ESTATÍSTICAS.- Os novos datos do Mapa Sociolingüístico confirman que o galego está nunha “situación de emerxencia”
En doce anos duplicouse o número de persoas que nunca falan en galego, do 13 ao 25 por cento.
O 10,7% dos menores galegos recoñecen que recibiron ensino “só en castelán”, a pesar do anterior decreto.
A Mesa advirte de que tomar agora medidas contra o galego, como as propostas polo PP, pode ser “letal” e chama a manifestarse en defensa desta lingua o Día das Letras.
A Mesa pola Normalización Lingüística deu esta mañá a coñecer os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiza (MSG), elaborado pola Real Academia Galega (RAG), do cal se desprende, entre outros datos, que en doce anos (do 1992 ao 2004, co PP gobernando na Xunta) se duplicou o número de persoas que “nunca falan en galego”, do 13 ao 25,8 por cento; ou que neste mesmo período de tempo se dividiu á metade o número de persoas que din falar habitualmente en galego: do 30,5 ao 16 por cento. Sumando as persoas que din falar “só galego” e “máis galego”, prodúcese unha caída de 22,1 puntos no uso habitual desta lingua.
Segundo o presidente da Mesa, Carlos Callón, estes datos indican que “o galego está nunha situación de emerxencia”, aínda que “non é un punto de non retorno”. Por iso, desde A Mesa reclámanse “medidas en favor do galego por parte de todos os poderes públicos, en primeiro lugar, do Goberno galego, mais tamén do Goberno do Estado e das administracións locais”. Así mesmo, chama á poboación a mobilizarse en defensa da lingua que nos une como galegas e como galegos, para o cal está convocada unha manifestación para o Día das Letras, 17 de maio.
Para Callón, que nesta situación “tan precaria” se poidan adoptar medidas contra o galego podería ser “letal”. “O próximo presidente da Xunta di que vai gobernar para todos, mais a primeira medida que anuncia é derrogar o decreto do galego no ensino, mentres segue a mentir sobre a verdadeira situación da nosa lingua”, sinala o dirixente da maior asociación cultural de Galiza.
Ademais, desde A Mesa responden á “cínica chamada de Feijóo ao que el denomina liberdade lingüística, como se o castelán estivese en perigo”, pois este estudo, como o resto dos realizados, amosa que “en Galiza hai unha lingua discriminada e na que non hai liberdade real para utilizala nos diferentes ámbitos, e é o galego”. Por iso, desde esta entidade apuntan que “os poderes públicos deben adoptar medidas para amparar o galego, non para aplastalo”.
Elaborado pola Real Academia Galega (RAG) e financiado pola Presidencia da Xunta, o Mapa Sociolingüístico é o estudo deste tipo máis completo feito a unha lingua romance, pola cantidade de persoas enquisadas, e supón unha radiografía minuciosa da situación e evolución do galego.
A primeira recollida de datos para o estudo fíxose no ano 1992, e a segunda no ano 2004, que é a que agora se publica. O MSG edítase en tres volumes: Lingua inicial e competencia lingüística (editáronse tanto os dos anos 1992 como 2004), Usos lingüísticos (preséntase agora o de 2004) e Actitudes lingüísticas (só están publicados os datos de 1992).
Segundo Carlos Callón, a RAG dispón destes datos finalizados desde hai meses, e “non podemos máis que lamentar que non os presentase publicamente e que só comezase a distribuír este traballo polas librarías despois das eleccións autonómicas, xa que as conclusións que se extraen sobre o anterior mandato do PP (o estudo é de 2004) son contundentes e desmontan, máis unha vez, a demagoxia e a falacia deste partido sobre o galego no ensino”. Porén, o presidente da Mesa amosou a súa confianza en que “esta institución abandeirará a defensa da nosa lingua nos tempos duros que se aveciñan”.
Segundo os datos do MSG, prodúcese unha forte relación inversa entre o uso do galego e o maior nivel educativo, mostra do proceso castelanizador da escola. Cando se observan só os datos de rapaces e rapazas menores de 18 anos que residiron sempre en Galiza, as conclusión do MSG (pp. 64-65) son alarmantes. O resultado máis rechamante deste cruzamento [“lingua habitual segundo as linguas das clases en primaria (menores de 18 anos que residiron sempre en Galiza)”] é que en todas as categorías aparecen casos de ‘todo en castelán’, cando esta opción non debera ter presenza no tramo de idade sondado [polo decreto 247/95]. De feito, neste grupo a opción ‘todo en castelán’ supón o 10,7%.
Á parte desta circunstancia, a relación entre as dúas variábeis amosa un desequilibrio a prol do castelán nos usuarios habituais desta lingua. A presenza do galego no ensino no grupo de monolingües en castelán limítase ao 14,3%, fronte ao 85,7% do castelán, 71,5 puntos por debaixo. No grupo de máis castelán, as diferenzas no uso docente entre os dous idiomas, aínda que menores, acadan 63,1 puntos a favor do español.
A Mesa conclúe que “o galego é a lingua do Estado máis desamparada, porén pode revitalizarse se se toman as medidas para iso”. Por iso, A Mesa ademais de facer un “chamamento de urxencia” aos poderes públicos tamén chamou á “reflexión de todas as galegas e de todos os galegos, pois de todas e todos nós depende que o galego siga vivo”. “Se nós non o defendemos, ninguén o vai facer por nós”, concluíu.
O presidente da Mesa lembrou tamén os datos de lingua inicial en Galiza, recollidos no primeiro volume do MSG, segundo os cales o galego pasou de ser o primeiro idioma dun 60,3% dos galegos en 1992 a ocupar a posición minoritaria, do 20,6%, no ano 2004: unha caída de corenta puntos en doce anos.
Segundo o estudo presentado hoxe pola asociación en defensa da lingua, amósase unha tendencia en xeral a utilizar máis o castelán que o galego entre a xente que se auto-define como “bilingüe”: o paso dun uso bilingüe ao outro é máis frecuente nos que adquiriron máis galego (18,7%)” (p. 44) e a “menor tendencia ao bilingüismo” dáse nos castelanfalantes iniciais (p. 45).
Estes datos constatan, máis unha vez, “como a presenza abrumadora do español na vida social fai que haxa persoas que poidan vivir alleas á lingua propia de Galiza, algo que non acontece á inversa, xa que non está garantido o dereito a poder vivir en galego”, segundo Callón.
Aínda que se constata que “a mellor competencia para falar o galego, maior tendencia a usalo”, tamén se observa que “case a metade (48,2%) de quen se considera moi capaz en galego está instalado no castelán, ben como monolingüe (14,6%) ben maioritariamente neste idioma (33,6%)”.
Isto amosa, segundo A Mesa, que, aínda que é necesario manter unha aposta pola formación lingüística, tamén é fundamental crear espazos de uso que permitan darlle vitalidade á lingua. A situación diglósica, de distribución desequilibrada do uso do castelán e do galego, mantense, xa que non hai correspondencia entre o número de persoas que utilizan o galego de forma espontánea e a posibilidade de vivir nesa lingua.
Mantense a diferenciación entre rural e urbano
Tal e como se indica no MSG, mantense a asociación entre ámbito rural e maior uso do galego, e ámbito urbano e maior uso do castelán: a maior presenza monolingüe en galego é nos espazos de menos de 5.000 habitantes, dun 40,5%, mentres que do castelán nas cidades é do 35,6%. Porén, tamén nestes doce anos se produciu unha forte caída no rural, que pasa do 55,3% ao 40,5%. O “monolingüismo en castelán” avanza tamén nas cidades: pasan de non falar nunca en galego o 27,1% ao 35,8%.
Segundo o Mapa Sociolingüístico, hai unha notoria perda do denominado “bilingüismo de maioría galego” nos hábitats intermedios e unha considerábel suba do maioritario en español. As cidades con maior uso do castelán (“só e máis castelán”) son Ferrol (85%), Vigo e A Coruña (81,9% en ambas). Cómpre, ademais, salientar a presenza do monolingüismo en castelán en Ferrol (57,5%) e Vigo (45,5%).
