[Ex Professo]


Pechado.
Pois si, boto o peche a este conato de blogue, a esta aspiración de caixón de xastre, a este proxecto interesante pero ferido de morte pola falta de constancia.

Chega un momento no que un debe rendirse ante a evidencia, e aceptar sinceiramente que non vai ser quen de manter o seu propósito.

Para que manter unha bitácora que non vou actualizar?

A resposta fica clara.

PECHADO.
(polo momento?)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2008 02:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Documental: "Venezuela Bolivariana, o povo contra a 4ª Guerra Mundial"
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2008 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2007
Un repaso en formato vídeo das mellores imaxes do 2007 coa música de Luar na Lubre como fondo, que atopei en Youtube.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2008 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O último en decoración: o teu ADN.
O diario A Nosa Terra, recolle hoxe esta curiosisima información de que unha empresa norteamericana comercializa pola Rede arte abstracto a partires de mostras de ADN ou das marcas dactilares.



Por algo máis de 350€ podes decorar o teu salón cunha obra de arte inspirada no teu código xenetico... Cando menos é orixinal.

A noticia completa está aquí.
Colga o teu ADN no salón
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2008 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Impresionante debuxante a grande escala.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fin de Ano 2007 (II): Crónica dunha decepción.
Tras unha cea familiar de fin de ano máis que digna, sen demasiada ostentación, e na que as ausencias foron notábeis (pola exigua asistencia semellabamos unha célula clandestina dalgún grupúsculo da esquerda anti-franquista) o certo é que non saín.

Din un paseo dende a casa dos meus pais, sede da xuntanza clandestina de despedida do 2007, e despois de atravesar o circo da pachanga que con carpas incluídas montaron un ano máis nas Travesas, acabei nunha parada de autobus.

Eran as 01:16 do día 1 do ano 2008. Subinme á liña nocturna 1, e grazas a ser un dos aboados da tarxeta verde do trasporte público vigués aforreime a mala ostia que produce a suba do prezo do billete normal de cinco céntimos. Hoxe en Vigo subirse nun bus custa 1'08€. En París un metro 1'50€. No comment.

O bus duplo do tipo "oruga" estaba relativamente cheo de xente, de todas as idades con predominio de caras mozas.

A viaxe até a miña casa anunciábase prolongado tendo en conta o deseño kilométrico das liñas nocturnas (e tamén dalgún mal chamado circular diurno).

No traxín de percorrer media cidade puiden facer de observador mudo dunha escena dinámica e a ratos dantesca.

Unha moza, de vintepoucos, cun móvil de última xeración, falaba a berros co seu mans libres, nun seseante español que a golpe de "oseas" e "sabes" propinou unha severa malleira ao diccionario, de calquer idioma. O certo é que en todo o que durou a viaxe non escoitei a ninguén falar no noso idioma, síntoma da grave doenza que sofre o galego en Vigo.

Un portugués de trinta largos preguntaba cantas paradas restaban até o cruce de Colón con Príncipe, destino final da meirande parte das/os pasaxeiras/os.

Ningún traxe de paiaso, pero bastante paiaso de traxe. Con garabata, mais sen mudar o peiteado "cresta" os máis modernos, "media melena estilo Aznar" os máis BorjaMarís e "cinceiro malotil" os máis lentos.

Semellaban unha procesión de caricaturas de presentadores de informativos ou de comerciais de telefonía. Total, tanto traxe novo mercado cos cartos de mamá/papá, para acabar tirados en calqueira banco co abrente, todos mamados pola barra libre de garrafón.

Minisaias que ensinaban pernas aparentemente inmunes á friaxe da primeira madrugada do ano. Bolsos inmensos ou minúsculos. Peiteados do máis variado. Chaquetóns peludos, blusas con encaixe. Escotes máis propios do solsticio de verán.

Polo que puiden ver é na noite de fin de ano cando se libra a máis dura batalla entre o Cool e o Vintage, que de derrota mutua coroan ao hortera como paradigma da modernidade.

En síntese, un episodio máis de decepción urbana pura e dura. Pois se iso é o urbano, eu xa vou buscando un sacho en Ebay.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2008 03:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fin de Ano 2007 (I): A cea.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2008 02:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Música vai... (I): Versións destacadas.
ALLISON CROWE - "HALLELUJAH" (LEONARD COHEN)


ESMEE DENTERS - "ONLY HOPPE" (MANDY MOORE)


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2007 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As túas novas
AGORA ES TI QUEN DECIDE O QUE É NOTICIA


Dende [EX PROFESSO] tes a posibilidade de envíar novas, de votar as que te parecen de interese, seguindo o modelo de sitio de novas de editorial non xerárquico como Chuza ou Menéame.

Para envíar noticias é necesario rexistrarse (de balde).

ACCEDE AQUÍ
AS TÚAS NOVAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2007 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Con vocación multimedia...
O que teño totalmente claro é que [Ex Professo] vai aproveitar o mellor da web 2.0, incorporando contidos multimedia, especialmente streaming.

Para ir abrindo boca, de maneira permanente, este blog emitirá a canle Internautas TV, adicada á informática e novas tecnoloxías e promovida pola Asociación de Internautas.

Para vela tan só tes que darlle ao play no reproductor da columna dereita, no que cada día terás acceso a un vídeo novo.

Bó proveito.
Internautas TV
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2007 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
Sen tibieza e con intención.
Blog-caixón de xastre de Xabier Pérez Igrexas sobre temas de actualidade.






Quen son?
xabiergz[arroba]gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estiveron por aquí:
coches
persoas.



Safe Creative #0712310012948



Todos os contidos e algunhas imaxes deste blog están suxeitos a unha Licenza Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual 3.0 Unported de Creative Commons.

IBSN: Internet Blog Serial Number 00-07-08-1984








© by Abertal