No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

A Praza de Todos os Nomes

A Praza da Quintana é unha praza sobria, pedra sobre pedra, pedra lisa, limpa, sen afeites, como unha vella que está de volta de todo e coñece o futuro. Está dividida en dous. A parte de arriba é a Quintana dos Vivos. A parte de abaixo, a dos Mortos, porque até o século XVIII era un cemiterio. Tamén se chama a Praza dos Literarios, en memoria ao Batallón Literario, que ao principio do século XIX, na Guerra da Independencia Española, loitou contra as aspiracións napoleónicas. Nela está a Porta Santa, tamén coñecida coma a Porta do Perdón.

Hoxe encheuse. Como puido haber tanta xente? Como é posible que haxa tanta xente reclamando liberdade lingüística? Non se pode ir a unha manifestación apoiando o asasinato dunha fala.

Que a praza non acolla mais cadaleitos dos que xa aloxou.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-02-2009 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Decepcionada coa marijuana

Estados Unidos. De América. Michael Phelps. A federación de natación dos citados estados decide suspender durante tres meses ao nadador, pero non por dopaxe, non, senón porque un tabloide (que é como un xornal, pero en pequeno) británico sácao fumando marijuana. A citada federación quere mandar unha forte mensaxe. Que utilicen uns altofalantes, digo eu. Síntese decepcionada. Eu tamén.

Tes algo que dicir? (1) - Categoría: Xeral - Escrito o 06-02-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Intransixente con Galicia Bilingüe
Intransixente quere dicir incapacidade de consentir en parte co que non se cre xusto, razoable ou verdadeiro. Creo que unha das consecuencias de cumprir anos é, xunta ao incremento do tamaño do nariz e as orellas, unha maior intransixencia. E non me gusta. Trato de loitar contra isto. Pero Galicia Bífida, digo Galicia Bilingüe pódeme. Pódeme por manipuladores e desleais. E agora as gaivotas máis rebuldeiras do panorama político súmanse á festa. Hai algo que me produce máis carraxe que a intransixencia, e é a manipulación.

Tes algo que dicir? (2) - Categoría: Xeral - Escrito o 01-02-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
De tormentas, e de eficacias
Estes días lembreime da miña aventura americana. Lembreime de canto quedei seis días sen luz por culpa dunha tormenta, aló, no primeiro país do mundo. Lembro de como a xente telefonaba á radio para agradecer ao persoal das compañías eléctricas todo o esforzo que estaban a facer para amañar as liñas. Lembro como lles dicía ao indíxenas de aló, se isto pasa no meu país, habíamonos encher de protestar e protestar.

Esta é a crónica do que pasou:

"Decembro do 2006. É xoves 14. Pola tele anuncian unha tormenta de fortes ventos para esa noite. O venres amenzo sen luz e non hai colexio. Saio para fora e vexo que a parte de atrás do xardín está chea de ramallos. Non teño luz como dixen, así que non podo cociñar, que a cociña acéndese coa electricidade, e non teño calefacción, e non teño auga quente, e non teño tele.

Collo o coche para ir mercar un café ao Starbucks, pero todo está pechado: restaurantes, gasolineiras, bancos, semáforos... Polo menos estou de vacacións improvistas, penso. Véñenme ben, que o mércores 20 collo o avión para pasar o nadal en Galicia, así vou facendo a maleta.

O sábado seguinte non vén a luz, nin o domingo, nin o luns, nin o martes, nin o mércores...

Para poñerte en contexto. Vivo en Bellevue, que é unha cidade ao leste de Seattle, a menos de 20 minutos. Ten fama de ser unha zona "rica", xa que as oficinas de Microsoft están moi preto de aquí, e as de Boeing, así que a xente que vive por aquí ten moi bos soldos. Non todas as zonas estiveron sen luz, pero moitas si.

Os ventos foron de arredor de 100 km/h, e non recordaban unha tormenta tan forte nos últimos 20 anos. Aquí a poboación está totalmente espallada: casiña unifamiliar, xardín, casiña unifamiliar, xardín e así sucesivamente. Polo tanto, ao caerense uns árboles, moitas liñas da luz quedaron cortadas. Pero digo eu, ¿recordo estar sen luz durante 7 días na atrasada Galicia? Pois non. ¿Estou na primeira potencia mundial? Pois si."


Incribles as similitudes, agás a resposta cidadá. Uns por mais, e outros por menos...
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 01-02-2009 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com