Día das Letras Galegas de 2010 pa Uxío Novoneyra



jujel


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
 Temáticas
 Fotoblogoteca
 Gosto de ler...
 Buscador
 Blogs galegos
 Arquivo
 Anteriores
 Destacados

O Contador chega hoxe a Betanzos!
Os concellos de Betanzos e de Vimianzo acollen esta fin de semana a iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para impulsar o uso do galego nos espazos públicos, o Contador. Esta acción busca a dinamización lingüística na rúa e a participación de veciños e transeúntes para a construción dun conto colectivo. Este sábado, a actividade desenvolverase na Praza do Campo, e o domingo será na Praza do Concello de Vimianzo.

O Contador é unha instalación con forma de cubo, provista no seu interior dunha pequena sala cun asento, unha pantalla e os aparellos necesarios para a gravación do conto. A actividade pretende fomentar a creatividade e a espontaneidade en lingua galega, ao tempo que tenta aproveitar a riqueza oral do idioma e as súas variantes dialectais.

Encadeando os retallos de historia de cada participante créase un conto colectivo, que posteriormente, unha vez montado nunha única peza, poderase visualizar a través da páxina web www.galegoelogo.com. A organización daralle ao primeiro visitante o inicio dun conto e a partir de aí, a improvisación de cada un dos participantes será quen guíe o resultado.

A experiencia do Contador toma como referencia a técnica literaria do “cadáver exquisito”, segundo a cal cada participante terá como única referencia as últimas palabras do participante anterior.

Logo de visitar o Betanzos e Vimianzo, o Contador chegará a Ferrol e Narón
E ti, que pensas? (0) - Tema Betanzos - Publicado o 21-06-2008 07:33
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cada vez queda menos para a estrea!


E ti, que pensas? (0) - Tema Betanzos - Publicado o 04-06-2008 15:39
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG tamén aposta POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
E ti, que pensas? (4) - Tema Lingua - Publicado o 17-05-2008 17:12
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Poesía contra a ignorancia
DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...


E ti, que pensas? (1) - Tema Betanzos - Publicado o 17-05-2008 12:54
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eu tamén navegar únese a BLOGUES POLA LINGUA!
Manifesto “Na defensa do noso idioma”

As persoas asinantes da presente declaración, somos autoras e autores de blogues galegos, que suscribimos voluntaria e libremente esta iniciativa e que publicamente MANIFESTAMOS:

1. O noso completo e activo compromiso coa lingua galega, como principal alicerce da nosa identidade colectiva como pobo así como a nosa preocupación perante a situación que esta vive na actualidade.

2. Entendemos a Rede como unha canle con importantes potencialidades para a expansión en usos do noso idioma que deben ser aproveitadas, e avogamos porque o galego sexa tamén a lingua vehicular das/os galegas/os en Internet. Apoiamos tamén a reivindicación dun dominio propio en internet para Galiza.

3. Expresamos o noso total rexeitamento perante todo ataque contra o galego, independentemente de quen proveña, e particularmente no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüísmo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio.

4. Reclamamos o noso dereito a vivir con completa normalidade na lingua que é propia de Galiza, tendo garantido plenamente o noso dereito a empregala en todos os eidos da nosa vida.

5. Adherímonos colectivamente ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego” d’A Mesa pola Normalización Lingüística.

6. Chamamos á cidadanía galega, especialmente á mocidade, a participar na manifestación nacional en defensa do noso idioma, que baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” convoca A Mesa pola Normalización Lingüística, e que terá lugar o vindeiro domingo 18 de maio, na cidade de Compostela, e que partirá ás 12h da Alameda.

Galiza, maio de 2008


Anímate e apoia a iniciativa!
E ti, que pensas? (0) - Tema Betanzos - Publicado o 16-05-2008 18:22
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.



Apoia o manifesto!
E ti, que pensas? (5) - Tema Lingua - Publicado o 15-05-2008 18:41
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Resta moi pouco...
A pesar de que as miñas múltiples actividades non me deixan achegarme moito por este recuncho, non esquezo que fica moi pouco para que as nosas letras saian por un día do cárcere e vaian de paseo.

Déixovos un artigo publicado en Tempos Novos e que aparece no web da revista.

MÁSCARAS BILINGÜÍSTAS

Coinciden os activistas de Galicia Bilingüe con outros (o PP, Citadans e a UPD de Rosa Díez) nun discurso trampeado, para xustificaren a súa disidencia castelanófila. Ignoran de mala fe a loita desigual do galego pola súa supervivencia, e tamén a xurisprudencia dos tribunais. É o caso do Constitucional que en diversas sentenzas avaliou a discriminación positiva a prol das linguas periféricas, por estaren extremadamente expostas á vampirización e á desvalorización social. A 46/91 desestimou o recurso contra o requisito de coñecer o catalán para a selección de aspirantes a funcionarios, por non contradicir o principio de igualdade dos españois en todo o territorio nacional. E na 337/94 aduce que do artigo 27 da Constitución que regula o dereito á educación dedúcese que os poderes públicos están facultados para estableceren as linguas de comunicación na escola. Velaí a razón de ser do decreto ao que lle teñen declarada a guerra o PP galego e GB, o seu comando máis radical, mesmo despois de terlles denegado o seu amparo o máis alto tribunal galego.

O canto á igualdade e ao bilingüismo harmónico que entoan quen promoven en Galicia a guerra lingüística soa a falso. Cando actúan, revelan a posición de poder que lle reservan ao castelán, atribuíndolle en exclusiva nada menos que o carácter de instrumento político para a realización dialéctica da democracia (programa de UPD). Nacionalistas excluíntes. É o que son. Xa dixera un Rajoy preconstitucional que “si las autonomías defienden su lengua, España tendrá que defender la suya“. Fóra máscaras.



----------------------------------

VÉMONOS EN COMPOSTELA!

E ti, que pensas? (0) - Tema Lingua - Publicado o 14-05-2008 17:07
# Ligazón permanente
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet