PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

UN CURRUNCHO GALEGO NA EUSKAL HERRIA

LIMIAR

O pasado ano 2002, co gallo do 50 cabodano do Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, e por iniciativa da asociazón de viciños Sanpodrotarra impulsouse a realizazón dunha grande variedade de actos aos que se aderiron coleitivos e particulares. Dentro desta dinámica Abaraska Euskara Elkartea e máis o Fato Cultural Galego Daniel Castelao artellaron unhas ?Xornadas Culturais Basco Galegas? entre o 12 e o 27 do mes de setembro. Foron cinco días nos que tivemos dende a oportunidade de escoitar a José Luis Padrón recitando parte da sua obra poética en euskera e por primeira vez poemas en galego do seu libro inédito ?Os contadores da luz? ca compaña de Xuan Alonso á guitarra,ou a Xosé Estévez falandonos da historia dos galegos na Euskal Herria. Tamen a nosa ?viziña? Rosa García Orellán falounos sobor ?Terranova: la pesca del bacalao en Pasaia? traballo que acabara de traela do Canada e que fora unha aitividade no seu tempo, sustento direito ou indireito de tantas das nosas familias. Edurne Urkiola disertou sobor da situazón do euskera no Povoado i en Pasaia en xeral. Foron falencias dadas tanto en euskera, como en galego i en castelán. E os que nos fomos achegando a elas ficamos amplamente satisfeitos.
A min o dia 12 tocoume facer durante o auto de presentazón das xornadas unha pequena charla sobor da convivencia de ambalas dúas culturas, o que aproveito hoxe para espallar neste pequeno traballo.

FACENDO COMUNIDADE

Ao comezo das xuntanzas para artellar os actos do 50 cabodano do noso Povoado, José Manuel Larrinaga comentaba cómo tendo él tódolos seus apelidos bascos, sempre estivo alcumado como Pontxiño, querendo dar a entender, a importancia que tivo, e inda ten entre nós, a comunidade galega.
Por suposto, o percorrer destes anos amosaron unha morea de anédotas que poderían abondar para encher estas páxinas, pero a min págame por moito a amizade que compartiron Dona Carmen Olveira Sobrido, nada en Rial, concello do Porto do Son na provincia da Coruña e Dona María Munduate Zurutuza de Ataun. A primeira somentes falaba galego, namentras que a segunda euskera. E latricar latricaron dabondo nas escaleiras entre as hortas de Velasco e o transformador de Iberdrola no Povoado. ¡ E ben que se debian de entender!.
Inda que o galego foi unha fala normal e cotidián, e hoxe o seu emprego é tal que a ninguén estrana ouvílo, vai perdendo campo, pois as novas xerazóns están a deixá-lo seu uso ou reducindoo á casa. Asi pois, a fala de Rosalía fixo o seu espazo a carón do idioma mais antergo de Europa co permiso (ou sen el) do castelán, i entre outros mundos que viñan nas maletas de tantos emigrados a este curruncho da Euskal Herria chamado Pasai San Pedro. Entre os que cabe sobrancear, sen menosprezar a ninguén, á comunidade portuguesa.
Agora vexamos estas relazóns nalgunhas instituizóns ou grupos.

NA IGREXA.

