PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

HOMENAXE A CONCHA MURGUÍA

PROGRAMA DA HOMENAXE A CONCHA MURGUÍA EGAÑA- XANEIRO DO 2015

DÍA 29, XOVES, QUINTA FEIRA, ás 7 do serán, na Areto Nagusia do Concello:
-Proxección do documental de Juanba Berasategi: “GALIZARRAK EUSKAL HERRIAN”.
-Presentación e debate posterior a cargo do historiador Xosé Estévez.

DÍA 3O, VENRES, SEXTA FEIRA, ás 8,30 do serán, na Areto Nagusia do Concello:
-Presentación do disco “GALIZA” a cargo do seu autor: KEPA JUNKERA. Acompañarano no acto os gaiteiros, Manu Gómez e Dani Lumbreras.
-A entrada é ceibe, máis a capacidade restrinxida.

DÍA 31, SÁBADO, ás 12 da mañá, na Casa de Cultura e Biblioteca:
-Homenaxe floral a Concha Murguía, con intervencións verbais de Asier Legorburu, concelleiro de cultura, e Xosé Estévez, historiador, e con actuacións do Talde “Lartaun” de Txisularis, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros “Trisquele”, da Casa de Galicia de Donostia.
-Ao remate do acto os presentes serán agasallados con un lixeiro e gorenteiro refrixerio.

ORGANIZADORES:
Concello de Oiartzun
Fato Cultural Daniel Castelao de Pasaia.
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 15-01-2015 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2014

Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 05-11-2014 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
SUBSTANTIVOS, PETRÓGLIFOS E BARCOS




En Substantivos, petróglifos e barcos, Isaac Xubín tece un percorrido ao longo da experiencia vital e da literatura. A familia, a música, o sentido de pertenza e de perda, mestúranse coa presenza de transatlánticos, cabalos, illas e linguas incomprensibles nun relato emocionante.


Isaac Xubín é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega.

Como creador ten publicado obras de poesía: Elementos de matemática (2002), Lisboa (2004) e Con gume de folla húmida (2012), poemario co que obtivo o premio da XXIV edición do Certame Eusebio Lorenzo Baleirón; e de narrativa curta: Château Bobcat (2009) e Le pied de Julien DuPuy (2011), ambos os dous primeiro premio do certame Os Viadutos de Redondela.

Como profesor e investigador elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro, foi lector de lingua e cultura galegas no Colexio Universitario de Cork entre os anos 2009 e 2012.

Como tradutor publicou traducións entre as que destacan a escolma poética Sete poetas vascos e Pasaia Blues, de Harkaitz Cano.

Como deportista afeccionado xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra e no Universidade de Vigo. Tamén xoga ao fútbol gaélico en Cork e vestindo as cores da Selección Galega participou no histórico encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.

Mantén un blog no xornal electrónico Praza Pública, Melé a cinco, no que o rugbi é unha escusa para escribir.
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 16-06-2014 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
NELSON QUINTEIRO EN CONCERTO
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-04-2014 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO