|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
 Así vexo eu a carta que escribe Laura.
Maite Sobradelo, 3ºC, Rianxo |
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|

Tamara Rodríguez, 3ºC, Rianxo |
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
A min este libro é un dos que máis me gustou en galego porque relata historias que están relacionadas co amor.
A historia que máis me gustou foi na que uns rapaces se namoran. El traballa de mecánico na empresa do pai da rapaza que lle gustaba. Ó final non se levan e iso ó home afectoulle.
Aida Carou Varela, 3ºA, Rianxo
|
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
 A miña versión de "Un radiante silencio" en cómic.
Sheila Cespón Abuín, 3ºA, Rianxo |
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
 As notiñas de amor
Maite Sobradelo, 3C, Rianxo
|
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
Eu coñecín unha historia parecida á da librería, pero en vez de mandar poemas eran cartas de amor. A rapaza descubriu de quen eran e acabaron xuntos.
Nerea Cebreiro Tarrío, 3ºD, Rianxo |
|
|
|
|
| O único que queda é o amor |
|
A min non me pasou nada do que ocorre no libro, pero tamén desexo que non me pase, todas as historias son moi sentimentais, e a min estas cousas non me gustan moito. Gustáronme todas pero unha en especial: trataba sobre un home que coleccionaba unha cousa moi rara, caixas de mistos, e cando el morreu a muller tirou as caixas. Nunha das caixas había un diamante
Carlos Ordoñez Aido, 3ºC, Rianxo
|
|
|
|
|
| Antoloxía do conto galego, século XX. |
|

Acabamos o libro e imos contarvos o resumo de tres dos últimos contos:
"O muiñeiro"
Fala dun vello ao que botaron dun muíño porque a dona contratou a outro home co que estaba liada. O vello sentábase fóra nunha pedra e dicía: "Pódeme botar do muíño, pero non do camiño".
"Grieih"
Grieih é un grilo que salva a unha vacaloura da morte e fanse bos amigos. Cando Grieih é atacado por unha barbantesa, a vacaloura permanece ao seu lado ata a súa morte.
"O famento"
Fala dun home ao que alcumaban o famento porque era raquítico. Os seus complexos non o deixan vivir e acaba toleando e matando ao axudante do cociñeiro dun barco no que estaba enrolado.
Rubén, Ángel, Ivan, Esteban, Verónica, Sergio e Arancha (4ºA) Lousame |
|
|
|
|
| Memorias dun neno labrego |
|

Acabamos de ler Memorias dun Neno Labrego e gustounos moito, aínda que o final do libro é moi triste. Balbino xa ten unha vida suficientemente difícil como que aínda por riba lle peguen ao final. De todas maneiras, o ambiente rural no que se desenvolve non é moi familiar para nós (tamén vivimos no rural), nótase que cambiaron as cousas.
Lede este clásico e opinade.
Diego Cruz (3ºA) Lousame |
|
|
|
|
| Mañá visítanos Carlos Negro |
|
 Eu tamén lin Makinaria e pareceume un poemario que sae do normal, tanto pola disposición dos versos coma polo seu contido.Gustoume moito porque utiliza unha linguaxe moi coloquial.Tamén me chamou a atención pola maneira de expresar o modo de actuar que temos a xente nova.
Xa sabemos que ós de Rianxo visitouvos Carlos Negro que saibades que mañán nos visitará a nós,xa vos contaremos!
Lorena 3ºA. Lousame |
|
|
|
|
|
|
|