Faladoiro


Todos somos diferentes, mais entendémonos en galego


Nós
cursodegalego@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Unha imaxe para o galego
Ola, xentiña!

Atopei unha páxina web cun texto sobre un concurso fotográfico chamado 'Unha imaxe para o galego' que fixo a Xunta este ano.

Aquí vos mando os enlaces para, primeiro, a páxina co texto, e abaixo, a con todas as fotos do concurso. Para ver a gañadora (a coa pizarra que podedes ver na primeira páxina), só tendes que facer clic na miniatura.

Que vos guste :)

Tom
Vieiros - 'Unha imaxe para o galego' fotos
Lingua de Amor - artigo 'Unha imaxe para o galego'
Comentarios (0) - Categoría: Tom - Publicado o 02-09-2008 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comentarios (0) - Categoría: A común - Publicado o 17-08-2008 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Choiva en Petersburgo
Ola a todos!
Xa pasou a primeira semana fora de Santiago...

Non cambiou moito: aquí tamén chove e nos meus pensamentos sigo en Galicia. Estou de acordo con Tom - este xullo foi o mes máis intenso do último medio ano (menos o mes dos exames na universidade, claro:)). Pero boto moitisimo de menos a vós, a cidade de pedra, os bares con licor-café, e se non fose polo visado, aprazaría a volta a Rusia. Teño un período un pouco melancólico agora...
A viaxe á casa foi máis ou menos...a amabilidade galega acompañounos ata o aeroporto, pasamos por sorte sen sobrepeso. Pero no vo Madrid - Petersburgo foi difícil - todos louros e ninguén falou galego)
Chegamos cedo pola maña, dormin todo o día e despois, a primeira cousiña que fixen en Rusia, fun cortarme o pelo. Agora teñoo curto))
Na foto vedes un lago nas aforas do Piter (así chamamos Petersburgo aquí), preto do campamento de verán onde fun a traballar 2 días facendo bonecas de tea cos nenos.
Estes días intento poñer no orden o que deume o aire galego: estou arranxando as 3,5 Gb de fotos (vou poñer algunhas no blog), folleando os manuais e diccionarios, e ademais lendo Made in Galiza, que me encanta. Estou fascinada pola creatividade coa que Sende atopa tantas maneiras distintas de espresar a sua idea de galego! E gústanme un mogollón os xogos de palabras! :) Cando remate, intentarei escribir un pequeno resume do libro.
Tamén penso facer un pequeno guía alternativo de Santiago divertido feito por xóvenes para xóvenes (festas, bares, prazas pola noite...). É unha proposta para todos. Ana e María, pois algun día poderedes facelo parte dos materiais do curso)))Penso voltar a Santiago para recoller máis material o ano próximo!
Bueno, para rematar, quería dar as grazas ás profes e aos demais por ofrecerme companía tan agradabel e por axudar facerme unha das pouquiñas persoas en Piter que falen galego!
Todos quedades convidados a Rusia, xa tedes unha guía persoal e, se non vides todoa á vez, unha cama))

“Eu nunca serei yo”,

Quérovos moito,
bicos,
Daxa

Comentarios (6) - Categoría: Daria - Publicado o 11-08-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En Croacia...
Ola a tod@s!
Estou “en Croacia”. :-)) Despois de Compostela, fomos Deni e eu a Barcelona (e Andorra) e agora, ao regresar (eu con 25 kg só de equipaxe de mano!?), quero escribirvos algunhas palabras… Ademais, non escribir aos amigos do curso de galego seguro que se considera de moi mala educación e leva ao menos 7 anos de mal sexo, e non quero arriscar. :-)
Crades ou non, pero falei galego en Barcelona! Si, galego, non catalán. Unha noite paseabamos Deni e eu polo Port Olímpic e vemos un restaurante galego. Achegámonos para ver a carta e o dono convidounos dentro, díxonos que se comía ben… Díxenlle: “Graciñas, pero imos ver.” Sorprendeuse e díxonos: “Se sodes composteláns, podedes comer gratis.” É obvio que falei moi pouco se un falante nativo pensaba que eu era galega. :-))), pero Ana e María, como agora vivides en Compostela, cando vaiades a Barcelona, recoméndovos o restaurante galego no Port Olímpic para comer gratis. :-) Outra cousa de Barcelona que foi consecuencia do feito que botaba de menos a Compostela era cando a preguntei a unha camareira que metro coller para ir á Praza Galicia, e claro, pensaba na Praza Catalunya. A pobre mirábame en plan: “Temos Praza Galicia en Barcelona?” Despois de uns segundos doume de conta que preguntei e expliqueille que estaba acostumada a quedar cos amigos só na Praza Galicia. :-)
O último día dixéronnos que a palabra sapoconcho está desaparecendo!? Que sorte ten a lingua galega con ter a nós! :-))) Ben, non fai falta alguns agradecimentos especiais pola revitalización das palabras case mortas, basta coa nova bolsa o ano que vén. :-)
Para rematar quería axuntar unha foto sacada no centro do mundo mundial, como diría a guía no Museo do Po(l)bo Galego :-), ou sexa, na parte máis bonita de Galicia, pero na casa dos meus pais teño o Internet mais lento que Melanie :-), polo que de momento só Ana ten esa foto. Prometo poñela despois e tamén prometemos Adri e eu facer unha en Ferrol. :-)
Un biquiño dende Rijeka (en Croacia…),
Vesna
Comentarios (3) - Categoría: Vesna (en Croacia...) - Publicado o 10-08-2008 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Era unha vez... un vídeo
Virxilio FerreiraOu, dixo Vesna: "María sabe gravar". Eu, querer, quería poñer á disposición de todas e todos vós o GRAN VÍDEO. O caso é que a única opción que teño é colgalo do youtube. Ocórresevos algunha outra maneira de compartilo? Por certo: que ben falades en galego!