O monolingüismo en galego é a opción con menor presenza nas cidades. Os valores máis altos corresponden a Lugo (13,4%) e a Santiago (13,2%) e os máis baixos a Vigo (4,3%) e á Coruña (3,4%). Sumando as opcións “só galego” e “máis galego”, obsérvase que o maior uso deste idioma corresponde a Santiago (41,9%) e a Lugo (40,5%).
http://www.amesanl.org/
Coido que resulta moi triste que a RAG saque estes datos á luz xusto despois das eleccións, cando levaban meses gardados na gaveta, mentres se estendía o demagóxico discurso da imposición inexistente. Isto simplemente demostra a catástrofe lingüística que se leva séculos a argallar neste país. Porque como ben sabemos ao patrimonio inmaterial nunca se lle deu nin se lle dará o mesmo valor que ao patrimonio material....posto que vivimos nunha sociedade capitalista (como é obvio).
A xente botaría as mans á cabeza se derrubasen a catedral de Compostela mais, pola contra, fica impasible deixando morrer día a día, palabra a palabra, o idioma de seu, e logo ese non é o meirande patrimonio do pobo galego?
<object data="http://quin.tv/v/p.swf?config={configFileName: 'http%3A%2F%2Fquin.tv%2Fv%2Fstream.php%3Fcalidade%3Dsd%26entorno%3Dexterior%26id%3D218'}" style="width: 600px; height: 314px;" type="application/x-shockwave-flash"><param value="http://quin.tv/v/p.swf" name="movie"/><param value="config={configFileName: 'http%3A%2F%2Fquin.tv%2Fv%2Fstream.php%3Fcalidade%3Dsd%26entorno%3Dexterior%26id%3D218'}" name="flashvars"/><param value="true" name="allowFullScreen"/><param value="transparent" name="wmode"/></object>
Boísimo :)
<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/pem-XKZSLQM&hl=en&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/pem-XKZSLQM&hl=en&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>
A situación da lingua galega a debate, hoxe na TVG
A partir das 11:15 h en Hai debate!.
Xa que paso por aquí, achégovos unhas cantas referencias sobre a lexislación lingüística existente E VIXENTE.
Xeral
Constitución Española de 1978. Artigos 3, 20 e 148.
Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril do Estatuto de Autonomía para Galicia. Artigo 5. BOE núm. 101, do 28 de abril de 1981.
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística. DOG núm. 84, do 14 de xullo de 1983.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, do 22 de setembro de 2004.
Declaración Universal dos dereitos humanos do 10 de decembro de 1948. Aprobado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948. Artigo 2.1.
Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos. Barcelona 1996.
Instrumento de ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. En Estrasburgo o 5 de novembro de 1992. BOE núm. 222, do 15 de setembro de 2001.
2º Informe periódico sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. 2006.
Administración
Autonómica:
Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. DOG núm. 53, do 16 de marzo de 2006.
Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Artigos 12.3 e 15.7. DOG núm. 136, do 14 de xullo de 2006.
Decreto 258/2006, do 28 de decembro, polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística. DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2007.
Decreto 145/2007, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. DOG núm. 148, do 10 de agosto de 2007.
Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Artigo 33. DOG núm. 165, do 27 de agosto de 2007.
Local
Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais. DOG núm. 124, do 30 de xuño de 1988.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia. Artigos 7, 238, 240, 245 e 252. DOG núm. 149, do 5 de agosto de 1997.
Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xustiza
Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde destes. Artigo 2. BOE núm. 266, do 6 de novembro de 1999. Suplemento en galego núm. 12, do 15 de novembro de 1999.
Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil. Artigos 142 e 144. BOE núm. 7, do 8 de xaneiro de 2000. Suplemento en galego núm. 2, do 5 de febreiro de 2000.
Lei Orgánica 15/2003, do 25 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do código penal Artigo 314. BOE 283, do 26 de novembro de 2003. Suplemento núm. 15, do 1 de decembro de 2003.
Lei 12/2005, do 22 de xuño, pola que se modifica o artigo 23 da Lei do 8 de xuño de 1957, do Rexistro Civil. BOE núm. 149, do 23 de xuño de 2005. Suplemento en galego núm. 7, do 1 de xullo de 2005.
Real Decreto 1553/2005, do 23 de decembro, polo que se regula a expedición do documento nacional de identidade os certificados de sinatura electrónica. BOE núm. 307, do 24 de decembro de 2005. Suplemento en gaelgo núm. 13 do 30 de decembro de 2005.
