No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Eficacia

Despois da tormenta do decembro pasado.




De puider, ou saber, buscaría o número de entradas que ten esta palabra no meu blogo. Problabemente moitas, así que, como o prometido é débeda, vou explicar porque digo que este país é ineficaz. Aos que vin este nadal, non fai falla que o leades porque xa sabedes de memoria o que vou contar.

Caso un. Decembro do 2006. É xoves 14. Pola tele anuncian unha tormenta de fortes ventos para esa noite. O venres amenzo sen luz e non hai colexio. Saio para fora e vexo que a parte de atrás do xardín está chea de ramallos. Non teño luz como dixen, así que non podo cociñar, que a cociña acéndese coa electricidade, e non teño calefacción, e non teño auga quente, e non teño tele.

Collo o coche para ir mercar un café ao Starbucks, pero todo está pechado: restaurantes, gasolineiras, bancos, semáforos... Polo menos estou de vacacións improvistas, penso. Véñenme ben, que o mércores 20 collo o avión para pasar o nadal en Galicia, así vou facendo a maleta.

O sábado seguinte non vén a luz, nin o domingo, nin o luns, nin o martes, nin o mércores...

Para poñerte en contexto. Vivo en Bellevue, que é unha cidade ao leste de Seattle, a menos de 20 minutos. Ten fama de ser unha zona "rica", xa que as oficinas de Microsoft están moi preto de aquí, e as de Boeing, así que a xente que vive por aquí ten moi bos soldos. Non todas as zonas estiveron sen luz, pero moitas si.

Os ventos foron de arredor de 100 km/h, e non recordaban unha tormenta tan forte nos últimos 20 anos. Aquí a poboación está totalmente espallada: casiña unifamiliar, xardín, casiña unifamiliar, xardín e así sucesivamente. Polo tanto, ao caerense uns árboles, moitas liñas da luz quedaron cortadas. Pero digo eu, ¿recordo estar sen luz durante 7 días na atrasada Galicia? Pois non. ¿Estou na primeira potencia mundial? Pois si.

Caso dous. Fago o seguro do coche por teléfono. Como aínda non teño o carné de conducir do estado de Washington, quedo de enviarlles o número no prazo dun mes. Ao mes, chámanme para preguntarme por el, e dígolles que ese día teño o exame práctico. Se o paso, xa me dan o número. Pregúntolles cal é a mellor forma de enviarllo. Como queira, contéstanme, pola súa web ou por teléfono. Aprobo pola tarde e mándolles un e-mail. Contéstanme dándome as grazas. Aos poucos días, chámante por teléfono preguntándome polo número. Díxenlles que xa lles mandara o e-mail, compróbano e dinme que todo está ben, que non me preocupe. Aos poucos días chégame unha carta que á miña poliza fáltanlle datos moi importantes, e que llos teño que mandar como dixera. ¿Pero que lles pasa? Que lles dean, que ando apurada. Aos poucos días chégame unha segunda carta, igual que a primeira. Eu pasei deles. Non sei se xa se puxeron dacordo entre os distintos departamentos, ou se me deixan por imposible. Eficacia? Non sei que che diga...
A foto estaba aquí.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 27-02-2007 04:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentarios
1 Para politizar un pouco isto que está algo mustiu.

Exemplos de eficacia GZ

Caso un: érase unha vez un barquiño que levava petróleo cara non sei onde cuxo nome non me quero lembrar, e nisto, unha tormenta, e claro como o devandito barco era velliño e non pasara a ITV, averiou e chamaron aos da grúa. Pois mira andiveron co barco dun lado para outro ata que rachou no medio da nada. Claro que como perdía algo de aceite nos ires e vires por eses mundos de Deus ciscou algo de plastilina pola auga. Pero dada a eficacia que nos caracteríza na vella europa as praias iso si quedaron esplendorosas.

