Ex Libris


CLUB DE LECTURA DO ENDL do IES FÉLIX MURIEL
Comparte este espazo o Club de lectura do ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame

O meu perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores do concurso de lectura en alto
Tal e como vos anunciamos hai uns días, no IES FÉLIX MURIEL celebramos un concurso de lectura en alto e mais de recitado. Xa é o 3º curso que o vimos celebrando co gallo das letras galegas e empregando textos dos autores homenaxeados. Este ano correspondeulle a Uxío Novoneyra.

DEIXAMOS OS NOMES DOS PREMIADOS

NO CONCURSO DE LECTURA EN ALTO
1º PREMIO: Adrián Mosquera Rial (2ºC)
2º PREMIO: Nerea Lorenzo Rodríguez (2ºC)
3º PREMIO: José Ángel López Pouso (2ºC)

NO CONCURSO DE RECITADO
Julián Moares Rial (2ºC)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 27-05-2010 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Celebramos o concurso de recitado e de lectura no IES Félix Muriel
Estivemos a celebrar no IES Félix Muriel durante esta pasada Semana das Letras o concurso de recitado e lectura de poemas. Un número considerable de alumnos acudiu nos recreos a declamar e ler en público textos escollidos de Uxío Novoneyra.
O concurso posuía dúas modalidades:
a) recitado de poemas de Uxío Novoneyra previamente memorizados.
b) lectura de poemas escollidos ao chou diante do público.
O xurado do concurso estivo composto por dous membros do alumnado e dous do profesorado, diferentes en cada unha das modalidades, que valoraron mediante unha ficha os diferentes aspectos que comprende a dramatización poética.
A experiencia resultou moi enriquecedora. Haberá agasallos para quen mellor demostrou as súas cualidades interpretativas en ambas as dúas categorías. O vindeiro martes vaise fallar o premio.
Dende o noso blog desexamos sorte para todos os participantes e agardamos que o éxito desta edición anime a máis alumnado para futuras edicións do concurso.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 23-05-2010 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso de lectura con poemas de Uxío Novoneyra.
Dentro de pouco,no IES Félix Muriel de Rianxo, celebrarase un concurso de lectura a viva voz con poemas de Uxío Novoneyra, cuxo verdadeiro nome foi Eugenio Novo Neyra.

Estanse a repartir os poemas polas aulas, só tedes que ensaiar un pouco e animarvos a participar que os premios son interesantes. Estade atentos e atentas ás bases, que se publicarán en breve.

Vanse establecer dúas categorías: unha para 1º, 2º e 3º da ESO e outra para 4º, bacharelatos e ciclos.

Alejandra e Fátima
Comentarios (1) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 03-05-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O lobishome de Candeán de Paula Carballeira
Ola! Son Rosa, a conserxe do IES Félix Muriel, e gustaríame que lerades O lobishome de Candeán de Paula Carballeira. En primeiro lugar porque ela é amiga miña e escribe moi ben, e en segundo lugar porque me gustou moito ese libro.
O relato estrutúrase dunha maneira fóra do habitual, xa o comprobaredes, pero iso non lle fai perder o ritmo. A historia é sinxela, pero os personaxes non o son tanto, e cos seus segredos e as súas evidencias son realmente as narradoras. Calquera de nós, seres humanos do cotiá, podemos resultar ser máis inquedantes ca un lobishome, mesmo o instituto e Rianxo son tamén un xigante durmido...

Rosa (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 11-03-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
24 de febreiro: aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
Sabiades que Rosalía de Castro, a grande autora do Rexurdimento, naceu tal día coma hoxe do 1837?

No Club de lectura do ENDL do IES Félix Muriel quixemos celebrar hoxe o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Por iso estivemos lendo algúns poemas dela, de Cantares e mais de Follas Novas

Comentarios (0) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 24-02-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Poesía e Novoneyra
Dado que este ano se lle adican as letras galegas a Uxío Novoneira, algúns membros do equipo eliximos este poema.

CAI a neve cai cai
falopiña a falopiña
nin o vento a arremuiña
nin a auga a desfai

.........................

Cido Castro de Brío nevados!
Baixa a neve ate os prados...