Comentarios (0) - Categoría: María - Publicado o 06-08-2008 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

http://www.aregueifa.net/marialado.htm
Comentarios (0) - Categoría: Grit - Publicado o 03-08-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dous días é un ano ao volver
Entón chegei a casa en Bristol fai dous días, e xa non podo aguantar non estar en Santiago.

A experiencia convosco deu vida ao meu verán, que sen ir a Galicia sería probablemente vacío, por iso douvos a todos e a todas as gracias por facelo inolvidable.

Xa terei que escribir un texto curto sobre o curso para o boletín anual do Centro dos Estudos Galegos (o enlace está abaixo) que publica, en galego (claro!) a miña universidade en Gales. Dígovolo que vós seredes as primeiras persoas que mencionarei nel :)

Ireime para Francia en outubro e levarei conmigo os recordos deste verán que son aínda tan claros na mente que se eu pecho os ollos podo ver a facultade, algúns bares especiais e sobre todos as caras de todos e de todas.

Non podo esperar ata o ano que ven, pois estou agora a escribir á Xunta que me dean unha beca para unha xira mundial no nome de galego :D

Grazas por todo, e xa bótovos de menos.

Apertas,

Tom

p.s. por favor, corrixede o meu galego!
Boletín en liña do Centro de Estudos Galegos de Bangor
Comentarios (2) - Categoría: Tom - Publicado o 03-08-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Si, si, si, si, si
Quedei sen me despedir dalgunha de vós; fágoo agora. Xa volo dixen a todas (e todos), unha por unha e un por un: FOI UN VERDADEIRO PRACER. Grazas polos vosos diversos métodos de aprendizaxe. Aquí vos deixo esta foto de David Saymur, perfecta para resumir o significado deste mes. Non si? Unha aperta enorme. María.
Comentarios (0) - Categoría: María - Publicado o 01-08-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Méndez Ferrín Traducción (G. Hagen/2008)

Méndez Ferrín

Mit Kanonenpulver und Magnolien

In Compostela kann ein Mensch
zur Oboe greifen und süßestes Herze zum Wechselschritt,
sich im Gedankenmorast verlieren
(Pulsiere müdes Herz!),
sanfte Spezies spiralförmiger Pflanzen
und Genick oder Quarzsteinchen zum Kreiseln zwischen den Fingern.

Kann der blanke Stein dich
über sich erheben wie einen Krieger
zum König der Algen und alten Eichwälder ernannt.

In Compostela kann ein starker Wind
das Herz des bäuerlichen Europas erschüttern,
welches wir alle schweigend in uns tragen.

In Compostela erklingen Polonäsen,
nationalistisch, zu vielen Vollmonden,
bei durchschaubaren Augen, tot
und der bronzene Barock erhebt Vögel aus schwerem Marmor
und jawohl heult das Nabelkraut
in den Mauern des San Martín Pinario Klosters.

In Compostela, endlich,
Gesellschaften toter Gefährten
essen die Brühe der Verweigerer veranschaulichter Vergangenheit
(Ich stimme für euch: Rosalía, Pondal, Faraldo)
mit brünstigen Häuptern.

In Compostela ist was wir verloren
und es wächst in anderen, das ist das große Wunder,
(ein zartes Flämmchen, ein Lichtlein!)
aus dem Bewusstsein dieses Vaterlandes
erhalten in kleinen Herzen
glühend von sanftem Feuer, welches nicht erlischt.

In Compostela begruben sie den Samen
Xohán Xesús González genannt, die Tür zu
einer prächtigen proletarischen Zukunft,
welche mit Krawall zu uns vordringt
und es schaudert mich nur daran zu denken und es zu lieben.
In Compostela sind wir
viele schon für immer verzweifelt.
Comentarios (2) - Categoría: Grit - Publicado o 30-07-2008 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A conta atrás...

Chegou a hora de facer a maleta :-( Agardo que para vós esta viaxe fose de proveito, dende logo para nós foino. A partir de agora quedaranos este "faladoiro" para poñernos ao día e seguir descubrindo o pracer de gozar coa lingua ;-)
Comentarios (0) - Categoría: Ana - Publicado o 30-07-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
...eu fáloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dáme a gana...
Celso Emilio Ferreiro
(Deitado fronte ao mar)