FALAR POR FALAR!!!





Quen son eu?
falarporfalar@gmail.com
 CATEGORÍAS
 VISITA ÓS MEUS AMIGOS
 CHEIRA CAN
 CHEIRAR NOS BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Banksy

O outro día vendo un programa de TV deses de preguntas, non me lembro moi ben pero creo que era "Saber y Ganar", fixeron unha pregunta sobre unha das obras de Banksy. A verdade e que a min este artista capturoume hai uns anos cando o descubrín casualmente navegando pola rede y vin unha das súas obras. Dende ese mismo momento fíxenme un seguidor deste artista porque ten un aurea de misticismo que captura a calquera e sobor de todo pola súa obra.
















Banksy naceu en Bristol no ano 1974 e é famoso polos seus grafitis ainda que noitos digan que o que él fai non son grafitis. Os seus estarcidos con plantillas fixéronse populares o ser visibles en varias cidades do mundo, especialmente en Londres, pero tamén ten debuxos mois bos, sempre coa crítica social como fondo.



Banksy oculta a súa identidade real á prensa xeral. Moitos periódicos apuntan a que o seu nome podría ser Robert Banks o Robin Banks, pero este rumor podría ser debido a partires de unha broma pola similitude fonética entre o nome "Robin Banks" e "robbing banks" ("robando bancos" en inglés). A verdade e que existen por ahí varias fotos onde se mostra o seo rostro ainda que él sempre o nega.

Guardian Unlimited foi unha das poucas persoas en entevistalo cara a cara e o descrebe como "unha mezcla entre Jimmy Nail e o rapeiro inglés Mike Skinner". Presentouse en vaqueiros e unha camiseta con un dente de prata, unha cadea de prata e un arete de prata.

Iniciou a súa obra nas rúas de Bristol entre 1992 e 1994. No ano 2000 organizou unha exposición en Londres e despois de isto plasmou as sús pintadas en cidades de todo o mundo.

Banksy utiliza o seu arte urbano para promover visions distintas aos dos grandes medios de comunicación. Esta intención política detrás de seu chamado "dano criminal" pode estar influida polos Ad Jammers (movemento que deformaba imaxes de anuncios publicitarios para cambiala mensaxe).


Banksy tamén traballa cobrando para organizacións benéficas como Greenpeace e para empresas como Puma, MTV,etc... e vende cadros hasta por 25.000 libras en circuitos comerciais ou na galería de seu axente, Steve Lazarides. Un xogo de obras de Banksy vendeuse na casa de puxas Sotheby's por 50.400 libras. Isto levouno a ser acusado de vendido por outros artistas e activistas.

Hay varios temas que se repiten na obra de Banksy: ratas, oportunidades de foto (lugares típicos onde os turistas desexarían facer unha foto sin pintadas), soldados orinando, policías, etc.

























En Agosto de 2005 Banksy realizou murais sobre o Muro de Cisjordania construido por Israel nos territorios ocupados de Cisjordania (concretamente en Belén, Ramala e Abu Dis).













































Banksy tamén é coñecido por introducirse disfrazado en famosos museos de todo o mundo para colgar algunhas das súas obras de maneira clandestina. De este modo colocou obras súas en:

* A Galería Tate Modern de Londres
* O MOMA (Museum of Modern Art), Museo Metropolitano de Arte
* O Museo de Brooklyn
* O Museo Americano de Historia Natural de New York
* O Museo Británico de Londres. En este último caso, en Maio de 2005, colgou unha pintura rupestre de aspecto primitivo que mostraba unha figura humana entre animaies salvaxes empurrando un carro de supermercado que estivo varios días exposto sin que ningén se dera de conta.
























































































































Comentarios (0) - Categoría: Fotografía e Pintura - Publicado o 13-05-2008 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Dorna
A dorna é unha embarcación de pesca típica das Rías Baixas de aproximadamente 4,50 metros de eslora e 1,50 metros de manga, coa proa redonda que sobresae da cuberta, a popa chata e pequena e quilla pronunciada. Evoluciona cunha única vela de relinga (ás veces se lle pon un pequeno foque usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á cana e o mariñeiro ás drizas, que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.

Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo sueco Staffan Morling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na ría de Arousa, este tipo de embarcación podería ter unha procedencia viquinga, debido ás similitudes formais cos drakkar. Segúndo esta teoría a dorna toma recursos formais e constructivos dos navíos viquingos, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar Santiago de Compostela durante a Alta Idade Media, con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), roda de proa sobre a cuberta, bañeira aberta, etc.

