No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Facendo a dixestión


A comida, o pracer dos pobres, di meu pai. Para algúns, eu mesma, máis que pracer é un vicio. Pero é lóxico, vendo o que me poñen diante.Porque un que anda por aquí pola casa, gruñindo ás veces, outras cantando, agora deulle pola cociña. Claro, lévao nos xens, e que ben o leva. Que lle dure.

Menú degustación.
Tes algo que dicir? (2) - Categoría: Xeral - Escrito o 24-05-2008 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De paseo por Dublín

Como o prometido é débeda, aquí están as fotos de Dublín. Tamén están as dos acantilados de Moher, que están na costa oeste da illa esmeralda. Que goces do paseo.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 23-05-2008 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Veño dun enterro
Veño dun enterro. Foi cara ao medio día. Madruguei para acercarme a amosar os meus respectos. Era querido o difunto, así que aínda foi velo xentiña. Pasaba da hora e puxémonos en movemento, paseniño. Algúns berraban, outros ían calados, outros miraban para o lado. E coma nos enterros, tamén se oen burradas, como o de galicia bilingüe pin pan pun, pois que queres que che diga, burradas. Chegamos á Quintana, a dos vivos e a dos mortos. E falaban os do palco. Pero o mais bonito foi ao final, cando todos cantamos o himno, porque é o que ten o noso himno, o único do mundo que empeza cunha interrogación, que une.

E o que pasa con enterros. Que se volta triste, pero ao mellor este é como o chiste, que se levanta o morto. Oxalá.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-05-2008 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bloody Sunday
Non me podo crer as novas hoxe. Non podo pechar os ollos sen que se me aparezan as imaxes. Maldito domingo. Maldita violencia.




I cant believe the news today
Oh, I cant close my eyes and make it go away
How long...
How long must we sing this song?
How long? how long...

cause tonight...we can be as one
Tonight...

Broken bottles under childrens feet
Bodies strewn across the dead end street
But I wont heed the battle call
It puts my back up
Puts my back up against the wall

Sunday, bloody sunday
Sunday, bloody sunday
Sunday, bloody sunday (sunday bloody sunday...)
(allright lets go!)

And the battles just begun
Theres many lost, but tell me who has won
The trench is dug within our hearts
And mothers, children, brothers, sisters torn apart

Wipe the tears from your eyes
Wipe your tears away
Wipe your tears away
I wipe your tears away
(sunday, bloody sunday)
I wipe your blood shot eyes
(sunday, bloody sunday)

And its true we are immune
When fact is fiction and tv reality
And today the millions cry
We eat and drink while tomorrow they die

The real battle yet begun (sunday, bloody sunday)
To claim the victory jesus won (sunday, bloody sunday)
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 25-04-2008 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dublineando
Xa tiña mono de estranxeiro. Produce unha sensación ben curiosa isto de estranxear, como que todo che gusta máis.


Esta fin de semana pasada funme para Dublín, xa que logo. É unha cidade moi viva, alegre e con boas vibracións. Fun visitar a Molly Malone, unha peixeira de dudosa reputación que é a protagonista dunha fermosa canción irlandesa.


Ademais de patear toda a cidade, que é doado de facer, tamén paramos abondosas veces a tomar un refrixerio en calquera das tabernas que por alí hai. As máis turísticas son as da zona do Temple Bar, na que hai ambiente a calquera hora do día.



00146

Segundo vai tendo tempo, espero colgar algunha foto neste enlace.

Mentres esperas, escoita esta bonita canción.




In Dublin's fair city, where the girls are so pretty
I first set my eyes on sweet Molly Malone
As she wheeled her wheelbarrow through streets broad and narrow
Crying cockles and mussels alive a-live O!

A-live a-live O! A-live a-live O!
Crying cockles and mussels alive a-live O!


She was a fishmonger and sure it was no wonder
For so were her father and mother before
And they both wheeled their barrows through streets broad and narrow
Crying cockles and mussels alive a-live O!


She died of a fever and no one could save her
And that was the end of sweet Molly Malone
Now her ghost wheels her barrow through streets broad and narrow
Crying cockles and mussels alive a-live O!

Tes algo que dicir? (9) - Categoría: Xeral - Escrito o 12-04-2008 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E saiu.

