 Mi madriña, como vai isto... A espiral, ou a roda, que non estou moi segura de cal é a forma xeométrica do tempo, segue a andar e non hai forma de parala. Xa son maior, que os trinta (e medio) son a metade de setenta, e todo iso xa soa a palabras maiores.
Non penso disculparme por estar asasinando o blogo por inanición, aínda que xa son unha persoa de idade e polo tanto pódome permitir algunha licenza. Tampouco vou latricar contra a miña preguiza. Nin vou a prometer actualizalo máis a miúdo, visto que antes non serviu de nada. Así que, como se adoita a dicir, vendo e andando, que tamén anda o Alsa, ou non era así?
Por certo, sorte Isaac. |