me acordo, e os levaban acompañados por soldados...

Ao pan e auga dos rapaces os prisioneiros correspondían dándolles os cartos da República que xa non lles tiñan valor no bando ?nacional?, e deste xeito, o curmán da miña nai fixo unha moi boa coleizón. Según segue co seu relato, un ?gudari? inquireulle donde vivía e como se chamaba:-Rogelio Fandiño Avilés, y soy de aqui, de Carril. Vivo en la C/ extramuros, cerca de la estación.- Apuntoulle os seus datos e doulle un fardel con roupa sucia, no que viñan: no peto dunha camisa cartos, e no medio da roupa a ikurrina. - Guardamelo, cuando me liberen vengo a recoger el fardel-. E o meu primo gardou todo no papel de estraza donde levou o pan para podelo sacar da vía morta ?Cantalarrana?.

A mín a historia en sí encheume o ollo para escribila, asi que o seguinte ano volvín con papel, lápiz e cámara ao lombo a pedirlle volverama a contar con iste motivo.

De aquela cóntame que non coñecía a Ikurrina, que lle parescera unha bandeira inglesa, como aquelas que ondeaban en Vilagarcía na base da Armada Británica no ano 35. A Galega, a Republicán e a Nacional eran as coñecidas por aquel rapaz.
A pregunta inda que tiña resposta obvia era obrigada.
-e do gudari?
-Nunca volvin saber nada máis del.-




Filipe Domínguez Avilés.
Pubricado en PASAIAN nº44 maio 2005.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 24-11-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
BIOGRAFIA DO CREGO MANOLO
D. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ
Abade que foi da Parroquia do Povoado de Pescadores
(Pasai San Pedro)


Manuel González González, nacera o 14 de Novembro do 1929 na aldea labrega de Almoite, no concello de Bafios de Molgas (Ourense).

Coma tantos e tantas galegas collera de mozo o comiño da emigrazón, deixando tras de si familia, amigos, noiva... e, dese xeito, veu traballar a Guipúscoa, no eido da construzón. É nese tempo cando descobre a súa vocazón, que o leva ao ingreso no seminario, pra se ordenar sacerdote no ano 1969. Tén coma destino primeiro a parroquia da Nosa Señora da Asunzón, de Orereta (19-XI-1970) e, catro anos máis tarde (26-IX-1974), marcha a estudar a Madrid nunha estadia de doce meses.

Xa de volta en Orereta, traballara no Secretariado do Apostolado atendendo aos ciganos. O 12 de Xullo do 1988 é nomeado abade da parroquia da Nosa Señora da Asunzón, no Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, carrego que exercerá ate o seu pasamento.

Coma sacerdote, pódese salientar a súa laboura, non por calada menos inxente, a prol dos máis necesitados e marxinados, chea de renuncia e sacrificio. Pero é no lado humán onde sobrancea a súa rexa personalidade. Manolo non deixou endexamais de ser un home sinceiro e directo, quer dizer: O rexo labrego que sería de ter ficado en Almoite; un galego baril que, semellando tosco nun primeiro contacto, amosaba axiña o home sinceiro e aberto que levaba dentro. Teño pra min que, ate que non te descobría ben, non che daba a súa confianza.

Indo á terceira faciana do seu ser (o seu Galeguismo), Manolo estivo sempre ao seu dispor de quen o precisar para celebrar misa en galego. Ben o saben na Casa da Galiza en Guipúscoa, e mesmo nalgunha vila nabarra, levando a Verba de Deus na língua de Rosalía. Foi grazas ao noso biografiado que se abrira en Pasaia unha nova xeira de misas en galego cando, escomezando a súa laboura apostólica no Povoado de Pescadores, entrara en relazón co Fato Cultural "Daniel Castelao". Sería tamén el quen dirixira a primeira eucaristía en galego na eirexa da Nosa Señora do Carme de Trintxerpe. Deste xeito levou tamén a súa colaboura á Casa da Galiza de Zarautz e a outras entidades que llo demandaron ao longo da súa andaina vital.

A Manolo interesáballe ir ao miolo das cousas. As súas homilías non eran glosas etéreas alonxadas da realidade, senón olladas dos problemas sociais á luz da mensaxe de Cristo, coas que facía unha afervoada denuncia da inxustiza, que chegabaao coorazón dos seus ouvintes.

Tampouco podemos esquencer, xa fóra da súa adicazón aos traballos próprios do seu estado, o anceio de Manolo por participar dalgún xeito nos feitos non relixiosos que se artellaban para pular a Cultura Galega. Non había máis que ver a ledicia que brilaba na súa faciana cando tudo remataba ben. Se tivesemos que definir en poucas verbas a Manuel González, diriamos que foi un SACERDOTE GALEGO, fondamente consciente de ámbolos dous caracteres, que vivira coa forza dos "bos e xenerosos" dende a súa condizón de EMIGRANTE, no seo do Povo Basco: povo que escollera por destino da súa eisistenza e no que atopara a súa vocazón de servizo á Causa dos Humildes.

Fato Cultural "Daniel Castelao" (Novembro 2007)
Pubricado na revista ESTADEA (Casa da Galiza en Guipúscoa) en Maio do 2008

Comentarios (2) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 18-09-2008 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0