E Pauliño botou o pé para fóra.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 10-04-2008 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Felicidade negra
Seica andivéronlle preguntando os da Coca-Cola a tres mil almas en pena se eran felices ou non, que xa lle vale coa preguntiña, non sei se lla fixeron por teléfono, á saída do súper ou vía SMS. A min, persoalmente, se me chaman e me din, ola bos días somos de Coca-Cola, eres feliz? Home, pois mira, adepende. Se teño resaca e me chamas ti si, e mándame dous litros.

O mellor destes estudos, sen ningunha dúbida, son os resultados aos que se chegan. A foto dunha persona feliz é a dunha persoa estremeña, navarra, aragonesa ou catalá entre 26 e 35 anos que viva en parella, non sei eu se haberá tantas. E tampouco sei se se corresponderán as felicidades de ámbalas dúas partes.

Outro descubrimento chave para o noso entendemento do mundo no que vivimos é que a afección máis espallada entre os probes infelices é o bricolaxe, que tamén manda güé, coa falla que tiña eu de reparar unhas cousiñas por aquí pola casa... E pregúntome eu como o farán, se che preguntarán, valore do 1 ao 5 o grao de felicidade que lle produce montar un moble de Ikea.

E os cartos non son tan importantes, de feito a partir de 22.000€ xa non nos preocupan para nada. A ver, déixame calcular, 22.000 entre 14 pagas se tes sorte e pagas extras son algo máis de 1.500€ ao mes, que xa non está nada mal.

Cambiando de tema, esta foto de abaixo era do patio de atrás da casa na que vivía nos USA, e pregunteille á miña caseira porque tiña o letreiro da Coke, e ela contestoume que ao seu noivo lle gustaba coleccionar antigüidades [sic]. Non sei eu que será peor, se vivir nun país de pandeireta coma iste, ou nun no que a Coke é unha antigualla. Yourself.



Cadena Ser e a felicidade.
Diario de Sevilla feliz, o diario, non Sevilla.
ABC tamén é feliz. DEF.
Tes algo que dicir? (2) - Categoría: Xeral - Escrito o 19-03-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Empezando polo básico
Paseando por aí, que é o que teñen as vacacións, sexan relixiosas ou non, que che tempo a todo, cheguei a Asturies. Atopeime este vídeo que podería titularse "Informática para gilipollas", pero que en realidade chámase "Web 2.0 e Educación"

O vídeo é básico, mais ameno. Gustoume, aínda que me chame inmigrante dixital por superar as tres decenas na miña idade. Os outros son os nativos informáticos, para os que a tecnoloxía non é hostil. E un pouco de razón teñen, eu creo que a especie evolucionou.

Xa que logo, o seu visionado está recomendado, aínda que estea feito por asturianus (é broma, é o 25% do meu sangue que se alporiza!)


Enlace onde está o vídeo.
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 17-03-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Morreando con lingua en galego
Rivas e GB falan.



E escribe Manolo, ameazante,


A lingua galega pode ser un tesouro vivo ou pode enferruxar e mesmo ir entrando nunha fase de enterramento. Esta xeira é decisiva. Non hai limbos para as linguas.

E replica GB, patexando,

"Ya, es que no puedo ayudar a mi hijo a hacer los deberes, que no conoce ninguna terminología en español. ¿Qué va a hacer mañana si va a hacer una carrera afuera?"

E anóxase Manolo,

A guerra lingüística que algúns irresponsábeis están intentando provocar non ten ningún fundamento. Non hai ningún galego, por moi nacionalista que sexa, que queira renunciar ao pluralismo lingüístico. O único perigo de defunción que hai aquí é o do galego. Como cantaba o trobeiro medieval: "Os que non aman nen saben d'amor facen perder aos que amor am.."

E chama unha aprendiza a adulto por teléfono,

"Yo si voy a Madrid no me entiendo con un niño si quiero hablarle de biología."

Manolo baixa a cabexa, e case sen forza murmura,

Aí si que se move a política lingüística. Aí si que hai lobbys e máis lobishomes.

E di Gonzalo, es la misma letra con distinta música.





Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 16-03-2008 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E volta. E dalle. O Pan.


O outro día fun comer Pan. A compañía teatral Volta e Dalle presentou en Lugo unha mestura de catro obriñas de media hora co gallo do pan.

Gustoume moito, por iso cha recomendo. Se te podes acercar, faino. Pero prepárate porque se van rir de ti, ou de min, ou de todos.

Que che aproveite.
Tes algo que dicir? (0) - Categoría: Xeral - Escrito o 15-03-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com