No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Felicidade negra
Seica andivéronlle preguntando os da Coca-Cola a tres mil almas en pena se eran felices ou non, que xa lle vale coa preguntiña, non sei se lla fixeron por teléfono, á saída do súper ou vía SMS. A min, persoalmente, se me chaman e me din, ola bos días somos de Coca-Cola, eres feliz? Home, pois mira, adepende. Se teño resaca e me chamas ti si, e mándame dous litros.

O mellor destes estudos, sen ningunha dúbida, son os resultados aos que se chegan. A foto dunha persona feliz é a dunha persoa estremeña, navarra, aragonesa ou catalá entre 26 e 35 anos que viva en parella, non sei eu se haberá tantas. E tampouco sei se se corresponderán as felicidades de ámbalas dúas partes.

Outro descubrimento chave para o noso entendemento do mundo no que vivimos é que a afección máis espallada entre os probes infelices é o bricolaxe, que tamén manda güé, coa falla que tiña eu de reparar unhas cousiñas por aquí pola casa... E pregúntome eu como o farán, se che preguntarán, valore do 1 ao 5 o grao de felicidade que lle produce montar un moble de Ikea.

E os cartos non son tan importantes, de feito a partir de 22.000€ xa non nos preocupan para nada. A ver, déixame calcular, 22.000 entre 14 pagas se tes sorte e pagas extras son algo máis de 1.500€ ao mes, que xa non está nada mal.

Cambiando de tema, esta foto de abaixo era do patio de atrás da casa na que vivía nos USA, e pregunteille á miña caseira porque tiña o letreiro da Coke, e ela contestoume que ao seu noivo lle gustaba coleccionar antigüidades [sic]. Non sei eu que será peor, se vivir nun país de pandeireta coma iste, ou nun no que a Coke é unha antigualla. Yourself.



Cadena Ser e a felicidade.
Diario de Sevilla feliz, o diario, non Sevilla.
ABC tamén é feliz. DEF.
Tes algo que dicir? (3) - Categoría: Xeral - Escrito o 19-03-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Empezando polo básico
Paseando por aí, que é o que teñen as vacacións, sexan relixiosas ou non, que che tempo a todo, cheguei a Asturies. Atopeime este vídeo que podería titularse "Informática para gilipollas", pero que en realidade chámase "Web 2.0 e Educación"

O vídeo é básico, mais ameno. Gustoume, aínda que me chame inmigrante dixital por superar as tres decenas na miña idade. Os outros son os nativos informáticos, para os que a tecnoloxía non é hostil. E un pouco de razón teñen, eu creo que a especie evolucionou.

Xa que logo, o seu visionado está recomendado, aínda que estea feito por asturianus (é broma, é o 25% do meu sangue que se alporiza!)


Enlace onde está o vídeo.
Tes algo que dicir? (1) - Categoría: Xeral - Escrito o 17-03-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Morreando con lingua en galego
Rivas e GB falan.



E escribe Manolo, ameazante,


A lingua galega pode ser un tesouro vivo ou pode enferruxar e mesmo ir entrando nunha fase de enterramento. Esta xeira é decisiva. Non hai limbos para as linguas.

E replica GB, patexando,

"Ya, es que no puedo ayudar a mi hijo a hacer los deberes, que no conoce ninguna terminología en español. ¿Qué va a hacer mañana si va a hacer una carrera afuera?"

E anóxase Manolo,

A guerra lingüística que algúns irresponsábeis están intentando provocar non ten ningún fundamento. Non hai ningún galego, por moi nacionalista que sexa, que queira renunciar ao pluralismo lingüístico. O único perigo de defunción que hai aquí é o do galego. Como cantaba o trobeiro medieval: "Os que non aman nen saben d'amor facen perder aos que amor am.."

E chama unha aprendiza a adulto por teléfono,

"Yo si voy a Madrid no me entiendo con un niño si quiero hablarle de biología."

Manolo baixa a cabexa, e case sen forza murmura,

Aí si que se move a política lingüística. Aí si que hai lobbys e máis lobishomes.

E di Gonzalo, es la misma letra con distinta música.





Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 16-03-2008 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
E volta. E dalle. O Pan.


O outro día fun comer Pan. A compañía teatral Volta e Dalle presentou en Lugo unha mestura de catro obriñas de media hora co gallo do pan.

Gustoume moito, por iso cha recomendo. Se te podes acercar, faino. Pero prepárate porque se van rir de ti, ou de min, ou de todos.

Que che aproveite.
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 15-03-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
O día do meu casamento


Hoxe recibín un correo dunha amiga. O título era este, o día do meu casamento. Rinme tanto, e pensar que me roubou a miña voda soñada... En fin, que cho dedico con todo o meu cariño, e que sigades sendo moi moi moi felices (os tres), e que se non che parece ben que copie o teu correo no meu blogo, CASADE COMO DEUS MANDA!!!


"O día do meu casamento foi tal cual o soñara sempre, un día normal que pasou desapercibido:
Ás doce e media da mañá entérome de que me podo casar hoxe se quero, que xa teño os papeis no concello. Sen perder un minuto localizo ó futuro marido (que algo xa sabía) e quedamos ás 13.30 na porta do concello. ¡Foi todo tan bonito!

A noiva (eu) ía como ela é, nada disfrazada. Sabedes eso que din, que a noiva ten que identificarse co traxe?, pois nosoutros identificámonos totalmente: bolso blanco, zapato blanco (ou eran tenis?), vaqueros, camiseta blanca... e a Paulo de 8 meses e 1 semana dando a lata na barriga.Fun a melena suelta.

O noivo ía de camisa e vaquero, non me acordo que levara algo fóra de punto (creo que os zapatos non estaban moi limpios pero ¡que lle quereis! , a fin de contas taba repartindo pienso cando o avisei!)

Á ceremonia asistiron o xuíz de paz, a encargada do xuzgado e como testigos outra rapaza que se vos digo a verdade non sei que era, creo que pasaba por alí; é igual, fíxolle moita ilusión e era moi maja.

[...]

O casorio foi corto, coma no mellor dos meus soños. Léronnos tres artigos do código civil, firmamos e arreando que meus pais estaban na casa esperando pa comer (e creo que non lles comentara nada). Comimos lentejas e chulas, que taba miña nai de antoxo. De postre queixo e rematamos co café.

O marido marchou traballar que estes días con tanto festivo anda apurado, e eu freguei e deiteime un pouco no sofá, que pa eso estou de baixa e preñada de 8 meses.

Pois xa vedes!, hoxe como quen non quere a cousa ¡casei! así que cada 14 de marzo recordareino e direi ¡Dios hoxe fai un/dous/tres...anos que casei! e a xente dirame ¡Síííííí? pois felicidades ¿e como recordas ese día? e eu contareilles esto que vos acabo de contar a vosoutras.


Chaaaaaao, xa o celebraremos como Dios manda cando Paulo estea polo outro lado da barriga.Chuchos"

Pois iso, celebrarémolo.
Tes algo que dicir? (1) - Categoría: Xeral - Escrito o 14-03-2008 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com