|
|
|
|
|
|
| FELIZ ANO NOVO! |
|
Ola galeguiños e galeguiñas!Eu só quería desexar feliz ano novo ao todo o curso de língua galega!
Esperemos que este ano sexa un pouco mellor para todo o mundo!
Eu teño moitas gañas de volver a terras galegas! Xá queda menos`para o mes de xullo!
Bo, nada máis, próspero ano novo 2009!!!!!!!
Biquiños.
María Xesús. |
|
|
|
|
| MOI BOAS!!!!!!!!! |
|
Acá María Xesús de Cáceres!Ola pequenos e pequenas! Cómo imos? Espero que ben.Eu si!
Estudo agora en Granada.Eu cambiei de cidade. Quería vivir en Santiago pero a universidade galega non ten estudos de Antopoloxía!
Acá, en Granada ben, en proceso de adaptacion. É unha boa universidade.
Eu teño morriña galega e moitas ganas de volver a Compostela. Fue unha experiencia moi positiva para min en todos os aspectos. Pola miña cabeza ainda está estudar e traballar alá ainda que sou consciente que é unha situación moi difícil.
Nada máis.Moitos bicos para todos e sorte cos vosos estudos e traballos.
María Xesús.
|
|
|
|
|
| Unha imaxe para o galego |
|
Ola, xentiña!
Atopei unha páxina web cun texto sobre un concurso fotográfico chamado 'Unha imaxe para o galego' que fixo a Xunta este ano.
Aquí vos mando os enlaces para, primeiro, a páxina co texto, e abaixo, a con todas as fotos do concurso. Para ver a gañadora (a coa pizarra que podedes ver na primeira páxina), só tendes que facer clic na miniatura.
Que vos guste :)
Tom |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Choiva en Petersburgo |
|
Ola a todos!
Xa pasou a primeira semana fora de Santiago...
Non cambiou moito: aquí tamén chove e nos meus pensamentos sigo en Galicia. Estou de acordo con Tom - este xullo foi o mes máis intenso do último medio ano (menos o mes dos exames na universidade, claro:)). Pero boto moitisimo de menos a vós, a cidade de pedra, os bares con licor-café, e se non fose polo visado, aprazaría a volta a Rusia. Teño un período un pouco melancólico agora...
A viaxe á casa foi máis ou menos...a amabilidade galega acompañounos ata o aeroporto, pasamos por sorte sen sobrepeso. Pero no vo Madrid - Petersburgo foi difícil - todos louros e ninguén falou galego)
Chegamos cedo pola maña, dormin todo o día e despois, a primeira cousiña que fixen en Rusia, fun cortarme o pelo. Agora teñoo curto))
Na foto vedes un lago nas aforas do Piter (así chamamos Petersburgo aquí), preto do campamento de verán onde fun a traballar 2 días facendo bonecas de tea cos nenos.
Estes días intento poñer no orden o que deume o aire galego: estou arranxando as 3,5 Gb de fotos (vou poñer algunhas no blog), folleando os manuais e diccionarios, e ademais lendo Made in Galiza, que me encanta. Estou fascinada pola creatividade coa que Sende atopa tantas maneiras distintas de espresar a sua idea de galego! E gústanme un mogollón os xogos de palabras! :) Cando remate, intentarei escribir un pequeno resume do libro.
Tamén penso facer un pequeno guía alternativo de Santiago divertido feito por xóvenes para xóvenes (festas, bares, prazas pola noite...). É unha proposta para todos. Ana e María, pois algun día poderedes facelo parte dos materiais do curso)))Penso voltar a Santiago para recoller máis material o ano próximo!
Bueno, para rematar, quería dar as grazas ás profes e aos demais por ofrecerme companía tan agradabel e por axudar facerme unha das pouquiñas persoas en Piter que falen galego!
Todos quedades convidados a Rusia, xa tedes unha guía persoal e, se non vides todoa á vez, unha cama))
“Eu nunca serei yo”,
Quérovos moito,
bicos,
Daxa
|
|
|
|
|
| En Croacia... |
|
Ola a tod@s!