Lei 24/2007, do 9 de outubro, pola que se modifica a Lei 50/1981, do 30 de decembro, reguladora do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. Artigos 36.6 e 3737. BOE núm. 243, do 10 de outubro de 2007. Suplemento en galego núm. 25, do 18 de outubro de 2007.
Militar
Orde 351/1997 pola que se regulamenta o uso das linguas na Administración Militar
Educación
Decreto 421/2003, do 13 de novembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo. DOG núm. 237, do 5 de decembro de 2003.
Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. DOG núm. 27, do 9 de febreiro de 2004.
Decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña. DOG núm. 100, do 26 de maio de 2004.
Real Decreto 1631/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria. Artigos 3 h, 4, 5, 13, 14.8, disposición adicional I e Anexo III. BOE núm. 5, do 5 de xaneiro 2007 .Suplemento en galego núm. 2, do 10 de xaneiro 2007.
Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. DOG núm. 125, do 29 de xuño de 2007.
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 132, do 9 de xullo de 2007.
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG núm. 136, do 13 de xullo de 2007.
Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007.
Orde EDU/1190/2007, do 28 de xuño, pola que se establece a materia optativa de bacharelato “lingua e cultura galega” e se aproba o currículo. BOCyL, núm. 130, de 5 de xullo de 2007.
A velocidade
o ritmo galopante de cada nova
que se achega a un universo diferente
onde a prensa só conta a verdade,
onde non é preciso mirar a cabeceira para entender as novas,
onde os riscos políticos non desaparecen na nítida liña que existe entre a realidade e a ficción,
onde cada unha de nós somos o que somos
máis aló de amortallantes estereotipos
que guían as mentes ateigadas de prexuízos
dispostas a xulgar continuamente o descoñecido,
a admitir realidades que forman parte dun mundo virtual
onde é moito máis doado distinguir o que é realidade do que é ficción,
onde os políticos non se moven por réditos senón por ideas, obxectivos e proxectos,
onde o peixe grande non come o peixe pequeño,
onde a mentira non ten lugar
e finalmente
ONDE A VELOCIDADE BAIXA O SEU RITMO
E SE ACHEGA Á REALIDADE.
Alí é onde nos atoparemos ti e mais eu
nese infinito mundo paralelo
dunha realidade en que estamos a traballar
dun horizonte polo que estamos a velar
De súpeto
aí ven
sen avisar
de súpeto
con alevosía
sen precedentes
a mirada máis escura parece entón o aloumiño máis cálido
a fronte máis quente
o pensar máis incocente
mais tamén de súpeto
voltas á realidade
o día a día non ten piedade
esquécete dos teus soños
enfróntate á realidade
nun mundo onde o paralelismo entre o virtual e o real
mestúrase nunha tina en que todos cabemos
nun bosque en que todos amamos
nun computador que todos odiamos
Alí non nos atoparemos,
atoparanse alí os nosos soños
como o xerme que abrolla no inverno
sempre a destempo
sempre sen tempo.
Alí, nun mundo virtual
dominado por bits e microsegundos.
Microsegundos que dominan a nosa vida
que deseñan o noso porvir
e a nosa letanía,
que colorean a nosa existencia
sempre con paciencia.
E nunca máis o lembrarás
porque todo ficou no esquecemento
moito máis aló do pensamento.
Mudanza
nesta vida de paixóns,
nesta vila de encontros e desencontros
ás veces todo muda,
ás veces nada cambia
mentres os días se fan máis curtos
e as mañás máis longas,
mentres as falacias continúan
e as verdades escapan
mentres o peixe grande come o peixe pequeño
tod@s xogamos ás voltas, ás reviravoltas
aos pinchacarneiros e demais parvadas
mentres o noso futuro escapa
mentres o noso presente agarda
sempre expectantes
sempre nun segundo plano
sempre coa face desencaixada
así se fai o día a día
así se fai a túa vida
así se fai a miña vida
así se fai a nosa vida
así faremos o futuro
así agardamos o presente.
Saúdos non sen tempo, desde este pequeño recuncho da gareloesfera e desde este pequeño curruncho da cidade vella betanceira