A dorna é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó tingladillo coas táboas da obra viva xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de escarva ou calime"). As cadernas sobresaen da cuberta, formando toletes ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con espello), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de liñas. Leva un timón de grande tamaño, que actúa que se prolonga por debaixo da quilla actuando como orza, gobernado mediante unha cana de madeira dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da estampa de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor foraborda.

Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:

* A dorna de tope. Variante típica da zona do Barbanza. Leva as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope. Reduce a resistencia do mar á costa dunha maior facilidade para que se abran as táboas ó sol. Precisa dunha execución moito máis "fina" para que as táboas teñan a medida exacta e solen ser as dornas de menor tamaño.

* A dorna polbeira. Usada para ir ás luras e ós polbos dentro da ría, é a tipoloxía máis común nas rías galegas.

* A dorna Meca Variante de maior tamaño típica da zona do Grove. O seu maior tamaño obedece ó uso desta tipoloxía, con maior frecuencia, en mar aberto e máis batido, e en zonas nas que existen fortes correntes mariñas.

* A dorna tramalleira. Variante usada para a pesca con artes de tramallo.

* A dorna ou lancha xeiteira. A Xeiteira é unha embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto máis aló da bocana da ría, onde se faena con rede de pesca ao xeito para a captura de sardiña, xurelo e bocarte. A xeiteira, dada a súa forma de construción, pode non considerarse unha dorna.







































Ramón Cabanillas: Vento Mareiro, 1921 Mariñeira

Leste duro Mar bravo.
Curiscadas da choiva.
A noite vai rubindo
cabaleira na sombra.

As fortes ás tendidas,
inquedadas, sin rumbo, silenzosas,
levadas polo vento
déixanse i as gaivotas.

Salseada e batida das escumas,
de lombo en lombo das hinchadas olas,
a vela a catro rizos, bolinando,
coa quilla ó descuberto, vai a dorna!

A dorniña pulpeira
durmirá mar afora...
O patrón unha man aferrollada
na caña do timón, outra na escota,

Leva os ollos chantados
nos cons ergueitos da lonxana costa.
Ferve o mar. Brua o vento...
¡Probe da dorna!

Un refacho asubiante
abate a verga e tronza o palo, as cordas
estalan, e un instante ábrese a vela
e cai a plan no mar...

Galgan as olas
ouvenando roncas, como cans famentos
en asalto dos cons...
¡Probe da dorna!





Comentarios (2) - Categoría: O mundo naútico - Publicado o 28-04-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Count Basie, 24 anos dende o seu pasamento
Hoxe cúmprense 24 anos do pasamento dun dos grandes do Jazz por mor dun cancro, Count Basie. Os amantes deste tipo de música debemos todos recordalo no día de hoxe e dende aquí vai a miña pequena homenaxe.

Quén foi Count Basie?

En realidade, o seu verdadeiro nome era William Basie. Naceu en Red Bank (New Jersey) o 21 de Agosto de 1904 e morreu nun día como hoxe, 26 de Abril de 1984 en Hollywood. Count Basie foi director de big band e pianista estadounidense de jazz, un dos mellores.

Trátase dun dos músicos de jazz mais populares da historia vinculado prácticamente durante cincuenta anos á dirección dunha big band de importante influenza en determinados rexistros estilísticos do jazz asociados principalmente ó swing e a súa corrente máis tradicional.

Count Basie era fillo de músicos. O seu pai, Harvie Basie, tocaba o melófono e a súa nai, Lillian (Childs) Basie, era pianista. Recibiu dela as súas primeiras leccións así como dos pianistas de “Stride” de Harlem, especialmente de Fats Waller.

O seu primeiro traballo profesional consistiu en acompañar a intérpretes de vaudevil e en formar parte dun grupo musical que se formou en Kansas City en 1927. Tras traballar tamén nunha productora de películas mudas uniuse ós Walter Page's Blue Devils en Xullo de 1928. O vocalista do grupo era Jimmy Rushing.

Count Basie abandoa a banda a comenzos de 1929 para tocar con outras orquestras entre as que estaba liderada por Bennie Moten. Trala morte de éste en 1935, Basie traballou durante un tempo como solista antes de formala súa propia orquestra, inicialmente chamada “Barons of Rhythm”, á que se incorporaron moitos antigos membros da banda de Moten como Walter Page (baixo), Freddie Green (guitarra), Jo Jones (batería) e Lester Young (saxofón tenor). Jimmy Rushing convirtiuse no cantante. O conxunto consigue establecerse no “Reno Club” de Kansas City e empezou a darse a coñecer a través da radio.

