En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
The easyway, deixando de fumar |
|
 Un verán non da para nada. Dous meses levo perdidos entre desfacer a maleta (atopalas primeiro, claro), lavar a roupa, esperar a que veña o verán para que seque (que non deu vido) e deixar de fumar.
Un día coma outro, sen máis, concretamente o 8 de agosto ás 11:20 am, decidín pedir prestado o libro do señor Allen (R.I.P.), que tamén é mala sorte, forrarse escribindo un libro para deixar de fumar e morrer de cáncer de pulmón. A vida non é xusta, seica. En fin, que me axudou, aínda que parece que flaqueo un pouquiño así que me darei algunha visita por aquí. Se fumas, fai o test, que para min que está trucado...
|
|
|
|
4 Comentarios |
|
1 |
Primero darte a noraboa, deixar de fumar foi o mellor que me pasou na miña vida, e como el mesmo di, o truco esta en non volver a coller nada de tabaco#blgtk08# en ningunha das suas variantes, asi que eu dende fai dous anos, os porros so de herba, son os mellores... (tampouco hai que deixalo todo...) Un Saúdo. |
|
|
E así dixo tonhitoazul (05-09-2007 01:58) |
|
|
2 |
Grazas pola noraboa. Agardo que non teña que#blgtk08# desdicirme nunca. E noraboa para ti tamén! |
|
|
E así dixo A do outro lado (05-09-2007 18:09) |
|
|
3 |
Eu tamén deixei de fumar e nos EEUU. o meu sistema funcionoume e recoméndocho.
A min, cando intentaba deixar de fumar, o que acababa comigo é o de deixar de fumar para sempre. Semellábame demasiado tempo. Desta volta o que fixen foi autoenganarme poñéndome fin de etapas.Ó primeiro día, cando me apetecía, dicía para min: agora non, dentro dunha hora. E as gañas marchaban !. As etapas foron facén#blgtk08#dose máis longas e púñame metas de cada vez máis alonxadas no tempo. Primeiro era unha hora, logo máis tempo. Logo un día. Logo dicía para o meu cumpreanos, chegaba a data e non me apetecía. Logo Nadal, fin de ano, etc, etc e agora nin se me acorda nin me apetece. En ano e nove meses só fumei dous cigarros nunha reunión de blogueiros. That´s it.
Espero que che sirva de algo a miña experiencia. |
|
|
E así dixo paideleo (05-09-2007 23:45) |
|
|
4 |
É certo. O que levo peor é pensar que nunca máis voltarei fumar. Pero despois penso, e para que quero meter fu#blgtk08#me nos pulmóns? Veremos como segue a historia. Agardo que teña un final feliz para min e malo para Tabacalera. |
|
|
E así dixo A do outro lado (09-09-2007 13:07) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|