PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

PALAVRA DE CASTELAO

Comentarios (1) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 04-03-2017 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
UN GUDARI PRESO EN MARÍN
Foto de grupo do Batallón Araba, 1936-1939
---------------------------------------------------

"UN GUDARI PRESO EN MARÍN", artigo de Serxio Balchada, marinense afincado en Euskal Herria que narra as vivencias de Manuel Ibarrola, gudari do Batallón Araba e natural de Laudio, durante a súa estancia na Galiza. Pódese ler o artigo completo picando na seguinte ligazón.

Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 14-02-2017 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS LETRAS GALEGAS 2016
Xa tendes na Fotoblogoteca as imaxes dos actos das Letras Galegas deste ano. Un ano que, sen dúbida, foi especial xa que vén de ser adicado a o grande amigo do noso colectivo e de Euskal Herria, o poeta Manuel María. Podedes acceder a todas as fotos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 25-05-2016 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
OLLANDO UNHA FOTOGRAFIA
As portas das festas de San Pedro aconteceu o pasamento de Benedicto Arrizabalaga. Persoa moi coñecida no txoko pasaitarra do mesmo nome, mormente pol-a sua laboura a prol da parroquia do apostolo. De feito xa en vida (que eu lembre) recibira duas merescidas homenaxes. A primeira delas de ONDARTXO ABESBATZA que lle agasallara cunha reprica da chave do coro que tantas veces lles abrira, ala pol-o mes de santos do 2005. E outra mais da mesma comunidade parroquial en maio do 2007 na que recivira unha makila. Amba-las duas disfroitaraas na compaña da sua dona, Juana Guereño, coa quen xa estará xunto a tantos amigos no colo do Pai.
Eu tivera a sorte de que compartira comigo os recordos dunha longa vida parroquial, pois fora sancristán dende o ano 1946 sustituindo ao seu pai pol-o pasamento deste, hastra o día 8 do nadal do 2006 que con 86 anos entregaralle-las chaves ao estonces abade D. José Ramón Yurrita. Asi pois nunca millor dito, tiven a sorte, de que me contara mormente como foran as procisóns nesta banda da badía, cousa que fun apuntando e aproveitei para espallar na revista PASAIAN nunha serie de traballos encol deste tema. Para elo, entre outras cousas, tamen andara eu á percura dalgunha fotografía coa que poder ilustralos. E deste xeito un día aparescera Bene cunha foto na que case non se daba visto nada, pois estaba moi branca a imaxe. Fora con ella a Juan Lazcoz, e o fotógrafo non daba un patacón pol-as semellas que saíran. Eu respostáralle en galego: O non xa o levamos. É a única vez que eu lembre que para a nosa sorte, Juanito non atinara, fixo varias probas e consegueu, por increibel que pareza, o que nin el mesmo agardaba. Se alguen podía fracelo sen dúbida era Juán Lazcoz, e inda que un servidor hoxe recoñeza que fora un pouco desesperanzado, tiña a certeza, de que se houbera quen en sacar algo de alí -como así fora- era el.
Eu non me dou lembrado, se a foto era de Bene ou lla deixaran. Dinlle algunha das copias e aos poucos escomencei a ve-las por San Pedro. O que si acordo, e o que me sorprendera, era todo o que o vello sancristán víra nela. Segundo o Bene, a foto esta feita no mes de maio que se adicaba á virxe, i esta se puña no altar. Coa chegada de D. Manuel Lasa, quitarase do altar e puxérase a un lado. E a maiores tratase do segundo domingo do mes, pois está o San Luis, que se sacaba todo-las segundas semáns no día do Señor. Caseque nada nuha ollada!. A foto nun marxe ten o ano 1949.
Cantas cousa levou consigo Bene!. Cantas cousas levan consigo os nosos maiores!. Eu non poido mais que por mor do dito e pol-a súa amizade... ESKERRIK ASKO BENE.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 12-10-2015 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO