O Concello de Teo e a Asociación Lúa Chea anunciou esta mañá nunha rolda de prensa os grupos que participan este ano no festival Música na noite. Serán dúas noites de grandes concertos cunha noite adicada ó rock e ó pop, a do venres e unha ó folk, a do sábado.
O venres a organización apostou por Siniestro Total , Snatch , Toleada e Deseqilibrio Mental . O sábado estarán Bonovo , Pradairo e Festicultores Troupe . Segundo explicou Carme Hermida, concelleira de Cultura “cando se deciden os grupos pensamos en traer a Teo grupos de referencia pero tamén pensamos en colocar grupos de Teo no panorama musical”. Deste xeito parte do cartel de Música na noite ten unha importante vinculación co municipio.
A titular de Cultura destacou que “a nosa intención cando decidimos colaborar na recuperación de Música na noite como festival de referencia era volver a convertelo no que foi e cos grupos deste ano damos un salto definitivo”.
O festival celébrase coma todos os anos no campo de San Domingo en Calo e haberá carpa por se chove, unha ampla zona de aparcadoiro e un espazo para acampar. Hai que destacar que o acceso ó recinto é de balde. Carme Hermida explicou que unha das novidades desta edición é “a posta en funcionamento dun servizo de monitores que atenderán ós nenos/as, facilitándolle ós pais e nais o desfrute do espectáculo”.
Pola súa banda Xoán Carlos Portos, representante da Asociación Lúa Chea, agradeceu “o apoio institucional e de casas comerciais que permite a realización dos concertos”. Portos tamén lembrou que no recinto “haberá moeda propia, as lúas, e que funcionarán postos de comida e bebida cun prezo moi razoable”.
Música na noite é unha iniciativa da asociación Lúa Chea de Calo que se remonta ó ano 86. Daquela realizáronse 10 edicións sen ningún apoio institucional e polo festival de Calo pasaron os grupos máis importantes do folk galego. A falta de apoio público fixo que no ano 97 deixase de realizarse. O Concello de Teo decidiu no ano 2008 apoiar a volta desta cita do panorama musical en Galicia, pero mantendo o papel da asociación Lúa Chea.
Tradicionalmente había só un día de concerto con música de raíz tradicional. Nesta segunda etapa o festival reinvéntase coa inclusión doutro tipo de música e a celebración de dous días de festa, cos que se poida chegar a un público máis amplo.
Ademais do Concello colaboran con esta iniciativa a Deputación da Coruña, a Radio Galega e firmas como SuperBock e a Casa das Crechas.
Dado o interese etnográfico do libro EL TRAJE REGIONAL DE GALICIA, de Nieves de Hoyos Sancho, promovemos a segunda edición deste valioso traballo para espallar máis o coñecemento do noso traxe tradicional e debido a que era case imposible conseguir libros da primeira edición do ano 1971.
Coa autorización do Consello Superior de Investigacións Científicas para o Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol.
O libro vai corrixido, manténdoo en lingua castelán, con resalte das palabras galegas e un pequeno vocabulario ao fin, e leva 24 laminas en b/n e patróns de pezas, total 112 paxinas.
se queredes algún exemplar, podédelo solicitar ao enderezo electrónico etnograficodasmarinas@gmail.com, enviándonos o voso enderezo, o custo de cada exemplar é de 30 euros mais gastos de envío. non se vai comercializar en librerías e a súa tirada é de tan so 500 exemplares.
Entre los días 26 de abril y 2 de mayo se celebrará en los ayuntamientos de Ourense, Barbadás, Xunqueira de Ambía, Nogueira de Ramuín y a Peroxa la quinta edición del Festival Internacional de Folclore Xuvenil “Queixumes dos Pinos”.
En el festival, que cuenta con el patrocinio del Xacobeo 2010, participarán entre 1.500 y 1.600 bailarines pertenecientes a diez grupos folclóricos extranjeros – Bulgaria, Italia, Lituania, Portugal, Rumanía, Rusia y Serbia – y entre 30 y 40 colectivos de toda Galicia y España.
PROGRAMA
26 de abril
Llegada de todos los grupos participantes a Ourense.
27 de abril
20:30 – Gala de Apertura del Festival en el Salón de actos de la Escuela de Artes Escénicas de Ourense
28 de abril
11:00 – Recepción oficial por el Presidente la Diputación de Ourense
12:00 – Recepción oficial por el Alcalde de Ourense
19:00 – Animación en grupo por las calles céntricas de A Peroxa
19:30 – Gran Gala del Folclore Internacional.
29 de abril
19:30 – Desfile de animación por el centro de Barbadás.