Estou “en Croacia”. :-)) Despois de Compostela, fomos Deni e eu a Barcelona (e Andorra) e agora, ao regresar (eu con 25 kg só de equipaxe de mano!?), quero escribirvos algunhas palabras… Ademais, non escribir aos amigos do curso de galego seguro que se considera de moi mala educación e leva ao menos 7 anos de mal sexo, e non quero arriscar. :-)
Crades ou non, pero falei galego en Barcelona! Si, galego, non catalán. Unha noite paseabamos Deni e eu polo Port Olímpic e vemos un restaurante galego. Achegámonos para ver a carta e o dono convidounos dentro, díxonos que se comía ben… Díxenlle: “Graciñas, pero imos ver.” Sorprendeuse e díxonos: “Se sodes composteláns, podedes comer gratis.” É obvio que falei moi pouco se un falante nativo pensaba que eu era galega. :-))), pero Ana e María, como agora vivides en Compostela, cando vaiades a Barcelona, recoméndovos o restaurante galego no Port Olímpic para comer gratis. :-) Outra cousa de Barcelona que foi consecuencia do feito que botaba de menos a Compostela era cando a preguntei a unha camareira que metro coller para ir á Praza Galicia, e claro, pensaba na Praza Catalunya. A pobre mirábame en plan: “Temos Praza Galicia en Barcelona?” Despois de uns segundos doume de conta que preguntei e expliqueille que estaba acostumada a quedar cos amigos só na Praza Galicia. :-)
O último día dixéronnos que a palabra sapoconcho está desaparecendo!? Que sorte ten a lingua galega con ter a nós! :-))) Ben, non fai falta alguns agradecimentos especiais pola revitalización das palabras case mortas, basta coa nova bolsa o ano que vén. :-)
Para rematar quería axuntar unha foto sacada no centro do mundo mundial, como diría a guía no Museo do Po(l)bo Galego :-), ou sexa, na parte máis bonita de Galicia, pero na casa dos meus pais teño o Internet mais lento que Melanie :-), polo que de momento só Ana ten esa foto. Prometo poñela despois e tamén prometemos Adri e eu facer unha en Ferrol. :-)
Un biquiño dende Rijeka (en Croacia…),
Vesna
|
|
|
|
|
| Era unha vez... un vídeo |
|
Ou, dixo Vesna: "María sabe gravar". Eu, querer, quería poñer á disposición de todas e todos vós o GRAN VÍDEO. O caso é que a única opción que teño é colgalo do youtube. Ocórresevos algunha outra maneira de compartilo? Por certo: que ben falades en galego!
|
|
|
|
|
|
|
 http://www.aregueifa.net/marialado.htm |
|
|
|
|
| Dous días é un ano ao volver |
|
Entón chegei a casa en Bristol fai dous días, e xa non podo aguantar non estar en Santiago.
A experiencia convosco deu vida ao meu verán, que sen ir a Galicia sería probablemente vacío, por iso douvos a todos e a todas as gracias por facelo inolvidable.
Xa terei que escribir un texto curto sobre o curso para o boletín anual do Centro dos Estudos Galegos (o enlace está abaixo) que publica, en galego (claro!) a miña universidade en Gales. Dígovolo que vós seredes as primeiras persoas que mencionarei nel :)
Ireime para Francia en outubro e levarei conmigo os recordos deste verán que son aínda tan claros na mente que se pecho os ollos podo ver a facultade, algúns bares especiais e sobre todo as caras de todos e de todas.
Non podo esperar ata o ano que vén, pois estou agora a escribir á Xunta que me dean unha beca para unha xira mundial no nome de galego :D
Grazas por todo, e xa bótovos de menos.
Apertas,
Tom
p.s. por favor, corrixede o meu galego! |
|
|
|
|
| Si, si, si, si, si |
|
Quedei sen me despedir dalgunha de vós; fágoo agora. Xa volo dixen a todas (e todos), unha por unha e un por un: FOI UN VERDADEIRO PRACER. Grazas polos vosos diversos métodos de aprendizaxe. Aquí vos deixo esta foto de David Saymur, perfecta para resumir o significado deste mes. Non si? Unha aperta enorme. María. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|