No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Los ricos también lloran
Imaxe dun típico piolleixon americaneixon.


Para que vos consoledes, para que vexades que todos somos iguais ou, cando menos, parecidos, para que vexades que en todos os sitios cocen fabas... os ricos, e americanos, tamén teñen piollos.

Levan unhas semanas insistinto no colexio do necesario que é revisar á cabeza dos seus churumbeles. Dinllo aos pais, mándanllen folletos informativos explicándolles como son os bechos e a que dedican o tempo libre, e asesórannos no millor xeito de erradicalos. Pero parece que se resisten.

E que conste en acta que na clase de primerio grao da Señorita P. non amosan a cabeza!
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 17-03-2007 05:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas de aquí e de acolá

É canto menos curioso as voltas que dá a vida, ou mellor dito, como estamos todos na mesma roda que vai e vai e vai pero sempre volta.

Leo nos sindicatos que os mestres e mestras nun colexio no que estiven hai uns aniños están alporizados coma galiñas coa síndrome premenstrual -e con razón-, porque o equipo directivo sacouse da manga que tiñan que vixiar aos nenos antes da entrada ao colexio.

Hoxe tiven claustro. Aquí debateuse, entre outras cousas, que había que mellorar o procedemento para a entrada e saída dos cativos, que era un pouco desordenada. Faise un brainstorming para ver como se pode solucionar. Todas propoñendo as súas ideas. Eu defecándome na muller de vida alegre que as alumbrou.

Porque teño que estar deste lado? Porque teñen que ser todos tan traballadores e cívicos e politicamente correctos? Porque non podo nin queixarme por perder os cinco minutos nos que acababa o café?

Resístome a pensar que todas estaban nas encantadas coa idea coma parecían.Teñen que ser humanas, por Deus!


Tes algo que dicir? (7) - Categoría: Xeral - Escrito o 14-03-2007 04:10
# Ligazón permanente a este artigo
Que!?

Hai uns meses fun cear a casa dunha colombiana que leva moitísimos anos aquí nos States. Ista foi a conversa:

- ¿Así que te vas en navidades para España?
- Sí.
- ¿Y qué regalos vas a llevar? ¿Qué hay aquí que no haya en España?
- ¿¿$%&**#!!?
Tes algo que dicir? (3) - Categoría: Xeral - Escrito o 11-03-2007 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
Flores de otro mundo

Esta fin de semana parece que non se materializa ningún dos plans que tiña previsto, así que me quedei un pouco colgada, sen nada que facer.

Lembro que hai uns meses me apuntei para un cursiño que se daba en Tacoma con outras profes do colexio, así que chamei a Nancy e quedei con ela para ir aló. O curso chámase Movimientos migratorios en el mundo hispano, e é de 9:00 a 3:45. Empezou sendo un tostón, no que o Cónsul de México algo farfullou dos problemas que teñen os mexicanos nos EE.UU., que non son poucos.

O que saquei en limpo. O honorable pasou unha hora falando da migración, dos migrantes, da migración. Eu xa escoitara a palabra así cen veces. Acabo de consultar o VOLG e o dicionario da Real Academia e dime que esa palabra non existe, o que non quere dicir nada, que os dicionarios tamén teñen erros. Pero problabemente o digan así por un contaxio co inglés, aínda que emigrate é para as persoas e migrate para os animais. É o máis divertido deste país, que aprenden moitas palabras de español e cada país di as cousas ao seu way...

Despois do honorable (tostón), falou María de Lourdes Victoria Muguira, escritora mexicana e residente en Bellevue. Foi interesante. Explicou que os movementos migratorios cara á México no pasado, nos que incluíu aos españois, claro. Deixou máis ou menos claro que non se portaran moi ben por aló, no que ten toda a razón.

Pero o mellor de todo, foi a película que nos puxeron pola tarde, Flores de otro mundo. Que dicir, que cada día estou máis namorada de Luís Tosar. Que quero irme xa para aí. Que é curioso como o sentimento de desarraigo e soidade que viven a cubana e a dominicana na peli é o que sinto eu aquí. Creo que a partir de agora mirarei con outros ollos aos inmigrantes.

