No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

A Praza de Todos os Nomes

A Praza da Quintana é unha praza sobria, pedra sobre pedra, pedra lisa, limpa, sen afeites, como unha vella que está de volta de todo e coñece o futuro. Está dividida en dous. A parte de arriba é a Quintana dos Vivos. A parte de abaixo, a dos Mortos, porque até o século XVIII era un cemiterio. Tamén se chama a Praza dos Literarios, en memoria ao Batallón Literario, que ao principio do século XIX, na Guerra da Independencia Española, loitou contra as aspiracións napoleónicas. Nela está a Porta Santa, tamén coñecida coma a Porta do Perdón.

Hoxe encheuse. Como puido haber tanta xente? Como é posible que haxa tanta xente reclamando liberdade lingüística? Non se pode ir a unha manifestación apoiando o asasinato dunha fala.

Que a praza non acolla mais cadaleitos dos que xa aloxou.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-02-2009 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 Tampouco é tan difícil enchela... ou p#blgtk08#olo menos aparentar que está chea!!!!
E así dixo Edu (08-02-2009 20:35)
2 Parecen moitos pero#blgtk08# son catro gatos...
E así dixo vakastolas (16-02-2009 17:38)
3 Si, xa sei que moitos non eran, pero paréceme tan incrible que máis de #blgtk08#4 persoas crean o que di GB.

E grazas pola vosa visita.
E así dixo A do outro lado (16-02-2009 22:14)
4 Muchisimas gracias por dejarnos la foto por a#blgtk08#qui, la verdad que merece muchisimo la pena.
E así dixo Seguros (13-06-2012 12:43)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com