PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

PREMIOS GALIZA MARTIR e MURGUIA 2017.

Finalmente e tal como adiantamos hai unhas semanas, o noso compañeiro Xose Estévez recibiu de mans da Fundazón Alexandre Bóveda o Premio Galiza Mártir 2017. No mesmo acto tamén lle foi entregado o Premio Manuel Murguía pola súa laboura coma historiador, outorgado pola revista do mesmo nome. Lamentamos profundamente non ter podido envíar unha representación do noso colectivo a Ponte Vedra nese 17 de Agosto, mais deixamos-vos na nosa Galería de Fotos algunhas das instantáneas dese emotivo momento. A aportación deste historiador e escritor á difuson da cultura galega na Euskal Herria, as súas constantes investigacións sobre o papel dos nosos paisanos na construcción deste país que nos acolle e a súa laboura pra estreitar os vencellos entrámbalas dúas nazóns é algo do que nos orgullamos especialmente. Bo e xeneroso no trato persoal só podemos repetir máis unha vegada:

PARABÉNS!!!
ZORIONAK!!!


PD: podedes ver o resto das fotos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-08-2017 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
AOS LEONS DO NORTE
Velaí vos vai o último artigo que da man da nosa asociazón vense en pubricar en estibaus.info o pasado día da pátria. Agradecerlle a Satxa que no-lo fixera, a sabendas que non lle foi tan doado acadar parte da informazón que nel se espalla; e agradecerlle a ALTZAKO HISTORIA MINTEGIA que nos siga a da-la oportunidade de podermos escreber en galego nas súas páxinas.

Quizais subliñar que vai sendo tempo que entidades coma Deputazón de Gipuzkoa ou o Goberno Vasco veñan en recoñoce-la laboura a prol da defensa da ?República? dos nosos mariñeiros.

Eiquí tende-lo enlace para que desfroitedes del.

http://www.estibaus.info/?p=7923
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 22-08-2017 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
"MUERTE DE UNA MILICIANA", artigo de Sacha Balchada

Mais unha volta, o compañeiro e historiador nado en Marín Serxio Balchada trae-nos este interesante artigo do seu blogue El Gaje del Oficio. No mesmo conta-nos as andainas de Isabel Berichinaga Garitonandia e outras milicianas na súa loita contra o fascismo durante a Guerra Civil nos frentes de Euskal Herria. Podedes acceder ao documento picando na seguinte ligazón:


https://elgajedeloficio.wordpress.com/2017/03/10/muerte-de-una-miliciana/


La Muerte de una Miliciana
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 10-04-2017 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA GALEGA DE ZARAUTZ

Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 16-07-2016 05:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0