A Parroquia da Nosa Señora da Asunzón sempre amosou uns anceios culturais acordes coa sensibilidade do povo. Asi, xa D. José Zapirain Santos mercara os libros sobor dos rituais do bateo, matrimonio, etc, en portugués, tendo en conta as familias que, asentandose onda nós dende aquelas terras, tiñan membros que descoñecían o castelán, e deste xeito, nestas celebrazóns particulais que poderían ser importantes para eles, achegaballes estes ritos.
Este sacerdote tamén celebrara o primeiro bateo en euskera o dia 27 de febreiro do 72 a Dona Lorea Elizalde Fagoaga, filla de pais navarros.
Coa chegada do sacerdote D. Xosé Novoa (1975) fixéronse, alá polo ano 1976 misas en galego. Daquela, en Galicia moi poucos cregos celebraban nesta fala, polo que foi necesario facer un texto litúrxico para tal feito. O devandito escribirao o mesmo ?Pepe? Novoa, o cal xa fixera parte da súa ordenazón sacerdotal en galego.
Os trinitarios marcaron unha época dourada non só no eido pastoral, senon tamén no cultural. O ?Olentzero?, que puxeran a andar, perdurou inda moito despois de que marcharan da Parroquia. Tamén puxeran en marcha o seu propio euskaltegi no barrio sendo ?D. Martín? Baraiazarra Bilbao e ?Aita Markos? Olabarri os mesmos mestres. O derradeiro ano aquelas clases dabanse en catro quendas, unha pola mañán e trés pola tarde, un deses turnos dábase a 40 nenos repartidos en dous grupos. Coa marcha dos Trinitarios este ?euskaltegi? integrouse na ?gau eskola? de San Pedro.
D. ?Juantxo? Arrizabalaga foi un sacerdote euskaldun que chegou a facer uso do galego na sua comunicazón escrita co povo.
E con ?Manolo?, D. Manuel González González a Parroquia viveu as palpitazóns dunha vida interior ateigada de amor ao Pai e de entrega a un sacerdocio que bebía das suas fondas raíces galegas, e da seiva do carballo da terra de acollida. Manolo era antetodo somentes un sacerdote, convencido delo, e da sua laboura como tal, como cristián. Pero nenbargantes seguía a sé-lo home de Almoite (Baños de Molgas ? Ourense), sinxelo e bóo, que acadara na Euskal Herria non somentes o seu traballo, senon que tamén a súa vocazón. Con el voltarán coller pulo as misas en galego na nosa Parroquia e con el daríanse as primeiras misas en galego na nosa Sra do Carme. Cando o Pai chamouno ao seu carón os sacerdotes das duas parroquias con advocazón mariana no arciprestado recadaron o seu testigo e inda hoxe faise en cada parroquia cadansua misa en galego ao ano, nas Letras Galegas na Nosa Sra da asunzón e no magosto na Nosa Sra do Carme.
Chegado a este punto, e sen querer menosprezar a laboura doutros sacerdotes, penso que é de recoñocer o bo facer á hora de misar en galego de D. Manuel Balenciaga. Tamén quixera eiqui recoñocer a laboura do meu compañeiro no Fato D. Manuel Irixoa Cousillas que en tantos anos a prol de manter acesa a candea da cultura galega neste lado da badía, fixeron del a única persoa que fora participe no artellar daquelas misas de hai 25 anos e nas de hoxe.

OS NOSOS MEDIOS DE COMUNICAZÓN.

Nas cinco revistas ou boletins (ver PASAIAN nº25, pax. 10. ?Os papeis do Povoado de San Pedro?.) feitas dende e para o noso barrio vaise vendo como o euskera e máis o galego van collendo pulo nelas. É importante o esforzo que se fixera na revista IRUDIMEN por manter esta presenza, a sua cabeceira é sempre en euskera e galego, e agás o nº 2, os demáis teñen algun escrito nestas duas línguas.
A radio Erre Kuku Irratia a maiores dos programas en castelan emitia 8 en euskera, 6 bilingües (E e C) e un en galego chamado ?Noroeste? ala polo 1986.
Un dato choqueiro do recoñocemento que se fai do galego como fala habitual na zona do Povoado e que no ano 94 o programa das festas padroais de San Pedro repartiuse pola parte alta do povo cunha foto semella das aitividades a realizar na fala de Rosalía.
A asociazón de viciños de San Pedro é sensibel a esta realidade e tamen espalla o galego nas suas revistas, propaganda e cartaces.

REMATE.

Para dá-lo remate nunha historia inconclusa qué millor que voltar ao comezo, pois inda que non teña chiste, pouco pensaba aquel que hai 50 anos entregara as chaves na que nos sempre demos en chamar rua ?Principal?, que esta seria a terceira no mundo adicada a ?Alfonso DANIEL Rodriguez CASTELAO?. O que amosa que o concello de Pasaia tamen se decatou da importancia galega pobladotarra (mágoa que nestes 50 anos non se decatara de outras moitas cousas). Inda que eso si, como non podia ser menos, inda hoxe, penso que é a única con ?título nobiliário?. ?Cousas da vida? que diria...




