PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

DIA DAS LETRAS 1989

Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 07-04-2016 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DE MANUEL MARÍA EN EUSKAL HERRIA
SEGUIMOS A SUBIR FOTOS E LEMBRANZAS DAS NUMEROSAS VISITAS QUE NOS FIXO O NOSO AMIGO MANUEL MARIA.

PODEDES VE-LAS NA NOSA GALERÍA
Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 27-03-2016 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA A RAMON CABANILLAS

POEMA A RAMON CABANILLAS

BARAKALDO, 20-5-1990
Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 27-03-2016 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Carta ao presidente da Real Academia Galega
Donostia, 17 de Marzo do 2014


Meu respeitado señor:

O embaixo asinante, MANOEL IRIXOA COUSILLAS, de D.I. 15..., de 67 anos de idade, natural de CORME-PORTO (Concello de PONTECESO), e viciño de DONOSTIA (GIPUZKOA-EUSKALERRIA), diríxese a Vde. na sua condizón de Presidente da REAL ACADÉMIA DA LÍNGOA GALEGA, co gallo de lle, con tudo respeito,

ESPOÑER:

1º Que ten coñecemento de que a entidade da sua dina PRESIDENZA está a ESTUDAR @S POSIVEIS CANDIDAT@S pra escoller a quén adicar a celebrazón do DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO VINDEIRO ANO 2015.

2º Que, no seu homilde entender, atopa como CANDIDATO MERECENTE de honra tal, ao “POETA DA TERRA CHÁ”, DON MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, de sobrenome autoral “MANUEL MARÍA”.

3º Que, a maiores de comprir coas condizóns regulamentárias eisixidas pra se axustar ao perfil legal da candidatura, a CALIDADE LITERÁRIA DA SUA OBRA, tanto na ponla poética coma na narrativa, tanto na cantidade coma na fondura, leva a ser abondosamente contrastada, xa dende os tempos do seu desenvolvemento activo.

4º Que, ao seu labor no eido artístico, MANUEL MARÍA xunguía un forte ESPRITO MILITANTE de loita a prol do nosa idioma nazonal, que o levaba participar en canto feito, cultural e/ou político, artellárase, o mesmo na Galiza interior, ca no universo da nosa diáspora emigrante(á que sempre lle profesara un agarimo especial), pola reivindicazón dos lexítimos direitos da língoa dos nosos devanceiros.

5º Que, a canda ista atitude persoal, o noso escritor, se cadra polo seu esprito labrego, era dono dun CARÁUTER AFÁVEL E PERTÁN Á XENTE, ALIÁS MOITO RETRANQUEIRO, o que lle conferiu unha inmensa popularidade e un sobranceiro prestíxio, non somentes perante o noso povo, mais tamén noutros mundos culturais de fora da nazón galega.

6º Que, a abondar no sinalado nos dous pontos precedentes, nos centros e demáis asociazóns e ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS espallad@s ao longo e largo da nosa nazón irmá DE EUSKAL HERRIA, esiste unha VIVA LEMBRANZA das inúmeras visitas coas que “O MANUEL” percorrera tuda a éuscara xeografía, honrando aquélas coa sua presenza, e agasallando @s compoñentes das mesmas co seu verbo barudo e engaiolante a un tempo.

Non temos coñecemento de conxeito nengún no que o noso poeta e amigo rexeitara atender ás chamadas d@s axentes culturais eusko-galeg@s. Tanto é eisí, que mesmo deixouno refrexado na sua poesía (“Andiven dende Irún a Somorrostro...”).

7º Que, polo que atinxe ás vivéncias persoais de quen ista escrita asina, a sua relazón con MANUEL MARÍA abrangue dous eidos:
O particular e o cultural.

No eido particular, cun trato que escomezara nos primeiros anos 70 do pasado século pola vía epistolar, e no que o noso poeta, ao ter coñecemento do interese de quen lle escribira pola história e a cultura galegas, das que iñoraba práticamente tudo, amosara A SUA XENEROSIDADE co agasallo de vàrias das suas obras (“TERRA CHÁ”, “REMOL” e outras máis) asinadas e adicadas ao seu correspondente. Nen que dicir ten que iste cativo demandante garda coma un tesouro tais libros e as misivas do vate chairego.

Verbo do eido cultural, a experiéncia foi algo máis seródia, pero tamén máis intensa, no seo da xeira do FATO CULTURAL GALEGO “DANIEL CASTELAO”, de TRINTXERPE-PASAIA, entidade na que o asinante exercera (e ainda exerce, mais xa con menos dispoñibilidade por mor da sua andaina vital) o seu homilde esforzo na defesa do ser da nosa MÁTRIA.

Nise terreo, viña siñificar, a comunidade galega da povoazón trintxerpetarra en particular, e as das pasaitarra e donostiarra en xeral, foran vivas testimuñas da IMPAGAVEL COLABOURA QUE, NUNHA MANCHEA DE ANOS, o MANUEL MARÍA achegara nos feitos que os nosos militantes artellaban co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS e máis do MAGOSTO. Sempre de xeito de tudo desinteresado e desprendido.

POR TÚDALAS RAZÓNS DEICA EIQUÍ AMOSADAS, e na seguridade de seren compartidas, o mesmo por un amplo abano da povoazón galega de dentro e fora da Galiza, ca d@s persoeir@s da nosa inteleitualidade, o embaixo asinante

SOLICITA

que, pola parte da REAL ACADÉMIA DA LÍNGOA GALEGA, SEXA DESINADO O LEMBRADO ESCRITOR D. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO O AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO VINDEIRO ANO 2015.

Na confianza de que, sen menosprezo dos valores que outr@s escritor@s con méritos abondosos poidan amosaren, a ecuanimidade da nosa primeira instituzón literária teña a ben atender positivamente ista homildosa demanda,

saúdalle

respeitosamente,

Manoel Irixoa Cousillas.


Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 03-03-2016 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
VISITANTE NUMERO