O resto das profesoras que foron ao cursiño tamén gozaron moito coa película. Dúas delas, incluso, levaron as súas computadoras e tiveron tempo de ver a película e de traballar nos Report Cards (nos boletíns de notas). Eu confeso que me gusta ir a todos os lados cun libro, por se me aburro. Pero isto de levar o traballo por se te aburres, é algo que non acabo de entender.
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 11-03-2007 03:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pódese dicir máis alto, pero non máis claro


Missing you.
Tes algo que dicir? (3) - Categoría: Xeral - Escrito o 10-03-2007 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Casares, débocho

No blogo de As uvas na Solaina atopei hoxe, de casualidade, que mañá queren facerlle un blogo-homenaxe a Carlos Casares.

Eu débollo. Conteiche que grazas a el aprobei as oposicións? Pois si. Voume explicar. Un día estaba eu preparando a encerrona, e para irme afacendo a falar diante de cinco descoñecidos, puxen cinco portadas e fotos que atopei en xornais e revistas pola casa. Pegueinas na parede diante do meu escritorio e fixen a miña exposición. Asegúroche que me puxen nerviosa, que se me acelerou o corazón e que me seguían cos ollos.

Non me lembro quen eran os outros cinco, pero un deles era Carlos. E cando rematei, el sorriume. Xúrocho. Así que non me queda máis que dicir grazas.
Súmome á iniciativa.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 09-03-2007 03:18
# Ligazón permanente a este artigo
Tupperwares e máis
A miña vida social sigue en aumento. A verdade é que non sei de que me queixo...

Hoxe fun a unha reunión de tupperware, pero o que se vendía era roupa. Basicamente foi así: unha señora con moita pasta ofreceu a súa casa para unha reunión de CABI, que quere dicir Carol Anderson by invitation. Repelente, non si?

A que me levou foi Nancy, unha profe do colexio. Ben deito dela para facer algo, e sempre río moito con ela así que me é igual a onde me leve. Nancy foi a que, a través de súa irmá, me axudou a buscar un apartamento, a amueblalo, a mercar un coche, a levarme ao colexio durante máis de dous meses até que tiven coche, a que me pregunta como estou, a que me di: Hello my friend, hoxe imos a tomar un trago. Ten 51 anos, colombiana e adóroa.

É a que me axuda a facer vida social. No colexio aínda vai habendo xente nova, pero de vida social nada, polo menos conmigo. Delia ten menos de 24 anos e casou este novembro, Jane ten sobre 31 e ten unha nena de 4 anos, outra de ano e medio e está embarazada de xemelgos, Stacey non chegará aos 30 pero a súa relación conmigo non pasa dun sorriso cando nos cruzamos polo corredor. Un día pregunteille a miña caseira que facía a xente de trinta e tantos coma min. Resposta: ou están casados, ou están criando os seus fillos ou están divorciados buscando outro marido. Non o digo eu, foi o que dixo ela.

Por certo, e cambiando de tema, estoume descubrindo a min mesma. Son hispana e católica. Hispana porque é coa xente coa que teño algo en común (vs Los otros). Católica porque o venres santo non traballo por motivos relixiosos, que foi o que lle dixen hoxe á empresa que nos busca substitutos cando faltamos no colexio. Para que despois digan que a fé non é útil.

P.D: Nas listaxes de profesores visitantes para o próximo curso hai un Anxo. Se o coñeces, ¡¡¡¡¡dille que non veña!!!!!
Tes algo que dicir? (7) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-03-2007 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
A arte do circunloquio

Isto mandáronmo hoxe. O susodicho está de profe visitante e, para poñerte en contexto, o que pasou foi o seguinte. A semana pasada os nenos nun recreo mancháronse moito de barro, e a titora decidiu mandarlles un e-mail (que aquí é coma nos comunicamos uns con outros) aos que estaban vixiando o patio.

Non creo que sexa axeitado poñer aquí todo o correo, pero é que o comenzo paga á pena.



"Hi Respected Colleagues,


I am afraid that my boys have crossed the boundary of responsible behavior in regards to the amount of mud they are bringing back into the classroom."



Ten graza, non digas que non, o de "atravesar os límites dun comportamento responsable con respecto á cantidade de barro...". Aínda me gusta máis á tradución ao castizo que fixo o profe:

"Buenas, curritos.
Hoy san pasao tres pueblos. Man llegao tos los churumbeles tarriba de mugre.Man puesto LaUla q da asco verla."

En fin, retórica (barata).

Tes algo que dicir? (1) - Categoría: Xeral - Escrito o 05-03-2007 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
Hai días bos e días malos
Se te levantaches sen forzas coma min, e necesitas un pouco de enerxía, ao mellor che axuda isto que roubei por outros blogos.


Música, maestro!




