En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Chegada aos States, 23 de agosto. |
|
Así é como funcionan as cousas. Colles o avión, mellor dito os avións, e pásaste ao redor de 20 horas entre voo e esperas no aeroporto. E chegas, e partir de aquí xa depende da axuda que che brinde o colexio no que estás.
A nós veunos buscar un profe do colexio, e a directora xa nos tiña reservadas habitacións nun hotel. Noutros casos, outros profesores españois foron buscalos ao aeroporto, algúns quedáronse a durmir nas súas casas, ou mesmo nas de compañeiros do colexio ou do director.
Nós estivemos 11 días nun hotel, até que buscamos un apartamento mentres iamos a cursiños todo o día e iamos traballar ao colexio. A broma saiunos por un ollo da cara.
En fin, isto foi case o primeiro que viron os meus ollos desta nova terra que viña conquistar -e que agora lla cedo gustosamente aos seus aboríxes. |
|
|
|
|