Non está sendo moi inspirador o recén inaugurado curso. Pero eu insisto, que como din os que saben, se chega a inspiración que me pille traballando. Tres cousiñas.
Como me aburro, pois puxen a letra do blogo un pouco máis grande: de non ser interesante o que poño, cando menos que se lea ben. Burro grande, ande que non ande.
Ao escribir este artigo tan profundo e interesante, non estaba segura se
inauguración levaba un
n ou dous, así que consulteino co
VOLGA, Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega. Vén sendo, para o que quere escribir en galego, coma o
Vademecum para os médicos, ou a
lista Forbes para os altruístas: imprescindible. Se queres poñer unha palabra que non aparece nel, tes un problema, rapás, ti ou a normativización da lingua.
E mentres tanto, a escoitar un pouco de inglés, que o teño moi abandonado. Preséntoche a
Vaughan.