En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?
Os cruzamentos nunca tiveron boa fama. Xa a Santa Compaña aparecía por eles. E é onde se corre máis perigo. Tamén é un punto de inflexión. Ao chegar a eles, tes que decidirte, pola dereita ou pola esquerda, e unha vez que colles unha de voltares atrás perdes tempo.
No blogo de toc, toc, hai alguén aí? aparece o enlace a un documental que se emitiu na galega sobre o galego. A min gustoume moito, e penso que é o que fai falla. Debate, que se fale do problema, que todos, galegofalantes e castelanfalantes, se dean conta de que é un problema. O vídeo está aquí. Paga a pena.
Eu non puiden miralo no seu día e a actual conexión da interrede tarda un mundo en baixar un vídeo así que quedo coa#blgtk08#s gañas de miralo.
Cambiando de tema, as barbacoas son un bo invento americano. Desfrútaas mentres esteas aí.