Tomei unha decisión. Como se ve que, aínda que non de forma deliberada, o blogo está un pouco moribundo (por razóns alleas a min,
of course),vou pechalo por vacacións do persoal até o 1 de setembro.
Así, se se me antoxa escribir algo antes podo pensar que qué traballadora son, pero se non, non hei ter remordementos.
Tamén, ao poñer data límite, sei que o 1 de setembro terei que escribir algo. Xa que logo, isto non é unha despedida, coma a de
Sempre en Galiza (que a ver se é verdade que o punto é seguido), senon un até logo.