En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fabes |
|

Hoxe a miña caseira tróuxome a cea. Éche unha muller ben agradable, gústame. Se está de bo humor, baixa falar conmigo. Se non, pasan as semanas e non a vexo. Como debe de ser, non tanta falsa amabilidade nin hipocresía.
Chegou toda contenta e díxome Mira o que atopei na tenda, un plato típico de Norhtern Spain. Xa me contarás que tal está a versión americana.
Eu non son moi amiga das alubias, que digamos, pero como debo ter unha anemia de cabalo que para min que os donuts non me proporcionan todos os nutrientes que preciso, comín unhas poucas. Son importadas, produto de Spain, di a etiqueta e sabían a fabas, sen chorizo, sen xamón, pero a fabas. Para complementar, engadínlle un donuts de sobremesa.
Bo proveito. |
|
|
|
3 Comentarios |
|
1 |
Eu non sei si non serán precisamente os donuts a causa dos teus males...¿Por#blgtk08# que non probas a tomar un pouquiño de xamón cun vasiño de viño tinto do bo? |
|
|
E así dixo Ninsesabe (03-05-2007 12:43) |
|
|
2 |
A próxima vez carga de fabas de Lourenzá, as mellores d#blgtk08#o mundo, para pasar o atlántico e esquecete dos donuts. |
|
|
E así dixo a randeeira (03-05-2007 16:10) |
|
|
3 |
Moito mellor un prato de fabas deslaimadas sen chourizo nen sal nen nada que un donut deses... e#blgtk08# dío un que tamén viaxou polo mundo e sabe que a comida alén das nosas fronteiras é unha merda. |
|
|
E así dixo Suso (05-05-2007 03:16) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|