No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

De tormentas, e de eficacias
Estes días lembreime da miña aventura americana. Lembreime de canto quedei seis días sen luz por culpa dunha tormenta, aló, no primeiro país do mundo. Lembro de como a xente telefonaba á radio para agradecer ao persoal das compañías eléctricas todo o esforzo que estaban a facer para amañar as liñas. Lembro como lles dicía ao indíxenas de aló, se isto pasa no meu país, habíamonos encher de protestar e protestar.

Esta é a crónica do que pasou:

"Decembro do 2006. É xoves 14. Pola tele anuncian unha tormenta de fortes ventos para esa noite. O venres amenzo sen luz e non hai colexio. Saio para fora e vexo que a parte de atrás do xardín está chea de ramallos. Non teño luz como dixen, así que non podo cociñar, que a cociña acéndese coa electricidade, e non teño calefacción, e non teño auga quente, e non teño tele.

Collo o coche para ir mercar un café ao Starbucks, pero todo está pechado: restaurantes, gasolineiras, bancos, semáforos... Polo menos estou de vacacións improvistas, penso. Véñenme ben, que o mércores 20 collo o avión para pasar o nadal en Galicia, así vou facendo a maleta.

O sábado seguinte non vén a luz, nin o domingo, nin o luns, nin o martes, nin o mércores...

Para poñerte en contexto. Vivo en Bellevue, que é unha cidade ao leste de Seattle, a menos de 20 minutos. Ten fama de ser unha zona "rica", xa que as oficinas de Microsoft están moi preto de aquí, e as de Boeing, así que a xente que vive por aquí ten moi bos soldos. Non todas as zonas estiveron sen luz, pero moitas si.

Os ventos foron de arredor de 100 km/h, e non recordaban unha tormenta tan forte nos últimos 20 anos. Aquí a poboación está totalmente espallada: casiña unifamiliar, xardín, casiña unifamiliar, xardín e así sucesivamente. Polo tanto, ao caerense uns árboles, moitas liñas da luz quedaron cortadas. Pero digo eu, ¿recordo estar sen luz durante 7 días na atrasada Galicia? Pois non. ¿Estou na primeira potencia mundial? Pois si."


Incribles as similitudes, agás a resposta cidadá. Uns por mais, e outros por menos...
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 01-02-2009 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com