FILIPE DOMÍNGUEZ AVILÉS

FATO CULTURAL GALEGO DANIEL (DE) CASTELAO



Comentarios (1) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 12-08-2011 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
IX XORNADAS DE HISTORIA E CULTURA
Inda non escomenzamo-lo curso, máis na nosa asociazón non acougamos. Non desaproveitamos a oportunidade que nos deron as IX XORNADAS DE HISTORIA E CULTURA que artella polo veran o CONCELLO DO PORTO DO SON da man da súa consellaría de culrura e que viñeron desenrolandose do 9 ao 12 de agosto. O mércores día 11 pola tarde estivo adicado á emigrazón na nosa terra de acollida ou nai segundo dos casos, e deso versaba a primeira das falencias, que coma sempre tam ben espuxo o noso compañeiro o Prof. Senior pola UNIVERSIDADE DE DEUSTU Don XOSÉ ESTÉVEZ RODRÍGUEZ. Quertemoslle agradecer á antropóloga e profesora da UNED Dna ROSA GARCÍA ORELLÁN que aceitara a convida do consello sonense a dala segunda das falencias: ? A pesca e emigración en Trincherpe. O papel da muller?, a sabendas de que nós fixemos de ponte entre a consellería de cultura e a sampedrotarra. O día rematou coa proxeizón do video ?Galegos en Trintxerpe? e a posterior mesa redonda cos conferenciantes.
A maiores a nosa asociazón artellou unha pequena esposizón en sete nespositores -que veñen sendo unhas táboas acristaladas- na entrada da casa da cultura facilitadas po-lo concello. E que estiveran espostas ao praceiro nestes catro días das xornadas. Estaban compostos por cartaces, programas de man, invitacións, fotos, recortes de xornais, libros, revistas, etc. E tiña coma referencia a emigrazón galega na Euskal Herria.
Deste xeito cremos que contribuímos outra vez a coñecernos todos un pouco máis, pero non na terra de acollida -Euskal Herria-, se non na de orixe-Galicia-, facendo memoria da nosa história. Tendo en conta en que PASAIA e os seus redores foron destiño de tantos e tantos fillos dO PORTO DO SON -que ten unha rúa ?TRINCHEPE?- e a súa bisbarra O BARBANZA.

Podedes ver máis imaxes na nosa Fotoblogoteca

Foto: ANDREU ANGUERA RINCÓN
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 05-09-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
ACTOS HOMENAXE CONCHA MURGUIA

Remataron os actos en homenaxe a Concha Murguía Egaña en Oiartzun cunnha programazón máis ambiciosa ca outros anos cun éxito bastante notavel en asistencia. Podedes ver as imaxes dos actos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 22-02-2010 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTAZÓN DE "55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA" EN TRINTXERPE
Podedes escoitar o acto de presentazón no seguinte reprodutor




INTRODUCIÓN

A Lingua Galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que nos identifica coma o que somos, galegas e galegos, e o que nos dá un lugar propio no mundo.

ANTECEDENTES

Os galegos sentímonos orgullosos de ter unha lingua milenaria cun glorioso pasado que, por circunstancias políticas, entrou nun túnel de silencio forzoso nas primeiras décadas do século XVI ata se converter en instrumento de marxinación e sufrimento moral e físico de moitas xeracións. O ininterrompido uso oral que dela fixo a xente humilde e o traballo das elites intelectuais que a partir do século XIX souberon rehabilitala, fixeron posible salvar o que é o principal elemento de identidade dos galegos e a base esencial da nosa cultura.
O traballo de todas esas persoas propiciou que hoxe Galicia sexa unha nacionalidade histórica e que conte con autonomía política, e os diferentes gobernos autonómicos foron poñendo os alicerces para a recuperación social da lingua galega, particularmente nos eidos do ensino, da administración e dos medios de comunicación públicos.

PRESENTACIÓN


ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación.
En función disto, declaramos como obxectivos irrenunciables de ProLingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia.
Estamos nun Estado de dereito e como cidadás e cidadáns esiximos que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lingüística.
Asemade esiximos que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade galega.


Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 12-02-2010 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0