No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Tu quoque, fili mi?

Guau é unha interxección. É internacional. Os anglos din Wow, que basicamente se pronuncia igual. Isto foi o que se me escapou ao enterarme do asunto de Yolanda e os Aduaneiros.

Vouno interpretar en clave de conflito escolar, que estes días é a miña principal preocupación. Os arraianos dixéronlle unha palabra fea a Yoli, e Yoli foi acusalos á profe. A profe díxolles que coma non pediran perdón ía falar co dire, e os arraianos colleron e marcharon para a casa facendo pucheiros.

Nestes casos a miña actuación sempre é a mesma, de manual. A empatía é o antídoto contra a violencia, así que eu falo co agresor (presunto) e dígolle: Non te das de conta que o que fixeches non lle gusta á agredida (presunta)? E el respóndeme: Pero é que o lle que dixen é verdade... E que como llo contradigo eu?

E así estou eu, e vexo que tamén máis xente, intentando que se consideren os sentimentos e necesidades do próximo, e que acepten con responsabilidade as consecuencias dos propios feitos. Educación para a cidadanía, vamos.

Tes algo que dicir? (5) - Categoría: Xeral - Escrito o 21-10-2007 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentarios
1 Guau, Wow...¡que interesante!
Efectiviwonder, o que ti fas tamén o fago eu, que ven sendo "mediación", no noso caso, escolar. ¿Nonsí?
Pero non me quería eu ver no sitio...
Quero decirche cla#blgtk08#ramente que tes máis razón que unha santa.
Si señora, o que fai falla é o que a dereita non quere e moitos pola esquerda parecen desprezar: Educación para a cidadanía.
Alégrome moito da túa volta.
E así dixo Ninsesabe (24-10-2007 18:11)
2 Fuches a miña vítima dun xoguiño que anda dando voltas pola bloguoteca. Ago#blgtk08#ra queda na túa man facelo. Está colgado no meu blog!
Unha aperta!
E así dixo Anxélica (03-11-2007 17:03)
3 Teño un encarjo para ti no meu blog, cando #blgtk08#podas pasa a recollelo. Si che peta, claro.
E así dixo Ninsesabe (04-11-2007 22:40)
4 Boas f#blgtk08#estas
E así dixo pepe penas (23-12-2007 20:04)
5 eu já tinha este desagradável assunto bastante esquecido. o que me parece particularmente? pois que a cousa foi demasiado longe. e p#blgtk08#or outra banda...parece-me a mim que umha cousa é o tema laboral, e outra cousa é o reconhecimento a determinados vultos da cultura,
E así dixo tangaranho (09-01-2008 17:35)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com