20:00 – Gran Gala del Folclore Internacional (Parque dos Patos de Barbadás)
20:00 – Desfile animación por el centro de Xunqueira de Ambía
20:30 - Gran Gala del Folclore Internacional en Xunqueira de Ambía
22.30 - Café teatro Xesteira Música del mundo
30 de abril
10:30 Gala Infantil (Primaria) en el Auditorio Municipal de Ourense
11:00 Gala Infantil (Secundaria) en el Auditorio Municipal de Ourense
19:00 Desfile e Animación por las calles céntricas de Nogueira de Ramuín
19:30 Gran Gala del Folclore Internacional en Nogueira de Ramuín
22:30 Gran desfile de las farolas por la tolerancia entre los Pueblos en el centro de la ciudad de Ourense
23:30 Músicas del Mundo en el Café Teatro Xesteira
00:30 Fiesta Intercultural Xuvenil en el Café Teatro Xesteira
1 de mayo
11:00 – Sesión Infantil de Folclore Galego en Parque A -6 Angelita Paradela de Ourense
12:00 – Animación en Feria Gastronómica en la Plaza Mayor de Ourense
13:00 – Sesión de Folklore Gallego en Parque A -6 Angelita Paradela de Ourense
14:30 – Comida campestre al estilo de las romarías tradicionais en Parque A -6 Angelita Paradela de Ourense
16:00 – Continuación sesión de Folklore Gallego (Grupos Xuvenís e Sénior) en Parque A -6 Angelita Paradela de Ourense
18:30 – Sesión Folklore Internacional en Parque A -6 Angelita Paradela de Ourense
22:00 – Cena oficial de directores e directivos en Ourense
22:30 – Gran Fiesta del Mundo do Folclore en Ourense
2 de mayo
12:00 – Desfile Animación en la Feria de Artesania en centro de la ciudad de Ourense.
12:30 – Exhibición Folclórica Mundial en la Plaza de Santa Eufemia de Ourense.
13:30 – Acto ecuménico en la Catedral de Ourense.
14:15 – Fotografía oficial en la escalinata de la Catedral de Ourense.
17:30 – Gran gala de Clausura en el Café Teatro Xesteira.
Poderán presentar a súa solicitude os artistas e compañías profesionais e amaters das seguintes categorías
artísticas:
- Música - Circo - Pasarrúas - Exhibicións - Monicreques - Teatro - Cabaré - Performance - Outros -
2. - OBXECTO
A contratación por parte do Festival Reperkusión as actividades que sexan de interés cultural para ser realizadas
no festival cós criterios de seleción que se establecen.
3. - PRAZOS
O prazo de presentación de ofertas para a programación do ano 2010 será o seguinte:
Ata o 1 de Xuño do 2010.
4- CONDICIÓNS
Reperkusión ofrece ós artistas e/ou compañias selecionados:
- Ata 1000 euros + I.V.E..
- Bonos para o festival
- Bono para acampada
5.- SELECCIÓN
A seleción realizarase tendo en conta os seguintes criterios:
a) A súa idoneidade para o Festival, a súa orixinalidad e a súa capacidade pàra sorprender.
b) O valor artístico e cultural da actividade ou representación.
c) A capacidad para captar nuevo público.
d) As condición técnicas esixidas.
e) A capacidade de adptación do espectáculo a rúa e a espazos abertos
6 – DOCUMENTACIÓN E SOLICITUDE
Documentación Necesaria:
- Ficha artística e técnica da actividade.
- Sinopse da actividade -incluindo duración- e breve historia da Formación (máximo 25 líñas)
- Currículum vitae o dosier da formación ou solista.
- Video en directo (imprescindible)
- 4 fotos en formato jpg de alta resolución (mínimo 300 p.p.p.) e tamaño mínimo de 20 a 30 cm.
(ancho - alto). As fotos presentadas serán as utilizadas para a promoción e a publicidade do espectáculo
seleccionado.
- Grabación de 5 minutos do programa que a formación considere máis representativos da obra.
- Grabación completa do programa (opcional)
- Outros soportes publicitarios: Dosier de prensa, DVD, programas de man, folletos, carteis, etc. (opcional)
Envío de solicitude
- Entrega en persoa ou por correo certificado ás oficinas de:
Fankani Producións S.L. :
Rúa Nogueira de Conxo, 21
C.P.15706 – Santiago de Compostela ( A Coruña).