O xornalista e productor John Hammond, tras escoitalos, recomendoullos a varios axentes e compañías discográficas. Como resultado delo, a orquestra marchouse de Kansas en 1936 e firmou un contrato co “Grand Terrace” de Chicago tralo cal seguironlle concertos en Buffalo e Roseland en New York. A súa primeira grabación foi en Decca Records en Xaneiro de 1937. Regresou a Chicago e logo ó Ritz Carlton Hotel de Boston. A súa grabación de "One O'Clock Jump" convirtiuse no seu primeriro tema nas listas de éxitos en Setembro de 1937 e máis tarde tras convertirse no seu tema máis popular foi incorporado ó Grammy Hall of Fame.



O regreso de Basie a New York tivo lugar no ano 1938 no clube “The Famous Door” que constitueu todo un éxito para a orquestra. No invierno de ese mesmo ano "Stop Beatin' Round the Mulberry Bush", cantado por Rushing, entrou no Top Ten dos éxitos.

A comenzos de 1939 estivo en Chicago tras cambiar de compañía discográfica, de Decca a Columbia Records, e logo marchouse á Costa Oeste.

A comenzos dos cuarenta realizou extensas xiras polo país que duraron ata a entrada de Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial en Nadal do ano 1941, a partires do cal os movementos reduxéronse. Durante a súa estanza na costa oeste participou coa súa orquestra en cinco películas, todas elas realizadas en 1943: “Hit Parade of 1943”, “Reveille with Beverly”, “Stage Door Canteen”, “Top Man” e “Crazy House”. Obtivo tamén numerosos éxitos musicais tanto no ámbito de pop como do rhythm and blues: "I Didn't Know About You", "Red Bank Blues", "Rusty Dusty Blues", "Jimmy's Blues" e "Blue Skies". Tras cambiar outra vez de discográfica a RCA Victor Records en 1947 obtivo varios éxitos con temas como "Free Eats", "I Ain't Mad at You (You Ain't Mad at Me)", "One O'Clock Boogie", "Open the Door, Richard!", etc.

A finais dos cuarenta desfixo a súa orquestra nun contexto de declive xeral para as big bands e decidiuse durante un tempo por grupos pequenos. En 1952, sen embargo, volveu formar unha big band con vistas á realización de xiras fora do país. En 1954, no mismo ano en que se lle uniría o cantante Jimmy Williams, que estaría con él ata o 1960, tocou por exemplo na Escandinavia. Con Williams publica en 1955 un dos seus títulos máis renombrados, Count Basie Swings - Joe Williams Sings (Clef Records) do que o tema "Every Day (I Have the Blues)" obtería un formidable éxito alcanzando os máis altos postos nas listas e entrando no Grammy Hall of Fame. Tivo tamén un grande éxito en 1956 a súa versión instrumental de "April in Paris".



Entre finais dos anos cincuenta e primeiros sesenta consegue diversos premios e nominacións nos Grammy. En 1962 Basie firmou coa nova compañía de Sinatra, Reprise Records e grabou con él "Sinatra-Basie" que entrou na lista dos Top Five a comenzos do 1963. Todos estes éxitos populares alexaron a Basie do jazz ó longo de toda a década dos sesenta, sen embargo a finais da mesma retomou o xénero con distintos discos con cantantes como Ella Fitzgerald (Ella and Basie!, 1963), otra vez Sinatra (It Might as Well Be Swing, 1964), Sammy Davis, Jr. (Our Shining Hour, 1965), the Mills Brothers (The Board of Directors, 1968) e Jackie Wilson (Manufacturers of Soul, 1968).

Dende comenzos dos setenta empezou a realizar xiras fora e dentro do seu país e firmou coa compañía Pablo Records na que estaría ata o final da súa vida e coa que grabaría unha ampla variedade de discos que alcanzaron múltiples premios e nominacions ós Grammy. A mediados dos anos setenta a súa saude empezou a deteriorarse tras sufrir un ataque ó corazón en 1976. O 26 de Abril de 1984 morre por mor dun cancro.

