|
|
|
|
| HOMENAXE A CONCHA MURGUIA EGAÑA |
|
Na Casa da Cultura de Oiartzun. Súa casa natal.
11 de febreiro. Xoves – Quinta feira, ás 19H00´
Falencia: “Los caminos de Santiago” a cárrego do profesor Xosé Estévez.
12 de febreiro. Venres – Seste feira, ás 19H00´
Proxeizón dos videos: “Los Caminos de Santiago en Euskal Herria” e “Los Caminos de Santiago por Galicia”.
13 de febreiro. Sábado, ás 12H00´
Homenaxe a Concha Murguía, co acompasamento do Grupo de Txistularis de Oiartzun e dos gaiteiros “Novas Fontes”.
Durante as dúas primeiras semáns de febreiro haberá unha esposizón de litografía sobor do Camiño de Santiago do pintor ZAAFRA.
Artellan:
- CONCELLO de OIARTZUN.
- Fato Cultural Galego “DANIEL CASTELAO”, de PASAIA.
Colabouran:
- CONCELLO de PASAIA.
- Grupo de Gaitas“NOVAS FONTES”.
|
|
|
|
|
| 55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA |
|
 A XUNTA DO PP QUERE AFOGAR O IDIOMA GALEGO.
PRIMEIRO, SUPRIMIU AS GALESCOLAS (ESCOLAS INFANTÍS EN GALEGO),
AGORA ARGALLOU O NOVO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO, NO QUE DEIXA PRA NOSA LINGUA SOMENTE A TERCEIRA PARTE DAS ASIGNATURAS, CANDO ATÉ AGORA ERA A METADE..
MAIS NON LLE VAI SER DOADO ACADAR O SEU OBXECTIVO:
O DÍA 21 DE XANEIRO MÁIS DE 50.000 GALEG@S ENCHERON A PRAZA DO OBRADOIRO PRA DENUNCIAREN O NOVO DECRETO.
ESTA MULTITUDE REPRESENTA AO POVO QUE DURANTE SÉCULOS MANTIVO VIVA A SUA LÍNGUA MÁLIA A OPRESIÓN DA LINGUA CASTELÁ.
TAMÉN NÓS, @S GALEG@S QUE ESTAMOS FORA DA NOSA TERRA, FACEMOS PARTE DESTE POVO.
|
|
|
|
|
| GALEGOS E BASCOS NA SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA |
|
Dende os seus comezos o FATO CULTURAL GALEGO DANIEL CASTELAO sempre considerou dúas festas principais ao ano: As Letras Galegas en maio, e no
mes de santos ou de difuntos a do Magosto. E cadrando con estas, mormente ca primeira, véñense desenrolando unha serie de falencias po-la entidade pasaitarra perante estes trinta anos longos de vida que leva percorridos. Rematado o relatorio, sempre cumpreu á persoa que vira, agasallar cunha cea na que poder coñecernos tudos millor e que ata hai ben poucos anos víñase celebrando na SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA artellada po-los socios daquela RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA e ANTONIO PENA. E meirandemente por iste motivo da man da entidade con sé en Trintxerpe pasaron bascos coma o historiador Jose Luis Orella Unzue, o escritor Josu Landa ou a antropóloga sampedrotarra de orixe galego Rosa
García – Orellán. E como non, galegos entre os que poido citar: Manoel Riveiro Loureiro -escritor-, Xosé Manoel Beiras e Pilar García Negro -políticos-; Miguel Anxo Fernán-Vello -poeta-, Filipe Senen -antropólogo i escritor-, Andrés Torres Queiruga -sacerdote e teólogo-, Roberto Vidal Bolaño -dramaturgo e actor-, e Francisco Rodríguez -político i escritor-.
A maiores moitos destes deixaron a súa pegada no libro da sociedade altzatarra, e alí están os poetas Uxio Novoneira a quen se lle veñen adicar as letras galegas 2010, enchendo unha folla el soo, e Manoel María que en tantas ocasións esti-
vera connosco. E un boo feixe de bascos coma os escritores Koldo Izagirre, Iñigo Aranbarri, Ramón Etxezarreta, Edorta Ximenez; o etnógrafo Juan Garmendia Larrañaga, o poeta i editor Gorka Arrese; o tamén poeta J.L. Otamendi, e o escritor
e músico Xabier Montoia. Amais de outra sinatura que non cheguei a saber de quen é. E como non, non podía faltar o historiador e presidente da sociedade galega o quirogués afincado en Oiartzun Xosé Estevez.
Tres follas non máis, cun anaco de historia compartida
Filipe Domínguez Avilés
FOTOS |
|
|
|
|
| O OLENTZERO GALEGO |
|
UMHA FIGURA PRÓPRIA ESQUECIDA POLA COLONIZAÇOM
O investigador José André Lôpez Gonçález apresenta um estudo em que patenteia que a Galiza, como outras naçons nom espanholas do Estado, tinha umha figura própria nas festas do Natal. Chama-se 'APALPADOR' e a sua tradiçom ainda vive entre os mais velhos das serras de Lóuçara, o Caurel e o Zebreiro. Confirma o que tantos suspeitavam -a existência dumha tradiçom banida polo cristianismo e logo polo consumismo natalício- e anima à recuperaçom do nosso natal pré-cristao. Umha boa tarefa para o movimento popular.
Nas décadas de 80 e 90, alguns investigadores pudérom falar com idosos destas serras, que transmitiram a sobrevivência do Apalpador. Este homem de boina, casaco esfarrapado e remendos, vivia nas devesas a fazer carvom, e descia às aldeias em 31 de Dezembro para alimentar os meninhos e meninhas.
Relaciona-se com vários cultos típicos dos povos indoeuropeus, como é o culto ao sol (a natureza que se regenera no Inverno) ou ao javarim (carne da que se alimentava o pessoagem), e premiava aliás o bom comportamento das crianças, deixando-lhe castanhas.
Trata-se, segundo o investigador, 'da versom moderna dum deus milenário correspondido com o sol, propiciador das boas colheitas.'
Porvavelmente, em épocas recuadas o culto celebraria-se em 25 de Dezembro, mas pressionado polo cristianismo e o dia de reis, passou ao dia de Santo Silvestre.
Hoje que as nossas festas nom som mais que um pretexto para acelerar a maquinária irracional do consumismo que estraga o meio e as culturas, a recuperaçom das figuras da nossa história pode ser um arma fundamental para erguermos festas realmente nossas e populares longe do mercado. Os movimentos que defendem a causa da Galiza já têm umha importante tarefa pendente para anos próximos: popularizar o apalpador e começar o desterro das figuras que patrocinou o imperialismo cultural.
Podedes descarregar o estudo picando aqui
|
|
|
|
|
|
|
|
|