No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Facilidades
Neste tempo de tolos no que vivimos, é moi fácil perdelo norte, tolear e desexar a morte do veciño. Se por riba, temos á man unha arma, ecuación perfectamente mortífera.

É curioso que me enterase do tiroteo de Virxinia porque mo dixeches ti polo chat. Non é do primeiro tiroteo que teño oído este curso. Unha profesora visitante que está a menos dunha hora de aquí este ano viu cos seu propios ollos coma no seu instituto, antes do Nadal, un estudante colleu de pistola e matou a un compañeiro.

Estiven pola tarde vendo a televisión. O tratamente informativo que se lle deu é similar ao que se lle daría por aí, falan os compañeiros, falan as nais, buscan culpables, preguntan á universidade se non debera pechar as instalacións cando se produce o primeiro tiroteo. Sorpréndeme a entereza, ou frialdade, coa que falan algúns dos que viviron o suceso. Imaxino que será a diferenza entre ser anglo e latino.

Non é bon o que pasou. Trinta e tres persoas que se foron antes de tempo. Gustoume como rematou un documental hoxe, co Hallelujah versionado por Jeff Buckley.


Tes algo que dicir? (11) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-04-2007 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentarios
1 A cultura das armas que impera nos USA era, ata fai pouco tempo, algo que non se comprendía neste lado do atlántico pero dende fai #blgtk08#pouco tempo vemos nos xornais como a violencia escolar está a medrar no noso entorno máis próximo. Temos que parar esta tolería xa.
E así dixo a randeeira (18-04-2007 09:09)
2 Agora tratan de buscarlle unha explicación psiquiátrica. Erran.
Que prejunten ós soc#blgtk08#iólogos.
E que non sexa tan fácil comprar un arma mortífera coma un chicle de fresa.
E así dixo Ninsesabe (18-04-2007 14:03)
3 Tarde ou temprano tiña que ocurrir outra vez. Sempre toman as armas coma o máis natural do mundo. Nos viviamos a 15 min do estado de Virxinia q moitas veces visitamos Os estados sureños son moi rurales e a tradición das armas é para eles algo normal, son simplemente un arma de traballo.Hai q#blgtk08#ue velo para crelo,cando profes (que un cre abertos e do máis implicados na educación)e ata rapaces te miran con cara de tola cando lles dis que cres nun mundo sen armas. Por certo a única música que escoito ultimamente e a que publicades os blogueiros, asi que gracias por escoller tan ben!
E así dixo Cris (18-04-2007 22:07)
4 Este mundo no que vivimos é unha fábrica de asasinos potenciais, e non queremos decata#blgtk08#rnos, si que hai explicacións psiquiátricas, e sociolóxicas, e moitas, moitas máis...
E así dixo Doutora Seymour (19-04-2007 00:14)
5 As armas disque as carga o demo...Se iso e cert#blgtk08#o non se deberían vender coma se foran patacas.
E así dixo pepe penas (19-04-2007 00:23)
6 Non sei, a min o que verdadeiramente me fode é que son moi liberais e moi individualistas pero para que según que cousa#blgtk08#s.

Case parece que é máis doado mercar unha arma que unha cervexa ou se me apuras un paquete de tabaco.
E así dixo (19-04-2007 00:37)
7 Por se vos serve de consolo aos profes visitantes a min ese ano traboume un neno. (Claro que era de#blgtk08# infantil). Pero bueno, se chega a ser nos EEUU seguro que ten permiso de armas e pégame un tiro.
E así dixo (19-04-2007 00:41)
8 Tolos hainos en todos lados, a diferenza é a capacidade que teñen de matar. No Estado Español hai un arma (legal) por cada 5000 habit#blgtk08#antes, nos USA hai unha por cada 5. A única limitación que teñen é non mercar máis dun arma ó mes... un xa non sabe se rir ou chorar.
E así dixo Suso (20-04-2007 20:46)
9 Bonita canción...(sobre l#blgtk08#o otro, sin comentarios)
E así dixo mamiago (21-04-2007 01:44)
10 Nada que engadir os comentarios, salvo que terian que prohibir as armas e punto.
En canto a canción, eu coñeciaa de escoitala en numerosas series, onde acostuman a poñela como potenciador emocional dunha situación de por si, comprometida e lacri#blgtk08#móxena.
Non coñecia nada da historia de Jeff Buckley, non sabia que esta era unha versión dunha canción de Leonard cohen, máis a sua historia, dende logo conseguiu sorprenderme, tentarei escoitar máis cancions suas, moi boa escolla, como sempre.
E así dixo Alberte Fotografando (25-04-2007 05:50)
11 Pois xa estamos todos de acordo. Viva un mundo de liberdade, #blgtk08#no que a palabra signifique un respecto absoluto polo veciño.
E así dixo A do outro lado (27-04-2007 04:08)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0