- Por e-mail adxuntando os links necesarios a:
info@reperkusion.comEsta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, precisa ter Javascript activado para poder vela
O vindeiro sábado 8 de Maio, a asociación cultural e deportiva RAIOLO, cerebrará o IV serán de música tradicional, no que contaremos con varios grupos, para amenizarnos a xornada.Os grupos convidados son:
O REGATO MATAMULLERES de Callobre
C.C. A PONTE VELLA de Reis
BANDA BROA
OS GHARATUXAS de San pedro
OS ESFOLLADORES de Il...lobre
Asociación cultural e deportiva RAIOLO de San Xulián
E como ven sendo tradicional, ese día teremos churrascada, para pasar unha noite de troula!!
O prezo das entradas para o churrasco, é de 6€ para os nenos ata 10 anos, e de 12€ a partir de 10 anos.Poderanse recoller as entradas no Bar Barreiro de San Xulián de Sales, ou poñendose en contacto no número de teléfono da asociación.
A data límite para recoller as entradas, será o Sábado 1 de Maio.
Estades todos convidados a pasalo ben, e a desfrutar da nosa música!!!
BASES IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2010
Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 8 e que cumpran os seguintes requisitos:
Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas
(sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).
Cada asociación só poderá participar cun grupo.
Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).
O concurso celebrarase o
DOMINGO 23 DE MAIO ÁS 19:30 H. NO AUDITORIO.
PREMIOS:
Primeiro 900 € e trofeo
Segundo 450 € e diploma
Terceiro 300 diploma
Premio do Público
A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)
Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición
A asociación A Regionalista vén realizando en colaboración co programa Luar da RTVG diferentes homenaxes aos nosos transmisores, aqueles que, de forma desinteresada, nos amosan un modelo de vida hoxe en decadencia. A finalidade destes pequenos tributos é salvagardar e dar a coñecer a sabedoría, verbo da cultura popular, que ofrece o paso dos anos e a experiencia vital.
A nosa intención é realizar unha pequena mostra, a modo de pincelada, amosando o máis destacado da cultura popular do país en canto a: música, ritmo, formación, estrutura, coreografía, acompañamento, vestimenta,… Cómpre especificar que debemos ser moi conscientes de que calquera interpretación-tradición sacada do seu contexto orixinal e levada a un escenario sofre unha modificación notable. Desde o momento en que lles estamos a presentar unha danza aos espectadores desfiguramos e desvirtuamos a realidade; só conseguiremos achegarnos á mesma procurando unha aproximación o máis fidedigna posible do que ocorría nestas manifestacións socioculturais.
No contexto televisivo cómpre ter en conta que nos temos que adaptar a unha programación onde o tempo se reduce cuantiosamente. En escasos 5 minutos realizarase un breve contacto cos informantes a modo de presentación -normalmente atópanse nerviosos pola situación- e deseguido ten lugar a interpretación da danza pensada para ese momento.
A finalidade destes actos televisivos é dedicarlles un espazo aos nosos maiores para lles agradecer publicamente o labor de trasmisión oral que nos amosan e sobre o que se sostén o folklore do país conformando os piares necesarios para a pervivencia da cultura tradicional.
Se queredes saber mais sobre estes homenaxes podedes entrar no enlace de A Regionalista.
A asociación cultural CHINGUILIPÉ coa axuda de “O arrieiro” organizamos un magosto cheo de música tradicional, comida e festa.
Será o venres 13 de novembro na carballeira de Moraña a partir das 21:00h contaremos cunha carpa para acollervos a tod@s en caso de mal tempo.
Teremos castañas asadas, churrasco, viño, cervexa e refrescos. E pola parte musical, convidamos a todos os que saibades tocar, cantar ou bailar, para facer festa ata que o corpo aguante. Para toda a xente que veña a tocar, cantar, bailar... a comida e a bebida serán de balde!!. Os que non queirades ou saibades tocar podedes asistir e simplemente desfrutar da comida, bebida, música e do ambiente.
Tocas algún instrumento?, cantas ou bailas?. Simplemente quérelo pasar ben?, ACUDE!
A ASC FOGO FATUO de Rianxo comprácelle informarlles da celebración do II Certame-Concurso de Música Tradicional que se celebrará o 21 e 22 de novembro nas modalidades de Gaita e Pandereta, respectivamente.
A Asociación Cultural A Regionalista, edita un novo libro.
Desta vez tratase da biografía de Don Gervasio Salgueiro Estévez, un músico exemplar da comarca do Ulla, seguindo así coa homenaxe que A Regionalista lle quería facer a este señor tan entrañable.
Este libro vendeuse no día da homenaxe, o pasado 5 de setembro, pero sigue a venda en distintos puntos.
Si alguén está interesado, que non dubide en poñerse en contacto con nos.