PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

LETRAS GALEGAS 2014
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 29-04-2014 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A CONCHA MURGUÍA EGAÑA

Sábado, 1 de febreiro do 2014:

-Ás 10,30 da mañá: Pasacorredoiras conxunto a cargo de Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e do grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia.

-Ás 12:00 da mañá: Na Praza de San Estevo e na Sá de Falencias Manuel Lekuona da Casa de Cultura: Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, cas intervencións do Concelleiro de Cultura, D. Asier Legorburu, e de D. Xosé Estévez, historiador.

Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun gorenteiro refrixerio.

Institucións artelladoras: Excmo. Concello de Oiartzun e Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia.
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 24-01-2014 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTAZÓN EN PASAI SAN PEDRO DO ÚLTIMO TRABALLO DE KEPA JUNKERA
KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia. A súa presentazón será en Pasai San Pedro o vindeiro 10 de Nadal

En "GALIZA" a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

"GALIZA" conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica.



Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 27-11-2013 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGA O MAGOSTO
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 04-11-2013 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [16]
© by Abertal
VISITANTE NUMERO