Se tes o día un pouco tonto, e queres acabar de rematalo, olla isto.




Hoxe non foi un día moi aló, que digamos, así que chegei á casa en busca de enerxía. Por unha banda, os donuts axudáronme. Pola outra, as cancións de arriba.

E que pasou hoxe? Tiven unha reunión coa principal. O asunto era o próximo ano, ía voltar ou volvía para Galicia? Esa era a dúbida que tiña ela, non eu.

Aclareille, xa definitivamente, que volvía para a miña casa, xunta aos meus. Ten fama de ser unha señora dura -algo teño oído dela, que hai cousas internacionais, coma falar mal do teu xefe-, pero conmigo sempre se portou ben. Entendeu perfectamente a miña decisión de voltar para a miña terra.

Deixoume descolocada unha pregunta que me fixo: "¿Que pensas de América?" Empecei a tatabexar un pouco, pero axiña me recuperei. Intentei non mentir, díxenlle que pensaba que América era un gran país e que os americanos eran estremadamente amables. En canto á educación, que non vía moitas diferenzas aquí e aló: nenos que aprenden e nenos que lles custa máis.

Non mentín en ningún momento. A palabra "gran" ten moitas acepcións.
E agora reláxate, ou deprímete, escoitando esta.
Grazas.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 28-02-2007 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Eficacia

Despois da tormenta do decembro pasado.




De puider, ou saber, buscaría o número de entradas que ten esta palabra no meu blogo. Problabemente moitas, así que, como o prometido é débeda, vou explicar porque digo que este país é ineficaz. Aos que vin este nadal, non fai falla que o leades porque xa sabedes de memoria o que vou contar.

Caso un. Decembro do 2006. É xoves 14. Pola tele anuncian unha tormenta de fortes ventos para esa noite. O venres amenzo sen luz e non hai colexio. Saio para fora e vexo que a parte de atrás do xardín está chea de ramallos. Non teño luz como dixen, así que non podo cociñar, que a cociña acéndese coa electricidade, e non teño calefacción, e non teño auga quente, e non teño tele.

Collo o coche para ir mercar un café ao Starbucks, pero todo está pechado: restaurantes, gasolineiras, bancos, semáforos... Polo menos estou de vacacións improvistas, penso. Véñenme ben, que o mércores 20 collo o avión para pasar o nadal en Galicia, así vou facendo a maleta.

O sábado seguinte non vén a luz, nin o domingo, nin o luns, nin o martes, nin o mércores...

Para poñerte en contexto. Vivo en Bellevue, que é unha cidade ao leste de Seattle, a menos de 20 minutos. Ten fama de ser unha zona "rica", xa que as oficinas de Microsoft están moi preto de aquí, e as de Boeing, así que a xente que vive por aquí ten moi bos soldos. Non todas as zonas estiveron sen luz, pero moitas si.

Os ventos foron de arredor de 100 km/h, e non recordaban unha tormenta tan forte nos últimos 20 anos. Aquí a poboación está totalmente espallada: casiña unifamiliar, xardín, casiña unifamiliar, xardín e así sucesivamente. Polo tanto, ao caerense uns árboles, moitas liñas da luz quedaron cortadas. Pero digo eu, ¿recordo estar sen luz durante 7 días na atrasada Galicia? Pois non. ¿Estou na primeira potencia mundial? Pois si.

Caso dous. Fago o seguro do coche por teléfono. Como aínda non teño o carné de conducir do estado de Washington, quedo de enviarlles o número no prazo dun mes. Ao mes, chámanme para preguntarme por el, e dígolles que ese día teño o exame práctico. Se o paso, xa me dan o número. Pregúntolles cal é a mellor forma de enviarllo. Como queira, contéstanme, pola súa web ou por teléfono. Aprobo pola tarde e mándolles un e-mail. Contéstanme dándome as grazas. Aos poucos días, chámante por teléfono preguntándome polo número. Díxenlles que xa lles mandara o e-mail, compróbano e dinme que todo está ben, que non me preocupe. Aos poucos días chégame unha carta que á miña poliza fáltanlle datos moi importantes, e que llos teño que mandar como dixera. ¿Pero que lles pasa? Que lles dean, que ando apurada. Aos poucos días chégame unha segunda carta, igual que a primeira. Eu pasei deles. Non sei se xa se puxeron dacordo entre os distintos departamentos, ou se me deixan por imposible. Eficacia? Non sei que che diga...
A foto estaba aquí.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 27-02-2007 04:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com