Eva López 1º Bach B
Comentarios (0) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 19-02-2010 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Carnés do club de lectura




Os alumnos do club de lectura do CPI Cernadas de Castro acaban de recibir os seus carnés que os acreditan como socios deste exclusivo club, do que forman parte tamén os compañeiros do IES Félix Muriel de Rianxo, os cales teñen un carné análogo.
Parabéns para estos magníficos lectores que amosan, todos orgullosos, o seu carné.
Comentarios (0) - Categoría: Presentación de novas adquisicións - Publicado o 26-01-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sobre a Cidade en Chamas
Rematei de ler para o Club de Lectura este libro escrito polos chilenos Ariel e Joaquín Dorfman.
Ambientada na cidade neoiorkina, o libro cóntanos a historia un tanto dramática de Heller Higland, un rapaz de 16 anos que traballa na empresa Noticias Suaves. Este negocio consiste en levar novas de todos os tipos aos cidadáns. A Heller tócalle levar aquelas de contido negativo, e non o fai nada mal, pois a miúdo recibe felicitacións daqueles aos que lles ten que comunicar algunha defunción. O seu enamoramento de Silvia, unha camareira moi atractiva que bota de menos a seu pai que está en Europa, os seus roces co seu compañeiro Rich Philips e o comezo dunha moi forte amizade co turco Salim Adasi, son os feitos principais da obra.
Gustoume. É un libro moi fácil de ler que mostra as desesperacións que se dan na adolescencia e os enredos e malentendidos propios da vida.
Ester Domínguez Alcalde
2º BAC IES "FM"
Comentarios (0) - Categoría: Concursos Literarios - Publicado o 03-11-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
COMEZAMOS A ACTIVIDADE NO CURSO 2009-2010

Aquí estamos de novo, o club de lectura EX-LIBRIS, que este ano presenta unha novidade.

SOMOS MÁIS!

Pero non só somos máis lectores e lectoras do IES Félix Muriel de Rianxo, senón que tamén temos a un bo número de compañeiros e compañeiras do CPI Cernadas de Castro de Lousame, porque este pasa a ser o blog do club de lectura do noso centro e mais do de Lousame.

Unímonos e agora si que imos ser un club de lectura ben xeitoso!
Como vedes, algúns xa se

Cal vai ser o funcionamento?

En cada centro facemos as nosas lecturas, moitas delas coincidentes. Estarán presentadas na sección: "Listaxe de libros dispoñibles 2009/2010", cada unha delas co argumento da obra e mais con un post dedicado ao autor/a

Todo o alumnado lector creará, polo menos, un post no blog ex-libris. Se algún necesita orientación daráselle unha ficha orientativa coa información mínima que debe cubrir.

O alumnado poderá escribir desde as primeiras impresións cando comece o libro, ata a conclusión despois de lelo, incluíndo máis post en calquera punto da lectura, sobre calquera cuestión que lle suscite a lectura.
Os comentarios quedarán abertos para os membros alleos ao club de lectura Ex-libris.


ANIMÁDEVOS A LER!!!!!!!
Comentarios (1) - Categoría: Presentación de novas adquisicións - Publicado o 07-10-2009 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Carlos G.Reigosa
Carlos González Reigosa, periodista, licenciado en Ciencias Políticas e en Ciencias da Información, naceu en Lagoa da Pastoriza (Lugo) o 2 de setembro de 1948. É desde 1997 director de Publicacións, Análise e Estilo da Axencia EFE de información internacional. Entre 1990 e 1997 foi director de Información desta axencia, período no que EFE obtivo, entre outros, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1995). Ten publicados numerosos artigos en medios de comunicación españois e americanos.
É autor das novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002). Publicou tamén catro libros de relatos curtos (Homes de tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e cinco de investigación e ensaio. Crime en Compostela -traducida ó castelán e ó valenciano- obtivo o I Premio Xerais en 1984. Desde entón acadou catorce reedicións en galego, idioma no que se converteu nun best-séller. Con La agonía del león, unha investigación xornalística con estrutura de novela sobre un grupo de fuxidos antifranquistas (1936-1951), gañou o Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal en 1996. Reigosa é tamén autor de guións de cine e televisión, entre eles o da película Huidos, protagonizada por Sancho Gracia, Fernando Valverde, Uxía Blanco e Javier Bardem.
Nos últimos anos dirixiu numerosos Cursos de Verán nas universidades Complutense e Rey Juan Carlos de Madrid, na Internacional Menéndez y Pelayo (UIMP) e na de Santiago de Compostela, sobre cuestións literarias e xornalísticas. Varios destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) e Hemingway desde España (2001). Tamén dirixiu cursos de xornalismo nos Estados Unidos (Miami e Los Ángeles). É profesor no Máster de Relacións Internacionais da Complutense e no Máster de Periodismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.
Está casado e ten dúas fillas.
Comentarios (0) - Categoría: Presentación de novas adquisicións - Publicado o 11-06-2009 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal
elogoEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do GalegoApoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego