No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

De garaxes e engaraxadores

Eu de grande quero ser engaraxadora. Os engaraxadores ou engaraxadoras non son os que aparcan o coche, non, se non os que fabrican os garaxes.

Son uns seres ou seras moi felices, que se deitan todas as noites co pracer do deber cumprido: asegurarse de que se tarde dez minutos cada mañá en saír co coche, será para escalonar a operación Saída a traballar, digo eu. Tamén son uns enseres, digo seres cunha rara habilidade. Son quen de idear trinta prazas onde, o resto dos mortais, poñeriamos dezaseis. Igualiño que estas persoas que saben como facer unha maleta, que levan de todo no mínimo espazo.

Pero non todo na profesión é bo. Para min que viven moi estresados, porque seguro que cobran unha comisión por cada columna que poñen. Imaxina, idear como poñer unha columna a unha equidistancia doutras seis que permita pasar un coche cun mínimo de doce manobras. Non che é da broma, amigo.

Mais son queridos. Que saiban que me lembro dos seus pais todas as mañás.
Tes algo que dicir? (7) - Categoría: Xeral - Escrito o 09-09-2007 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentarios
1 E esas luces que se acenden cando xa prendeches as largas do coche, e ese ter que entar no coche polo maleteiro porque o todo terreno do lado é máis ancho que as paralelas que os seres ou seras #blgtk08#debuxaron con toda boa fe, e esa curva de subida imposible onde limas a defensa ou o lateral..!!! É para querelos, únome as súas lembranzas.

(Moi moi bo A do outro lado)
E así dixo Doutora Seymour (10-09-2007 00:57)
2 ...e das nais, dijo eu, non me sexas machista.
Ando de volta pola vida#blgtk08# virtual visitando os blogs amijos. Vou ver que escribiches na miña ausencia.
E así dixo Ninsesabe (10-09-2007 07:53)
3 Por certo ¿por #blgtk08#que lado andas?
E así dixo Ninsesabe (10-09-2007 07:59)
4 Para min que o dos garaxes é cousa de#blgtk08# trasnos modernos. Benvida novamente.
E así dixo vakastolas (10-09-2007 13:06)
5 oh... que interesante. Ten razón vakastolas: ighual que noutras épocas os trasnos mouros e fadas aparecíanse aos nosos antergos mentres camiña#blgtk08#ban polas fragas na actualidade aparécensenos entre escuras columnas iluminadas por luces de emerxencia e adubiadas por raiazos con historia.
E así dixo turonio (10-09-2007 19:00)
6 Engaraxador? Gustame, para habería que meter o disenador dese garaxe alí dentro co#blgtk08#n coche novo e obrigalo a metelo en cada unha das prazas.
A ver si aprenden
E así dixo mueja (25-09-2007 16:38)
7 Dun espazo pequeno facer moitos ainda mais pequenos e chamarll#blgtk08#e plazas...¿Ven sendo un milagre ou son cousas da imaxinación?
E así dixo pepe penas (27-09-2007 22:11)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0