Discografía:

1952: Count Basie/Lester Young - Live at Birdland (Jazz Panorama)
1954: Count Basie Big Band (Clef)
1954: The Count Basie Sextet (Clef)
1955: April in Paris (Verve)
1955: Count Basie Swings -- Joe Williams Sings (Verve)
1955: Lester Leaps In (Epic)
1956: Live in Basel ((Jazz Helvet)
1956: Basie Bash (Columbia)
1956: Basie Rides Again! (Clef)
1956: Basie Roars Again! (Clef)
1956: The Swinging Count (Clef)
1957: Count Basie at Newport [live] (Verve)
1957: Atomic Mr. Basie (Roulette)
1958: Chairman of the Board (Roulette)
1958: Basie Swings, Bennett Sings (Roulette)
1958: The Atomic Band in Concert [live] (Bandstand)
1960: String Along with Basie (Roulette)
1960: Benny Carter's Kansas City Suite (Roulette)
1961: Basie at Birdland (Roulette)
1962: Count Basie in Sweden (Roulette)
1964: "Sinatra & Basie - It might as well be swing"
1966: Basie's Swingin', Voices Singin' (ABC)
1966: Basie's Beatle Bag (Universal/Polygram)
1975: Basie & Zoot (Pablo/OJC)
1977: Basie in Europe [live] (LRC)


Vai por ti, maestro!!!

http://www.countbasie.com/
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 26-04-2008 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A puta gripe
Bueno pois vamos a escomenzar neste blog falando do que case que todo o mundo está a falar nestes días, a gripe, ou mellor dito a puta gripe.

Esta época do ano é cando todos andamos co paquete de klinexx, os caramelos da gargarta e o frenadol no peto. As voces da xente parecen máis roncas e nalgúns casos máis interesantes. Hai xente que desexaría estar resfriado todo o ano porque pónselle unha voz de locutor/locutora de radio que teñen o seu aquel.

A min a gripe non me fai nada de gracia. Por iso o da puta gripe. Este ano xa "caín" duas veces. A primeira incluso obrigoume a gardar cama pero nesta segunda vez vouno levando algo mellor inda que non me fio xa que non me librei dela todavía a pesares de que xa levo unha semana. Non podrían inventar os listos de turno unha pírula que con unha soa dose nos curara a gripe de golpe? Sería fantástico, non sí? O problema é que.... cántas pírulas, sobres, brevaxes e demáis deixarían de vendernos eses mismos laboratorios. Non compensa, mellor pouco a pouco e así o negocio é máis grande. Dende aquí ofrezco un euro da miña facenda o que descubra tal mediciña.

A verdade é que coa experiencia dos anos vamos sabendo que a gripe é unha enfermidade que nos avisa. Só temos que mirar o noso redor, ver ós que nos rodean para saber que ven a por nos. Temos duas opcións para librarnos dela, coller un billete de avión para unha das illas maravillosas que hay polo mundo ou ir directamente a botica e equiparnos cos nosos medicamentos favoritos. Cada un ten os seus, por exemplo, eu tomo Xumadol. Outros toman Gripal, Frenadol, Stopcold, etc..... Sempre dicimos, é que a min vaime mellor!, pero home, non sabes que todos son o mesmo? Cambia o laboratorio onde o fan pero o principio é o mesmo, só cambia a concentración.

Pois dende aquí unha aperta e o meu desexo de que melloredes/melloremos os que estades/estamos coa puta gripe e a poñerse ben que o Verán xa está na volta da esquina e temos que disfrutalo.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 25-04-2008 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Empeza....... O meu blog!!!
Bueno, pois xa está!

Dende hoxe estou dentro do mundo virtual de internet, xa formo parte do sistema de redes, xa teño a miña xanela aberta ó mundo, XA TEÑO O MEU PROPIO BLOG!!!!! XA SON UN HOME!!!!

Despois de moito tempo dándolle voltas á idea e despois de visitar os blogs de outros por fin hoxe decidinme a crear o meu propio. Dende aquí expondrei os meus pensamentos, gustos, afeccións e o que pola miña cabeciña tola me vaia pasando. Tratarei de temas varios e sen censuras, políticamente correctos ou incorrectos, en galego, castelán, inglés...... no que se me ocurra.

Publicarei textos propios ou alleos, poesías, fotos, artigos de periódicos, entrevistas, etc..... cousas que me sorprendan e que me impacten. Darei a miña propia opinión dendo o meu máis que "subxectivo" punto de vista.

Estades todos convidados a deixar a vosa opinión.
A partir de hoxe empeza............ O MEU BLOG!!!!

Así que xa sabedes, a falar por falar.
Comentarios (13) - Categoría: Artigos - Publicado o 24-04-2008 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
"Se o que vas a decir non é mais fermoso que o silencio non o vaias a decir"


Vilagarcía de Arousa - GALIZA