No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Vai para ti, Feijoo

Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-04-2009 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Tristura

A foto
Tes algo que dicir? (5) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-03-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Praza de Todos os Nomes

A Praza da Quintana é unha praza sobria, pedra sobre pedra, pedra lisa, limpa, sen afeites, como unha vella que está de volta de todo e coñece o futuro. Está dividida en dous. A parte de arriba é a Quintana dos Vivos. A parte de abaixo, a dos Mortos, porque até o século XVIII era un cemiterio. Tamén se chama a Praza dos Literarios, en memoria ao Batallón Literario, que ao principio do século XIX, na Guerra da Independencia Española, loitou contra as aspiracións napoleónicas. Nela está a Porta Santa, tamén coñecida coma a Porta do Perdón.

Hoxe encheuse. Como puido haber tanta xente? Como é posible que haxa tanta xente reclamando liberdade lingüística? Non se pode ir a unha manifestación apoiando o asasinato dunha fala.

Que a praza non acolla mais cadaleitos dos que xa aloxou.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-02-2009 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Decepcionada coa marijuana

Estados Unidos. De América. Michael Phelps. A federación de natación dos citados estados decide suspender durante tres meses ao nadador, pero non por dopaxe, non, senón porque un tabloide (que é como un xornal, pero en pequeno) británico sácao fumando marijuana. A citada federación quere mandar unha forte mensaxe. Que utilicen uns altofalantes, digo eu. Síntese decepcionada. Eu tamén.

Tes algo que dicir? (1) - Categoría: Xeral - Escrito o 06-02-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Intransixente con Galicia Bilingüe
Intransixente quere dicir incapacidade de consentir en parte co que non se cre xusto, razoable ou verdadeiro. Creo que unha das consecuencias de cumprir anos é, xunta ao incremento do tamaño do nariz e as orellas, unha maior intransixencia. E non me gusta. Trato de loitar contra isto. Pero Galicia Bífida, digo Galicia Bilingüe pódeme. Pódeme por manipuladores e desleais. E agora as gaivotas máis rebuldeiras do panorama político súmanse á festa. Hai algo que me produce máis carraxe que a intransixencia, e é a manipulación.

Tes algo que dicir? (2) - Categoría: Xeral - Escrito o 01-02-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
De tormentas, e de eficacias
Estes días lembreime da miña aventura americana. Lembreime de canto quedei seis días sen luz por culpa dunha tormenta, aló, no primeiro país do mundo. Lembro de como a xente telefonaba á radio para agradecer ao persoal das compañías eléctricas todo o esforzo que estaban a facer para amañar as liñas. Lembro como lles dicía ao indíxenas de aló, se isto pasa no meu país, habíamonos encher de protestar e protestar.

Esta é a crónica do que pasou:

"Decembro do 2006. É xoves 14. Pola tele anuncian unha tormenta de fortes ventos para esa noite. O venres amenzo sen luz e non hai colexio. Saio para fora e vexo que a parte de atrás do xardín está chea de ramallos. Non teño luz como dixen, así que non podo cociñar, que a cociña acéndese coa electricidade, e non teño calefacción, e non teño auga quente, e non teño tele.

Collo o coche para ir mercar un café ao Starbucks, pero todo está pechado: restaurantes, gasolineiras, bancos, semáforos... Polo menos estou de vacacións improvistas, penso. Véñenme ben, que o mércores 20 collo o avión para pasar o nadal en Galicia, así vou facendo a maleta.

O sábado seguinte non vén a luz, nin o domingo, nin o luns, nin o martes, nin o mércores...

Para poñerte en contexto. Vivo en Bellevue, que é unha cidade ao leste de Seattle, a menos de 20 minutos. Ten fama de ser unha zona "rica", xa que as oficinas de Microsoft están moi preto de aquí, e as de Boeing, así que a xente que vive por aquí ten moi bos soldos. Non todas as zonas estiveron sen luz, pero moitas si.

Os ventos foron de arredor de 100 km/h, e non recordaban unha tormenta tan forte nos últimos 20 anos. Aquí a poboación está totalmente espallada: casiña unifamiliar, xardín, casiña unifamiliar, xardín e así sucesivamente. Polo tanto, ao caerense uns árboles, moitas liñas da luz quedaron cortadas. Pero digo eu, ¿recordo estar sen luz durante 7 días na atrasada Galicia? Pois non. ¿Estou na primeira potencia mundial? Pois si."


Incribles as similitudes, agás a resposta cidadá. Uns por mais, e outros por menos...
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 01-02-2009 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Facendo a dixestión


A comida, o pracer dos pobres, di meu pai. Para algúns, eu mesma, máis que pracer é un vicio. Pero é lóxico, vendo o que me poñen diante.Porque un que anda por aquí pola casa, gruñindo ás veces, outras cantando, agora deulle pola cociña. Claro, lévao nos xens, e que ben o leva. Que lle dure.

Menú degustación.
Tes algo que dicir? (9) - Categoría: Xeral - Escrito o 24-05-2008 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
De paseo por Dublín

Como o prometido é débeda, aquí están as fotos de Dublín. Tamén están as dos acantilados de Moher, que están na costa oeste da illa esmeralda. Que goces do paseo.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 23-05-2008 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Veño dun enterro
Veño dun enterro. Foi cara ao medio día. Madruguei para acercarme a amosar os meus respectos. Era querido o difunto, así que aínda foi velo xentiña. Pasaba da hora e puxémonos en movemento, paseniño. Algúns berraban, outros ían calados, outros miraban para o lado. E coma nos enterros, tamén se oen burradas, como o de galicia bilingüe pin pan pun, pois que queres que che diga, burradas. Chegamos á Quintana, a dos vivos e a dos mortos. E falaban os do palco. Pero o mais bonito foi ao final, cando todos cantamos o himno, porque é o que ten o noso himno, o único do mundo que empeza cunha interrogación, que une.

E o que pasa con enterros. Que se volta triste, pero ao mellor este é como o chiste, que se levanta o morto. Oxalá.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-05-2008 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Bloody Sunday
Non me podo crer as novas hoxe. Non podo pechar os ollos sen que se me aparezan as imaxes. Maldito domingo. Maldita violencia.




I cant believe the news today
Oh, I cant close my eyes and make it go away
How long...
How long must we sing this song?
How long? how long...

cause tonight...we can be as one
Tonight...

Broken bottles under childrens feet
Bodies strewn across the dead end street
But I wont heed the battle call
It puts my back up
Puts my back up against the wall

Sunday, bloody sunday
Sunday, bloody sunday
Sunday, bloody sunday (sunday bloody sunday...)
(allright lets go!)

And the battles just begun
Theres many lost, but tell me who has won
The trench is dug within our hearts
And mothers, children, brothers, sisters torn apart

Wipe the tears from your eyes
Wipe your tears away
Wipe your tears away
I wipe your tears away
(sunday, bloody sunday)
I wipe your blood shot eyes
(sunday, bloody sunday)

And its true we are immune
When fact is fiction and tv reality
And today the millions cry
We eat and drink while tomorrow they die

The real battle yet begun (sunday, bloody sunday)
To claim the victory jesus won (sunday, bloody sunday)
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 25-04-2008 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com