No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Tan gallego como el gallego, de enfados e tristuras




Querido compatriota castelán falante,

Non é tarefa doada explicarche os meus sentimentos. Non é tarefa doada facerche entender que non estou na túa contra, máis preciso da túa axuda para que a terra na que vivo, traballo, gozo e morrerei algún día fale galego conmigo, e o fale tamén cos meus fillos.

Eu non quero que ti cambies, pero non me pidas que os meus fillos o fagan. Eu sei que o que che pido non é fácil, máis ás veces, a xustiza precisa dun esforzo, e esta vez tocouche a ti facelo. Se na nosa casa hai que falar dúas linguas dende o século XV, falarémolos logo, e ben mirado tamén é un beneficio, que non todo o mundo pode presumir de ser bilingüe, dous por un, como nas mellores rebaixas.

Lendo na páxina tan gallego como el gallego non podo deixar de sentir carraxe, a miña bile súbeme pola gorxa e déixame un sabor agridoce na comisura da boca. E leo o foro, e esa rabia deixa paso a unha tristura moi fonda. Tristura porque, aínda que non o saiban, están atentando contra a lingua coa que quero, contra a lingua coa que conto, contra a lingua coa que choro.

E preciso da túa axuda. Paradoxal, máis certo. Eu soa non son quen de defender o meu, preciso de ti, de que defendas algo que non é teu, aínda que o estimes. Preciso que te sobrepoñas aos encordios que che suporá, pero coa satisfacción do deber cumplido.

E agardo, que percorrendo o camiño, todos aprendamos algo.
Tes algo que dicir? (14) - Categoría: Xeral - Escrito o 16-06-2007 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentarios
1 A día de hoxe sigo emocionándome cando leo texto coma estes. Non podo estar máis dacordo contigo. Pero lembra que, a pesar de#blgtk08# que exista xente coma a que ti dis, inda somos moitos que intentamos que a nosa lingua perviva.

Unha aperta!
E así dixo Anxélica (16-06-2007 21:37)
2 Por certo, gustoume moito o teu #blgtk08#blog, voltarei a miúdo por aqui
E así dixo Anxélica (16-06-2007 21:43)
3 Por certo, gustoume moito o teu #blgtk08#blog, voltarei a miúdo por aqui
E así dixo Anxélica (16-06-2007 21:50)
4 Agora teño que levantar o sombreiro ante as túas verbas.
Mui ben dito e dende o punto de vista sentimental que unha lingua non deixa de ser sentimentos feitos palabras.
Encantoume de verdade.

E para darlle un toque humorístico a este asunto vouche contar unha anécdota que me#blgtk08# pasou. Estaba eu na Citroën no turno de noite haberá uns oito anos e venme un rapaz: Oye, a ti te gusta el gallego, verdad ?. Así dito sen mal ningún porque eu era un dos poucos que falaban galego sempre no turno de noite que era xente eventual coma min. E eu resposteille: Home; eu prefiro unha galega.
E así dixo paideleo (16-06-2007 22:21)
5 Grazas Anxélica. Así da gusto. Seremos moitos os que defendemos o galego, pero cada vez son máis os que non se decatan que está a esmorecer,#blgtk08# e hai que facer algo.

Paideleo, moi bo o da galega. Non concordo contigo, que eu até agora sempre tirei máis polo galego...
E así dixo A do outro lado (16-06-2007 22:41)
6 Tengo que decirle que me ha enc#blgtk08#antado.
Un saludo sureño
E así dixo Ra (17-06-2007 00:35)
7 A xente que fomenta o descoñecemento é moi perigosa... se por eles fora nas escolas ensinaríase que Deus creou o mundo e que as diferentes linguas do mundo son un castigo diviño... eles anceian #blgtk08#voltar aos "tempos pre-Babel" cando os homes falaban todos na mesma lingua, de igual xeito que agora o fan os cans.

Fuxide sempre dos parvos, pois anceian facer parvos aos mais :/
E así dixo Suso (17-06-2007 20:17)
8 Fermoso primeiro párrafo, quen non o sinta e o comprenda, quizais non merece#blgtk08# máis explicacións. Quizais son deses que só aprenden a amar por imposición.
E así dixo Doutora Seymour (17-06-2007 21:29)
9 Levo días a voltas con esa historia, na miña cabeza aínda me parece que é irreal ou unha broma de mal gusto, non o quero crer, prefiro pensar que ós galegos nos queda un ch#blgtk08#isco de sentido, bastante dano nos temos feito xa, non si? Pero si é certo espero que algún deles lean estas fermosas palabras que chegan dende o outro lado e recapaciten.
E así dixo vakastolas (17-06-2007 22:27)
10 SOBE#blgtk08#RBIO
E así dixo (19-06-2007 08:12)
11 soberbio, o arti#blgtk08#go, por suposto.
E así dixo (19-06-2007 08:14)
12 Grazas a todos por pasarvos por aquí. Tes razón, comentarista 10 e 11, o qu#blgtk08#e hai é moito soberbio, pero seguro que o tempo pon a cada un no seu lugar.
E así dixo A do outro lado (20-06-2007 07:19)
13 Con este tema andiven a voltas, ainda ando, realmente estou tentando loitar contra eles, contra o seu oscurantismo, penso, a quen queren protexer, a quen queren enganar, pero a resposta como sempre vai un pouco máis lonxe do evidente, queria ter a esperanza de que realmente eran pais de alumnos preoucupados, pode que algo ignorantes, pode que algo pechados, pero coma sempre, en todolos foros e blogs, cheguei a triste conclusión de que a pólitica coma sempre, neste caso do partido popular, anda detrás de todo isto, de feito hoxe a última hora, feixó retiroulle o seu apoio o bi-partito con isto do decreto.Nin sequera, cando os de Tan galle#blgtk08#go, estaban a recoller firmas pensei que a sua necedade, que a sua torpeza, os levará o máis evidente, pero asi foi, so son marionetas dun interés superior, so nos queda a nosa perseverancia, a nosa constancia é a nosa mellor arma contra eles, nos so continuaremos a falar e a escribir a nosa lingua, eles sen embargo, teñen que esforzarse por borrar todo rastro da sua galeguidade e ser cada dia mellores españois, non lles queda nada!

Deixovos unha ligazón dun blogo, que seguro que alguns xa coñecedes e que parodia a esta asociación, espero que vos guste.
Un saudo.
http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/
E así dixo Alberte Fotografando (29-06-2007 04:23)
14 Dinme conta de que tiñas xa a ligazón#blgtk08#, perdoa polo erro.
Un saudo.
E así dixo Alberte (29-06-2007 05:34)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0