Caso 2: recentemente, outro barco que levaba nitram#blgtk08#on - si o das patacas - (quen mo dera o carallo ese do barco en cepido que íanse dar unhas patacas de carallo (mira en google maps, se aparece cepido, senón pregúntalle a teu avó onde está). Bueno pois resulta que o barco ese tivo tamén uns problemas, seica lles queceu o 15,15,15 (nitramón) e nisto cal é a primeira solución, non se sabe e de volta o barco pra riba e pra baixo. Bueno esta historia xa acaba ben e finalmente non pasa nada. Pero se chega a levar petróleo non sei como sería.

Caso 3: desde que teño memoria todos os veráns que non chove, arde todo o monte, e parece que así seguirá.


Caso 4: eu mesmo, son o exemplo perfecto de eficacia.
E así dixo Mr. Eficacia (27-02-2007 16:41)
2 Penso que eres algo inxusta, hai cousas que fan ben. Vouche poñer algúns exemplos:

1º Executan bastante ben a pena de morte, polo de agora non se sabe de ningún executado que resucitase.

2º Guantánamo, penso que é o paradigma d#blgtk08#e eficacia.

3º Invadir paises

4º Derrocar governos

5º E por fin, a coca cola, ese invento maravilloso cando tes resaca, iso si acompañado dun alksltzer que non sei de onde é, pero dame que é da Bayer, ergo Alemán
E así dixo Túzaro (27-02-2007 16:59)
3 Entón, como estás tan en contra da eficacia, cando volvas serás a #blgtk08#funcionaria máis eficaz de Galicia, é dicir, a única, non si?
E así dixo yoli (27-02-2007 18:36)
4 Supoño que co tempo irás vendo as cousas doutro xeito. O cambio de continente, e incluso horario, e xa non digamos o shock cultural que supón adaptarse a outro sistema de vida poida que non te faga moi obxectiva neste momento.

Aínda que poida parecer que a adaptación é máis doada nos USA que noutros paises máis exótico polo feito#blgtk08# de estarmos todos moi influenciados por todo américano, aquí so nos chega nos usos máis superficiais, lecer, cultura, moda... o certo que ten que ser outro mundo con outros modos de pensar e desfrutar ou malgastar á vida moi diferente á nosa.

Segundo vaia pasando o tempo irás mudando o teu parecer emitindo uns xuízos máis xustos.
E así dixo Antón (27-02-2007 20:44)
5 Punto para ti,


http://#blgtk08#www.nytimes.com/2007/02/27/opinion/27tue3.html
E así dixo (27-02-2007 21:21)
6 Mimá, que perigo ten isto, que creo que me estou quentando...

Por partes:

1) Totalmente dacordo en que en Galicia non se fan as cousas ben. Insisto, por se a alguén non lle quedou claro, estou vivindo na primeira potencia mundial...

2) Cando vés para o States, traes uns sentimentos encontrados. Por un lado, está o certo antiamericanismo que moita xente ten. Polo outro, no fondo do corasón, diste a ti mesma: "Voume para o país máis avanzado do mundo mundial e parte do estranxeiro, seguro que vou flipar co que me vou encontrar. Este país ten que ser o primeiro por algo..."

Dito isto, aclaro que as miñas opinións non son en absoluto obxectivas, nin as miñas nin as de ninguén, todo sexa dito.

Os primeiros meses, até o nadal paseino moi mal, pensando que eu non me adaptaba a esta v#blgtk08#ida de merda porque non estou de viaxar, miña xoia de Galicia para os Estados Unidos, son medio parva...

Ben, falo con máis xente despois. Españois e mexicanos: un profesor que estivo vivindo un ano en Inglaterra, unha mestra que estivo vivindo seis anos en Zimbabwe, un filólogo que estivo vivindo nos países bálticos, un químico que está gozando aquí dunha beca, unha muller que ten ao seu marido traballando aquí en Microsoft, outra que leva aquí non sei cantos anos xa casada en con fillos... E mira ti por onde, uns máis, outros menos, opinan o mesmo.

Sei positivamente que noutros estados, concretamente en California, a maioría da xente que vai coma min repite e está o tres anos. Nos estados de Washigton e Oregon, o 90% marchamos para España a fume de carozo. E repito, a palabra máis oída cando nos xuntamos é decepción.
E así dixo Eu (28-02-2007 04:03)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0